Campión en categoría absoluta masculina

Este pasado fin de semana celebrouse en Ourense a Copa Galega Absoluta Masculina e feminina, onde o CW Santiago revalido o título de Campión en categoría masculina e obtivo un excelente terceiro posto en categoría feminina.
TRIUNFO NA COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA
En categoría masculina os santiagueses iniciaron a competición, xogando os cuartos de final contra o Club Mariña Ferrol. Partido moi cómodo desde o inicio e que se resolveu cun resultado final de vinte a dous que daba o pase a semifinais onde debía enfrontarse ao subcampeón da tempada pasada o sábado na segunda das semifinais, tamén saco adiante a semifinal ante un equipo vigués que viña con algunha baixa, aínda así os compostelanos fixeron un partido serio e venceron por un final de trece a seis que lles daba o pase á final do domingo onde lles esperaba o club waterpolo Ourense que se desfixo na outra semifinal do Club Waterpolo Coruña Rías Altas nos penaltis logo de acabar con empate a seis. A final tampouco tivo moita historia, xa que os santiagueses cun inicio fulgurante distanciáronse, xa no primeiro cuarto cun parcial de cinco a cero e que periodo a periodo foi aumentando ata o dezanove a catro final que lles daba a vitoria e o título por terceiro ano consecutivo.
COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA – CUARTOS DE FINAL
CW SANTIAGO – CM FERROL 20 – 2 (7-1; 6-0; 4-0: 3-1)CW SANTIAGO: WILLIAM LOPEZ, JORGE RODRIGUEZ, ANTONIO GARCIA (3), ANDRES PEREZ (2), SAMUEL GONZALEZ (2), CARLOS ORDOÑEZ (2), ANXO PANERO, ANTONIO CAAMAÑO, ALEJANDRO GOMEZ (5), XANDRE RODRIGUEZ (3), BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (2), PABLO MARTINEZ
COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA SEMIFINAL
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 13 – 6 (4-2; 2-1; 4-3; 3-0)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ (1), ANTONIO GARCIA, ANDRES PEREZ (4), SAMUEL GONZALEZ, PABLO PIÑEIRO (3), ANXO PANERO, ANTONIO CAAMAÑO (1), ALEJANDRO GOMEZ (3), XANDRE RODRIGUEZ (1), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, WILLIAM LOPEZ
COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA – FINAL
CW SANTIAGO – CW ORENSE 19 – 4 (5-0; 5-1; 3-3; 6-0)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, CARLOS ORDOÑEZ (2), ANTONIO GARCIA, ANDRES PEREZ, SAMUEL GONZALEZ (1), PABLO PIÑEIRO (3), ANXO PANERO (1), ANTONIO CAAMAÑO (1), ALEJANDRO GOMEZ (5), XANDRE RODRIGUEZ (5), BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA, PABLO MARTINEZ
