CRONICA ABSOLUTO 1ªDIVISION

IMPORTANTE VITORIA ANTE NATACION CORUÑA

 Logo rana

 

      Primeiro partido do ano e importante vitoria para os absolutos do club waterpolo Santiago, despois do paro do nadal na liga galega absoluta de primeira división. Recibían ao Natación Coruña nas instalacións de Santa Isabel; nun partido trampa ante un rival sempre perigoso, pero que conseguiron sacar adiante de forma clara por un resultado final de doce a tres.
Inicio fallón de ambos equipos no primeiro cuarto, con defensas férreas e desacerto en ataque o que provocou un único gol favorable aos locais que estrearon o marcador a falta de doce segundos para finalizar o cuarto. No segundo parcial os locais afinaron máis a puntería e logo de sacarse os nervios do inicio do encontro, a efectividade en ataque lévoos ao descanso cun seis a dous que empezaba a favorecer o encontro aos locais. O terceiro cuarto do encontro decanto o resultado para os locais que logo dun parcial de tres a cero daba unha vantaxe de sete goles, que se dedicaron a administrar e aumentar máis a vantaxe no último cuarto cun parcial de tres a un que levo o resultado a un claro doce a tres final.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO  – CN CORUÑA
12 – 3
(1-0; 5-2; 3-0; 3-1)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, ALEX GOMEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA, PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO (2), GABOR PAZOS (1), DAMIAN ANTELO (2), LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, JORGE RODRIGUEZ.
patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s