CRONICA vs PONTEVEDRA

DÚAS VITORIAS E DÚAS DERROTAS EN CATEGORIAS

Logo Rana

Este pasado sábado vintesete de outubro os nosos equipos tiveron unha nova xornada das ligas galegas, disputándose tres encontros alevíns e outro infantil, con un balance de dúas vitorias e dúas derrotas.

 

O primeiro encontro en celebrarse foi o de categoría infantil contra o club waterpolo Pontevedra, nun partido máis igualado do que finalmente se reflexaría no marcador; xa que os locais mostraron sempre moita loita, entrega e esforzo aínda que non se acertaría cara a portería, o que os levou a unha derrota de once a seis.

 

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA  6- 11 (1-1; 0-2; 1-2; 3-3; 0-2; 1-1)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS: CARLOS ORDOÑEZ (1); JESUS PEREZ (2); HENOK MARTINEZ, FERNANDO FERRER (1); UXIA SANLUIS; MIGUEL BARCA; SAMUEL GONZALEZ (2); YAGO DIAZ; LUCAS GARCIA; IAGO FERNANDEZ; RAUL SEOANE

 

O segundo encontro en disputarse correspondeu á categoría alevín A entre os equipos de Santiago e Pontevedra, con vitoria clara dos pontevedreses por dous goles a sete nun partido onde a pouca eficacia dos locais fixo que os visitantes gañaran claramente o partido.

 

LIGA GALEGA ALEVíN  MIXTA

CW SANTIAGO A– CW PONTEVEDRA A     2 -7 (0-2; 0-1; 0-2; 0-0; 1-2; 1-0)

CW SANTIAGO A: MIGUEL PALACIOS; NICOLAS COLLAZO (1); CARLOS AMIGO; MANUEL J. RUBIAL; ZELJKO SUSTIC; GUILLERMO CARRILLO (1); SEBASTIAN ALTAMIRANO; ALEXANDRE GONZALEZ

 

O seguinte encontro en disputarse foi entre os equipos alevíns B de ambos equipos e nesta ocasión a vitoria favoreceu aos locais que gañaron o partido con un claro catorce a dous e onde os nosos rapaces e rapazas demostraron que hai moito futuro dentro das nosas categorías.

 

LIGA GALEGA ALEVíN MIXTA

CW SANTIAGO  B– CW PONTEVEDRA B   14- 2 (4-0; 2-0; 2-0; 4-0; 2-0; 0-2)

CW SANTIAGO B: CARLA DIAZ (3); ARIANA COLLAZO; BIEITO CARBALLO (1); SARAY GUILBERT (2); CANDELA RUBAL (2); IRENA ORDOÑEZ (2); SOFIA PEREZ; ALEJANDRO CREGO (1); PEDRO RUBAL (3)

 

O último encontro en disputarse foi o duelo da categoría alevín entre os equipos santiagueses A e B; levándose a vitoria os maiores por un claro oito a un, dando o máximo os maiores xa que os pequenos loitaron e cumpliron como os mellores

 

LIGA GALEGA ALEVíN MIXTA

CW SANTIAGO A – CW SANTIAGO B   8 – 1 (1-0; 1-0; 3-0; 1-1; 0-0; 2-0)

CW SANTIAGO A: MIGUEL PALACIOS; NICOLAS COLLAZO (2); CARLOS AMIGO (2); MANUEL J. RUBIAL (1); ZELJKO SUSTIC (1); GUILLERMO CARRILLO (1); SEBASTIAN ALTAMIRANO (1); ALEXANDRE GONZALEZ

 

CW SANTIAGO B: CARLA DIAZ; ARIANA COLLAZO (1); BIEITO CARBALLO; SARAY GUILBERT; CANDELA RUIBAL; IRENA ORDOÑEZ; SOFIA PEREZ; ALEJANDRO CREGO; PEDRO RUIBAL

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s