Triunfo E título asegurado

O segundo enfrontamento do día contou coa categoría Alevín, onde o equipo A do Club Waterpolo Santiago enfrontouse aos de Lérez. Dende o principio, os locais impuxeron o seu ritmo e eficacia, logrando unha importante vitoria por 11-4. Este resultado non só mantén a súa racha invicta na competición, senón que tamén lles asegura matematicamente o título de liga, confirmando o seu dominio absoluto na categoría.

Martín Barreiro Xogador do CWS
Alevin A do CWS

O CW SANTIAGO ALEVÍN A, SEGUE SENDO IMPARABLE.

O equipo Alevín A Mixto do CW Santiago continúa a súa racha de vitorias na liga galega tras vencer claramente ao CW Coruña por un rotundo 15-5. A partir do primeiro minuto, o equipo de Santiago marcou o ritmo do encontro, demostrando por que son os líderes destacados da categoría.

Cun partido dinámico e eficaz, os mozos de Santiago non deron opción ao seu rival e mantiveron intensidade durante todo o encontro. A solidez defensiva e a precisión en ataque foron as claves dunha vitoria que achega aínda máis ao tan esperado título de liga ao CW Santiago.

Con esta nova vitoria, o equipo Alevín reafirma a súa candidatura ao campionato e segue imbatible nunha tempada que promete ser histórica. Agora, é hora de seguir traballando para manter o nivel nos próximos partidos.

INVICTOS O FRENTE DA CLASIFICACIÓN.

Alevín A – CLUB WATERPOLO SANTIAGO 8/3/25

Abrimos a xornada co partido do noso equipo júnior A, que segue invicto e na cabeza da clasificación tras gañar 8-4. Dende o principio marcamos a diferenza, controlando o partido e asegurando unha cómoda vitoria.

DERROTA PARA OS ALEVÍNS B

Duro revés para os alevíns ante un sólido Náutico de Vigo.
Non puido ser para o CW Santiago máis novo. Nun partido no que a falta de éxitos en ataque e a superioridade física do Náutico de Vigo marcaron a diferenza, o equipo júnior B caeu por un rotundo 1-11 nas instalacións de Santa Isabel. A pesar do esforzo e dedicación do equipo de Santiago, o equipo vigués impuxo o seu ritmo dende o principio, deixando aos locais poucas opcións. Non obstante, o resultado non nubla a aprendizaxe e a progresión do equipo, que segue acumulando exp.

“CW Santiago loita,pero cae contra CM Ferrol en Alevín”

Nova xornada Alevín das ligas galegas.

Os pequenos do CWSANTIAGO (ALEVÍNS B) recibiron ao CM FERROL nas instalacións de Santa Isabel. O primeiro partido disputouse na categoría alevín, onde o noso equipo B, a pesar de xogar un bo partido, non puido vencer aos ferrolanos que gañaron o partido por un resultado de 2-8.

CW SANTIAGO CAMPIÓN ALEVÍN MIXTO DO CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO

Na categoría alevín, o noso equipo ”A” tras unha xornada inmaculada na que contou todos os seus partidos disputados como vitorias, con dúas vitorias na fase de grupos ante o CW Coruña por 10-0 e ante o Pontevedra a Parda por 12-2. Xogaron a fase final polo título ante os dous primeiros clasificados do grupo B, o CW Lugo, ao que tamén venceu por 12-2, e finalmente ante o CM Ferrol por 7-2 para acabar conseguindo o título.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN E BENXAMÍN MIXTO DE INVERNO

O noso equipo alevín B, cos xogadores máis novos loitaron todos os partidos e mostraron o seu desexo de seguir mellorando. A pesar diso, caeron na fase de grupos ante o CM Ferrol por 12-2 e ante o CW As Mariñas por 15-5, o que lles fixo loitar pola sétima e oitava posición, onde acabaron derrotados nun partido moi igualado ante o CW Coruña por 7-4.

DUELO FRATICIDA DOS NOSOS ALEVÍNS A y B

18 de Xaneiro /25

VÍCTORIA DO (CW SANTIAGO)

Duelo fratricida o sábado entre os dous equipos alevíns. O equipo ¨A¨ venceu, non sen apuros, ao equipo ¨B¨ por un resultado final de 11-7. Por outra banda,o equipo alevín ¨B¨ de primeiro ano non deixou de pelexar ata o ultimo minuto do partido, parabéns a ambos.

CRÓNICA SÁBADO 25/03/2023

SÁBADO CON CATRO VITORIAS

Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o Club Waterpolo Santiago, coa desputa nas piscinas de Santa Isabel dun doble enfrontamento entre os equipos do club, en categoría absoluta de segunda división con vitoria para o equipo máster ante o B, por trece a oito nun partido de máxima igualdade durante os tres primeiros cuartos, con vantaxes mínimas para ambos equipos, e que se decidiu no último cuarto, donde os máis veteranos conseguiron levarse o encontró con un último parcial de cinco a un.

O segundo encontro entre os equipos do club, foi en categoría cadete mixto, donde o equipo masculino se levou a vitoria por un claro trece a dous, nun duelo máis igualado do que reflexou o marcador, pero a maior efectividade dos rapaces propiciou que se levaran o encontró.

Ademais do doble enfrontamento entre os equipos do club, tamén houbo doble enfrontamento entre Waterpolo Cambre, en categoría infantil mixta con vitoria dos locais por trece goles a tres nun partido cómodo para os santiagueses que resolvían o encontró no terceiro cuarto, partido con numerosos debuts de xogadores que dan comezo ó seu periplo dentro da disciplina do club santiagués.

Por último, vitoria tamén cómoda para os alevíns santiagueses que se impuxeron por dez goles a dous ante un equipo de Cambre que non deu o seu brazo a torcer, pero a superioridade dos locais reflexouse claramente no marcador.

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION

Sábado 25 de marzo de 2023

CW SANTIAGO C – CW SANTIAGO B 13 – 8 (3-2; 2-2; 3-3; 5-1)

CW SANTIAGO C: DAVID RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (1), RAMON TURNES (2), DANIEL GARCIA (1), FRANCISCO COLLAZO (2), JAVIER GARCIA, MATEO RAPOSO (1), JORGE LAREU, PEDRO BERNARDEZ, ADRIAN PONTE, MIGUEL ANGEL BARCA (3), DANIEL TOME (3), BRAIS RAPOSO

CW SANTIAGO B: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ (4), JESUS PEREZ (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO, NICOLAS COLLAZO (1), BIEITO CARBALLO, IAGO FERNANDEZ, SAMUEL GONZALEZ (2), YAGO DIAZ, ANTONIO MOSCOSO, ANGEL RODRIGUEZ, GUILLERMO CARRILLO, RAUL SEOANE.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

Sábado 25 de marzo de 2023

CW SANTIAGO FEMENINO– CW SANTIAGO MASCULINO   2 – 13 (0-4; 1-3; 1-5; 0-1)

CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (1), CANDELA RUBAL, ARIANA COLLAZO (1), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ, EMMA SANTAMARIA, CIRA SAMPAYO, ALBA M. CASTILLO, CANDELA ESPIÑA, IRENE PRADA, SOFIA PEREZ

CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (6), PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, ARTAI ANTELO, ANTON FAGUNDEZ, BRUNO PEREZ (1), GUILLERMO CARRILLO (2), GABRIEL BALSA (1), SAUL PAPIN (1), ALEXANDRE GONZALEZ

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

Sábado 25 de marzo de 2023

CW SANTIAGO – CW CAMBRE  13 – 3 (4-0; 0-2; 6-0; 1-1; 2-0; 0-0)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA (1), NOA VIEITES, MARIA ROMERO, NOELIA RAMOS, CIRA SAMPAYO (1), ANTON FAGUNDEZ (2), ALBA M. CASTILLO (2) ANTIA RODRIGUEZ, TITO LOPEZ, SOFIA PEREZ (5), ALEXANDRE GONZALEZ (2), LUCIA DOSUNA.

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

Sábado 25 de marzo de 2023

CW SANTIAGO – CW CAMBRE  10 – 2 (4-0; 4-0; 0-0; 1-0; 0-2; 1-0)

CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO (1), NOA VIEITES (2), MATEO MACIAS (2), GUILLERMO RICART, LUCIA PEÑA, IAGO PEREZ, AIRAS CAAMAÑO (4), GABRIEL VLAD, ADRIAN ODILON, IVAN SANCHEZ, GONZALO DE LA MATA (1), MARTIN REY

CRÓNICA 11/02/2023

TRIPLE VITORIA ANTE CW CORUÑA

Nova xornada das ligas galegas para o Club Waterpolo Santiago este sábado once de marzo, onde rendía visita o Club Waterpolo Coruña, nunha sesión onde se desputaron catro encontros.

O primeiro en desputarse foi en categoría alevín mista, onde os santiagueses se resarciron da derrota da semana pasada vencendo por seis goles a un, e que os mantén no segundo lugar na clasificación.

O seguinte encontro en desputarse foi en categoría cadete mixta, donde o equipo masculino local caeu derrotado por oito a once, pese a mellorar en diversos aspectos de xogo, os locais sempre foron por detrás no marcador e pese a non rendirse non conseguiron un resultado positivo.

O terceiro encontró disputárono os equipos B de ambas conxuntos na liga galega de segunda división, partido cómodo para os locais que se levaron o encontró por un resultado de dezadeis a once, que os mantén ó fronte da clasificación e optan ó título da categoría.

O último encontro en desputarse foi o de división de honra femenina, entre santiaguesas e coruñesas, encontro importante de cara a clasificación e loita polo título. Partido moi girs das locais durante os dous primeiros cuartos, con moitos erros en ataque, pero as santiaguesas souberon sobreponerse nos dous últimos cuartos, levándose a vitoria final por trece goles a sete

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO B– CW CORUÑA B     16 – 11 (4-3; 4-2; 6-5; 2-1)

CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (3), JESUS PEREZ (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO, FERNANDO FERRER (5), NICOLAS COLLAZO, IAGO FERNANDEZ, SAMUEL GONZALEZ (2), YAGO DIAZ (3), ANTONIO MOSCOSO (2), ANGEL RODRIGUEZ, GUILLERMO CARRILLO, MAGIN LOPEZ

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISION DE HONRA

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO – CW CORUÑA   13 – 7 (2-2; 2-0; 5-3; 4-2)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, ISABEL PEREZ (3), LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (4), VICTORIA LANDEIRA (1), ARIANA COLLAZO, IRENA ORDOÑEZ (2), EMMA SANTAMARIA, CANDELA RUBAL (1), SARAY GUILBERT (1), CECILIA COBAS, SOFIA PEREZ, ANDREA FERNANDEZ

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO MASCULINO – CW CORUÑA   8 – 11 (1-2; 2-3; 1-4; 4-2)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL (2), NICOLAS COLLAZO (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO (2), ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

Sábado 11 de marzo de 2023

CW SANTIAGO – CW CORUÑA   6 – 1 (2-0; 0-0; 1-1; 1-0; 0-0; 2-0)

CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO (3), NOA VIEITES, MATEO MACIAS, GUILLERMO RICART, LUCIA PEÑA, MARTIN REY, AIRAS CAAMAÑO (2), GABRIEL VLAD (1), ADRIAN ODILON, IVAN SANCHEZ, GONZALO DE LA MATA