DÚAS DERROTAS E UNHA VITORIA EN VIGO
Nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago a disputada este pasado fin de semana en Vigo e co debut de dúas novas categorías (Absoluta 2ª división e alevín) e os nosos cadetes que volvían xogar. O saldo foi unha vitoria (cadete) e dúas derrotas (alevín e 2ª división)
Comezou a xornada co partido cadete, ante o RCN de Vigo “B”, partido placido desde o principio marcando diferenzas xa no primeiro cuarto chegándose ao final do mesmo cun parcial favorable aos santiagueses de cero a cinco que deixo prácticamente sentenciado o encontro e no que houbo minutos para que todos os xogadores vaian fogueándose na categoría, vitoria final por un contundente tres dezaseis que daba boa conta de como foi o partido.
LIGA GALEGA CADETE
RCN DE VIGO “B” vs CW SANTIAGO 3 -16 (0-5; 1-2; 1-6; 1-3)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (2), SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (3), ALEX GOMEZ (9), ANXO PANERO (1), SAMUEL GONZALEZ, JORGE GOMEZ (1), ANTONIO MALLO, ANGEL RODRIGUEZ
O seguinte encontro foi en categoría alevín co noso equipo “A”, que aínda que se lles pode considerar o equipo máis maior dos dous que hai nesta categoría, por parte do CW Santiago. Inicio a liga con caras novas e xogadores que aínda teñen que adaptarse á categoría e aos poucos ir crecendo. Aínda así partido claro a favor dos locais aínda que os santiagueses nunca se renderon e intentaron dar o máximo ata o final.
LIGA GALEGA ALEVIN
RCN DE VIGO VS CW SANTIAGO “A” 10 – 2 (2-0; 3-0; 1-0; 2-0; 1-1; 1-1)
CW SANTIAGO: IAGO DIAZ (1), ALEX GONZALEZ, IAGO FERNANDEZ, JESUS PEREZ(1), RAUL SEOANE, UXIA SANLUIS, LUCAS GARCIA, CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA.
Para rematar disputar o encontro de segunda división, partido igualado desde o principio xogado de poder a poder e onde os visitantes soubéronse sobrepoñer a un sete a tres en contra a mediados do segundo cuarto chegando a empatar o encontro en varias fases do partido ata ata a falta de catorce segundos pero que nunha decisión moi discutida logo dunha exclusión visitante a falta de sete segundos os locais conseguiron o definitivo quince a catorce xa que na última posesión dos santiagueses non saíu a xogada preparada para poder empatar. Aínda así como mencionamos anteriormente partido de poder a poder e grandes fases de bo xogo por parte dos visitantes, equipo moito máis novo e que con traballo e esforzo seguirán mellorando.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
RCN DE VIGO VS CW SANTIAGO “B” 15 – 14 (5-3; 3-4; 4-3; 3-4)
CW SANTIAGO: JAVI ROMARIS, MIGUEL FERNANDEZ (1), JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS, IVAN VIEITES, ALEX GOMEZ (4), BRAIS RAPOSO (3), JESUS MONTOIRO (1), ANTONIO MOSCOSO, DAMIAN ANTELO, PABLO CHICO, LUÍS FERRER (4), ALVARO RODRIGUEZ (1), MARTIN TORREIRA