CRONICA FERROL E ASOCIACION
CATEGORIA INFANTIL
DOBRE DERROTA INFANTIL
Dobre xornada este pasado fin de semana para os nosos infantís saldados con dúas derrotas aínda que con mellor xogo cada vez que pasan os partidos.
O sábado os santiagueses disputaron o primeiro dos dous partidos en xogo, enfrontáronse ao Club Mariña Ferrol, que logo dun partido moi igualado conseguiron levarse a vitoria os visitantes por un axustado seis a sete logo de ir practicamente durante todo o partido por detrás no marcador e que remontaron no último cuarto. Bo Xogo dos locais, que mandaron desde o principio pero que pagaron o esforzo físico no último cuarto e dous despistes defensivos provoco un parcial de cero a dous para os visitantes que remontaron a pequena vantaxe local. Malia iso bo partido dos locais que continúan co seu progresión tanto fisicamente como en xogo.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CM FERROL
6 – 7
(2-1; 1-0; 0-1; 0-2; 3-1; 0-2)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO (1), CARLOS ORDOÑEZ (1), ANGEL RODRIGHEZ, MARTIN ZAS (2), JESUS PEREZ, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (2), LUCAS GARCIA, MATEO LAMAS
O domingo os santiagueses desprazáronse a Coruña para xogar un novo partido de liga, esta vez ante Asociación Coruñesa, esta vez con derrota clara aínda que moito máis avultada do que se viu, os visitantes aguantaron os dous primeiros cuartos (empate a catro) ante un equipo moi superior fisicamente e que ademais pago o esforzo físico do día anterior, pero que nunca se rendeu e deu o máximo durante todo o resto de partido, pero non puido remontar o resultado.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
ACW – CW SANTIAGO
15 – 8
(3-1; 1-3; 3-0; 2-1; 2-2; 4-1)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (7), UXIA SANLUIS, SAMUEL GONZALEZ (1), YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO