Derrota no primeiro partido da final para o CW Santiago
Por fin deu comezo o play off final da liga Galega Absoluta de Primeira división. Este pasado sábado disputouse o primeiro encontro ao mellor de tres partidos e non puido empezar de peor maneira para o CW Santiago que caeu derrotado na piscina de Santa Isabel ante o CW Pontevedra. Un axustado seis a sete nun partido no que notouse o parón dos santiagueses que levaban un mes e medio sen xogar ,despois de solucionar cómodamente a súa semifinal, a falta de datas e o parón de semana santa cara a de este partido. Un partido trampa como así foi, aínda que os santiagueses mandaron durante os dous primeiros cuartos, xogaron demasiado acelerados e con ansiedade por solucionar o encontro, cousa que notaron no terceiro cuarto, onde un parcial de cero a tres para os de Lérez, púxoos por diante no marcador, que souberon aguantar no último cuarto a pesar da insistencia e a loita dos locais que terán que mellorar varios aspectos para o segundo partido que disputarase o próximo día cinco de maio en Pontevedra.
FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
6 – 7
(1-1; 3-2; 0-3; 2-1)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, ENMANUEL NIETO, LUIS FERRER, ALEJANDRO GOMEZ (1), PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (2), DAMIAN ANTELO, ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, GABOR PAZOS