CRONICA FERROL E ASOCIACION
CATEGORIA CADETE
DOBRE VITORIA CADETE
Dobre xornada este pasado fin de semana tamén para os nosos cadetes saldados con dúas vitorias e mellor xogo cada vez que pasan os partidos, continuando cunha gran tempada que lles fai ser lideres aínda que con dous partidos máis xogados que o seu perseguidor CW Pontevedra A.
O sábado os santiagueses (igual que en categoría infantil) disputaron o primeiro dos dous partidos en xogo, enfrontáronse ao Club Mariña Ferrol, marcando a iniciativa desde o inicio cunha férrea defensa e aproveitando as ocasións de gol fóronse ao descanso con cinco a dous favorable, que aumento o resultado ata o doce catro final logo de continuar co bo xogo nos dous últimos cuartos.
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
CW SANTIAGO – CM FERROL
12- 4
(2-0; 3-2; 4-2; 3-0)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT (3), SANTI ESTURAO (1), GERMAN BRUZOS, ALEX GOMEZ (7), ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, JORGE GOMEZ (1), ANTONIO MALLO, OSCAR ALVAREZ, MARTIN ZAS.
O domingo os santiagueses tamén se desprazaron a Coruña para xogar un novo partido de liga, esta vez ante Asociación Coruñesa, e de novo vitoria cómoda dos nosos cadetes, que xa ao descanso dominaba no marcador por un contundente; un a oito que fixo dar minutos a todos os xogadores e resolver o encontro cun resultado final de tres a doce.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
ACW – CW SANTIAGO
3 – 12
(0-3; 1-5; 1-3; 1-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT (2), SANTI ESTURAO (1), GERMAN BRUZOS (1), FERNANDO FERRER (1) ALEX GOMEZ (7), ANXO PANERO, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO GARCIA, ANTONIO MALLO, ANGEL RODRIGUEZ, MARTIN ZAS.