CRONICA CAMPIONATO INFANTIL

O CW SANTIAGO QUINTO NO
CAMPIONATO INFANTIL DE INVERNO

logo

 

O Club waterpolo Santiago participou este pasado domingo dezaoito de marzo no Campionato infantil de Inverno obtendo unha meritoria quinta posición logo de perder na fase de grupos ante o club organizador por un axustado seis a cinco e no segundo partido do grupo ante el ao cabo campión o club waterpolo Pontevedra e vencer na loita polo quinto e sexto posto ante o náutico de Vigo.
A xornada iniciárona os santiagueses ante o club mariña Ferrol partido igualado de principio a fin e que se decidiu pola maior claridade en ataque dos ferrolanos que se impuxeron por un resultado final de seis goles a cinco.
A continuación disputaron o segundo partido do grupo ante o club waterpolo Pontevedra, partido no que os santiagueses estiveron no partido nos dous primeiros cuartos, pero un mal terceiro cuarto fixo distanciarse aos pontevedreses que mantiveron a vantaxe no último cuarto para acabar vencendo por un claro sete a dous, o que enviaba aos santiagueses a xogar a quinta e sexta praza aos ante o terceiro clasificado do grupo B o náutico de Vigo. Partido moi serio dos santiagueses que foron moi superiores e cunha gran defensa de axudas conseguiron encaixar un só gol nos primeiros cinco cuartos que os distancio cun claro cinco a un que os vigueses maquillaron no último cuarto para acabar con vitoria dos santiagueses por un resultado final de seis goles a tres. Bo campionato dos nosos infantís, que seguen progresando, aprendendo e traballando para conseguir mellorar cada día.

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE INVERNO

GRUPO A    
CW SANTIAGO – CM FERROL
5 – 6
(2–3; 2–1; 0 – 1; 1–1)

      CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ (1), YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (2), JESUS PEREZ.

 

      CW SANTIAGO  – CW PONTEVEDRA
2 – 7
(0 – 1; 1–1; 0 – 4; 1–1)

      CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO, JESUS PEREZ.

 

   5º Y 6º PUESTO          RCN DE VIGO – CW SANTIAGO        
                     3 – 6
(1–1; 2–0; 0–0; 1–0; 1–0; 1–2)

        CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, FERNANDO FERRER (3), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ (1), YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA (1), ANXO PANERO (1), JESUS PEREZ.

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s