O CW SANTIAGO INVITADO
Á PRESENTACION DO
VITORIA SPORT CLUB
Este pasado domingo quince de Outubro o equipo absoluto do Club Waterpolo Santiago foi invitado polo Vitoria Sport Clube de Guimarãé, equipo de división de honor dos nosos veciños portugueses á presentación do club para esta tempada.
Bo partido o disputado polos santiagueses que conseguiron un meritorio empate a doce goles. Logo dun partido cheo de alternativa, un inicio moi serio en defensa con varios roubos e unha boa efectividade en ataque deu a primeira vantaxe aos visitantes que se escaparon cun parcial dun a tres, pero os locais conseguiron empatar o encontro e a partir dese momento partido moi igualado con alternativas no marcador pero nunca cunha diferenza maior a un gol. Ata finais do último cuarto onde o equipo portugués escapouse a falta dun minuto cunha diferenza de dous goles, pero unha última reacción dos visitantes fixo que na última xogada do encontro conseguisen empatar: para finalizar o encontro co mencionado empate a doce final.
Agradecer ao Vitoria Sport Clube a invitación e o trato recibido, todo un pracer participar na súa presentación.
VITORIA SPORT CLUB vs CW SANTIAGO 12 – 12 (4-3; 3-5; 3-2; 2-2)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, MIGUEL FERNANDEZ, ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (3), PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (2), LUÍS FERRER (2), ADRIAN CAMPAÑA (2), MARTIN TORREIRA.