Boa experiencia para os nosos deportistas que continúan en gran progresión.

fed_gal_natacion

Dende o día 3 e ata o 6 de abril, as seleccións galegas infantís de Wáter-polo tanto masculina como feminina participaron no Campionato de España por FFTT nas instalacións de Son Hugo, Palma de Mallorca.

A selección masculina acabou en 13° lugar, despois de perder en dous encontros moi igualados ante Canarias 4-6 e Baleares 9-11 e gañar á comunidade da Rioxa 13-8, o que lles dou a terceira praza do grupo C cruzando nas posicións do 9 ao 14 ante Navarra. Dito partido que caeu ao lado navarro por un axustado 6-7, xa na loita polos postos décimo terceiro e décimo cuarto vitoria cómoda ante a Región de Murcia por 13-7, que lles deu a xa citada décimo terceira praza no campionato.

Pola súa banda a selección feminina deu comezo a súa participación no campionato, cunha vitoria ante a comunidade de Ceuta por 6-4, caendo derrotadas ante Aragón cun 2-12, o que lles deu a segunda praza do grupo 4 debendo cruzarse ante Murcia polos postos do noveno ao decimosegundo. Vitoria clara para as galegas contra Murcia cun 12-2, gran último encontro na loita pola 9° posición ante a comunidade Valenciana á que venceron por 10-7 nos penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a 6 no marcador.

Cuatro xogadores do Club Waterpolo Santiago convocados coa Selección Galega Infantil Feminina e Masculina

O waterpolo galego segue sumando talento e representación a nivel nacional. A Selección Galega Infantil, tanto Feminina como Masculina, contará con catro deportistas do Club Waterpolo Santiago na súa convocatoria para o próximo campionato por federacións.

O torneo celebrarase do 3 ao 6 de abril en Palma de Mallorca, onde os mellores xogadores e xogadoras infantís do país competirán nun evento de máximo nivel. Nesta ocasión, tres xogadoras e un xogador do Club Waterpolo Santiago foron chamados para representar a Galicia, demostrando o gran traballo que se está a facer na nosa base.

Esta convocatoria supón un grande orgullo para o Club Waterpolo Santiago, que segue apostando polo desenvolvemento dos seus xogadores e xogadoras. O esforzo, dedicación e compromiso destes deportistas vese recompensado cunha experiencia única defendendo as cores da nosa selección.

Desde o club queremos felicitalos e desexarlles o mellor nesta competición. Estamos seguros de que levarán o nome do noso club e do waterpolo galego ao máis alto!

Moita sorte, equipo!

¡DOBLE XORNADA DE WATERPOLO ESTA FIN DE SEMANA!

Este sábado 22 de marzo xoga na casa o Club Waterpolo Santiago, na Piscina de Santa Isabel. É a oportunidade perfecta para gozar dunha tarde de emoción, goles e paixón polo waterpolo en Santiago de Compostela.

E o domingo 23 seguimos a acción en Pontevedra, na Piscina Rías Do Sur.

#WaterpoloSantiago #PasiónPorElWaterpolo #VamosSantiago

NOVA XORNADA DE TECNIFICACIÓN

Xornada de Tecnificación de Waterpolo – 9 de marzo

O pasado 9 de marzo celebrouse unha exitosa Xornada Técnica para os clubs de waterpolo, un evento clave para o desenvolvemento e mellora do nivel técnico dos mozos deportistas. A convocatoria estivo dirixida ás categorías Infantil femenina e Alevín masculina e feminina, proporcionando unha excelente oportunidade para que os xogadores perfeccionen as súas habilidades baixo a supervisión de adestradores especializados.

Entre os participantes, o Club de Waterpolo de Santiago tivo unha destacada representación, aportando un total de 15 deportistas: 6 nenos e 6 nenas na categoría Alevín, e 3 nenas na categoría Infantil feminina. Este grupo de prometedores xogadores novos tivo a oportunidade de adestrar e aprender novas estratexias xunto a xogadores doutros clubs, promovendo o traballo en equipo e mellorando o rendemento individual e colectivo.

A xornada estivo marcada por intensos adestramentos, centrados na técnica, a táctica e a toma de decisións na auga. Realizáronse exercicios específicos para mellorar os pases, os lanzamentos, a mobilidade na auga e a defensa, aspectos fundamentais para o crecemento destes mozos deportistas.

Xornada de Tecnificación ALEVÍN E INFANTIL FEMENINA

O evento tivo lugar nun ambiente de aprendizaxe e camaradería, onde os adestradores puideron avaliar o nivel dos xogadores e proporcionarlles indicios fundamentais para a súa progresión no deporte. Este tipo de iniciativas reforzan o compromiso de clubs e federacións na formación das futuras xeracións de xogadores de waterpolo, garantindo unha substitución competitiva e sólida a nivel autonómico e nacional.

Coa vista posta nos próximos partidos de Liga e competicións, a xornada de adestramento técnico do 9 de marzo deixou un equilibrio moi positivo, consolidando a importancia destas iniciativas no crecemento do waterpolo de base. Sen dúbida, a participación activa de clubs como o Waterpolo Santiago demostra o interese e o esforzo por seguir promovendo este deporte en todas as súas categorías.

OITO DEPORTISTAS DO CLUB COAS SELECCIÓNS GALEGAS

Oito deportistas do Club Waterpolo Santiago, dous en categoría masculina, Guillermo Carrillo Romero e Saul Papin Sánchez, e sis en categoría feminina, Ariana Collazo Santamaria, Sofía Pérez Váquez, Alba María Castillo de Faria, Candela Espiña del Río, Carla Díaz Cendal e Noa Vieites Marey, foron seleccionados para participar coas selección masculina e feminina galegas no Campeonato de España por FF.TT, que se disputará en Madrid dende o un ata o catro de abril.

Dende o club desexámoslle a maior das sortes e que disfutren de representar a nosa comunidade nunha cita donde se enfrontarán as mellores comunidades de España. Felicitar tamén os nosos deportistas que participaron das preseleccións e que non poderán estar, polo seu esforzó e ganas de progresar, que denota o gran traballo que están facendo no club.

FESTIVIDAD DE SEMANA SANTA

Logo del Club Waterpolo Santiago
Logo Club Waterpolo Santiago

Informamos a pais e deportistas do club que con motivo da festividad de semana santa Non haberá adestramentos desde o sábado 9 de abril ao domingo 17 de abril, renovándose os adestramentos o luns 18 de abril nos horarios habituais.

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña
Patrocinadores