CAMPIONATO CADETE MIXTO DE VERÁN

CW SANTIAGO SUBCAMPION GALEGO

cadetes1

Este pasado sábado celebraouse o Campionato Galego Cadete mixto de verán nas instalacións de CGTD de Pontevedra, último campionato da tempada e onde os nosos cadetes querían loitar polo título, e de certo así ocorreu xa que despois de gañar en semifinais nun partido moi igualado a CW Pontevedra por un claro oito a doce, o partido foi moito máis complicado do que reflexou o marcador, xa que a metade do encontro o resultado era favorable ao nosos pero soamente un gol arriba, pero o terceiro cuarto decidiu o encontro xa que un parcial de dous a sete estiro o marcador ata un cinco a once definitivo que deixando pasar o último cuarto acabo cun resultado de oito a doce co que se plantaron na final onde debían enfrontarse ao invicto e xa Campión de Liga CN Coruña. Final que durante os dous primeiros cuartos estivo moi igualada, alternándose ambos os conxuntos no marcador ata que os coruñeses a falta de sete segundos para chegar ao descanso marcaron o catro a seis que foi a maior vantaxe ata ese momento e que aínda se estirou no seguinte cuarto a tres que propiciou a pesar dos esforzos dos santiagueses de achegarse no marcador un empate a tres no último cuarto deulle a vitoria aos coruñeses por oito goles a once que non quita merito á gran tempada realizada polos nosos xogadores e que seguindo con esta progresión augúraselles un gran futuro dentro do club.

 

CAMPIONATO GALEGO CADETE MIXTO DE VERÁN

 

SEMIFINAL CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 12 -8 (2-1; 2-2; 7-2; 1-3)

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, ANTONIO MALLO, SANTIAGO ESTURAO, GABOR PAZOS (4), ROSALIA REY, ALEX GOMEZ (6), IVAN VIEITES, ANTONIO MOSCOSO, JORGE GOMEZ, DAMIAN ANTELO (2), PABLO CHICO, JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO

 

FINAL CW SANTIAGO – CN CORUÑA 8 – 11 (2-2; 2-4; 1-2; 3-3;)

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, ANTONIO MALLO, SANTIAGO ESTURAO, GABOR PAZOS (1), ROSALIA REY (1), ALEX GOMEZ (3), IVAN VIEITES (1), ANTONIO MOSCOSO (1), JORGE GOMEZ, DAMIAN ANTELO (1), PABLO CHICO, JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s