O EQUIPO BENXAMÍN CONSEGUE O
CAMPIONATO DE INVERNO
O equipo benxamín do Club Waterpolo Santiago conseguiu este pasado sábado alzarse co Campionato Galego Benxamín de Inverno; logo de impoñerse ao Club Waterpolo Pontevedra, na piscina do CGTD de Pontevedra por un axustado dez a once nun partido que como reflicte o marcador foi moi igualado e que se decidiu no último minuto do último cuarto logo de moitas alternativas no marcador.
Primeiro cuarto favorable aos visitantes que se escaparon no marcador cun cero a dous que souberon manter no segundo cuarto que acabo en táboas, chegando ao descanso cun tres a cinco favorable aos santiagueses. Pero un terceiro cuarto onde os locais foron superiores fíxolle adiantarse no marcador cun parcial de catro a un co que se chegaba ao último cuarto con todo por decidir, e onde os máis pequenos do club waterpolo Santiago conseguiron de novo adiantarse no marcador para acabar gañando o encontro por un axustado dez a once final que lles deu o título.
Gran traballo dos nosos mais peques que van conseguindo obxectivos e aos cales augúraselles un gran futuro.
CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN DE INVERNO
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO
10 – 11
(0-2; 3-3; 4-1; 3-5)
CW SANTIAGO:
MAGIN LOPEZ (2), SARAY GUILBERT (4), PEDRO RUBAL, CANDELA RUBAL (1),
EVA CALZADILLA, ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, ALEX GONZALEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO (4), BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO, MARIO CALZADILLA