Crónica Coruña 19 xaneiro

UN EMPATE E DÚAS DERROTAS EN CORUÑA

 Este pasado sábado o CW Santiago pese ó temporal dirixiuse a Coruña para xogar tres partidos da liga Galega en categorías alevín, cadete e absoluto.

A tarde empezou co partido alevín, que ó igual que o xogado en Santiago resultou moi emocionante e igualado, caendo do lado do equipo coruñés, por un resultado de 6-4. Empezou o partido co equipo santiagués por diante no marcador nos dous primeiros cuartos, pero ó final decantouse a favor dos coruñeses pola súa mellor efectividade de cara á portería. Destacar o bo xogo dos dous equipos que xa nesta categoría empezan a destacar polos seus momentos brillantes de xogo.

CATEGORIA ALEVIN:

CN CORUÑA- CW SANTIAGO  6-4 (1-2; 1-1; 1-0; 1-0; 0-0; 2-1)

Jorge Gómez (1), Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey, Alex Gómez (1), Sara Valle, Esteban Carrillo, Daniel Ferreira, Yasin Missler, Berta Cobas, Laura San Luís

 

Despois do igualado partido alevín, tocoulles ós equipos cadetes de ambos clubes, onde os xogadores do equipo coruñés foron moi superiores aínda que cabe destacar a actitude e as ganas do equipo santiagués, moi mermado polas baixas e con varios xogadores infantís, ó que aínda así hai que felicitar polo esforzo realizado.

CATEGORIA CADETE:

CN CORUÑA – CW SANTIAGO  10- 1 (2-0; 3-0; 2-1; 3-0)

Pablo Suarez, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Luis Ferrer (1), Héctor Taboada, Nazaret Mayo, Miguel de Uña, Alejandro Valle, Bruno Sampaño, Manuel Cebey

 

Por último celebrouse o partido en categoría absoluta que foi á postre o partido máis igualado de todos, e aínda que o equipo santiagués foi durante a maior parte do partido por diante no marcador, un nefasto terceiro cuarto con cinco goles en contra supuxo unha lousa que a punto estivo de dar ó traste co bo partido realizado nos outros tres cuartos, e tendo en conta que a falta de 42” CN Coruña se puxo por primeira vez por diante no marcador, o equipo Santiagués soubo volver a poñer as tablas na última xogada do partido a falta de 8” por mediación de Fernando Mayer, pódese considerar que o empate foi un  resultado xusto.

CATEGORIA ABSOLUTA:

CN CORUÑA – CW SANTIAGO 12-12 (2-2; 1-3; 5-3; 4-4)

Mateo Raposo, Adrián Campaña, Luis Ferrer, Fernando Mayer (2), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo (3), Antonio Caamaño (1), Yago Veiga, Angel Carro, Pablo Suarez, Alberto Tome (1), David Raposo.

 

Esta próxima fin de semana nova cita do CW SANTIAGO esta vez nas piscinas de Sta.Isabel, para xogar ás 16h un partido amistoso femenino entre un combinado do CW SANTIAGO e CN CORUÑA contra G.PONTEVEDRA, e dous partidos máis da liga, o primeiro ás 17.30h en categoría cadete e o segundo ás 19h contra o absoluto do G.PONTEVEDRA no cal esperamos resarcirnos da derrota do partido da primeira volta.

 

¡¡¡ESPERÁMOSVOS A TODOS PARA ANIMAR!!!

Fin de semana victorioso do CW Santiago

Despois do parón de Nadal, o CW Santiago volveu ós partidos de liga cos seus equipos esta fin de semana.

O sábado pola tarde o equipo infantil impúxose claramente na piscina do CN Coruña por un resultado de 1-10, que aínda que o marcador reflexa un partido moi cómodo, durante os dous primeiros cuartos custoulles entrar no xogo, pero ó final acabou impoñéndose sen paliativos.

CATEGORIA INFANTIL.  CN CORUÑA – CW SANTIAGO   1 – 10  (0-2; 0-1; 1-4; 0-3)

Javi Romaris, Daniel Pérez (1), Otto Gothlin, Alexo Castro, Alex Valle (3), Alex Gómez (1), Gabor Pazos, Esteban Carrillo, Sara Valle, David Romeu (2), Rosalía Rey, Bruno Sampaño (1), Manuel Cebey (1)

 

Unha vez rematado o partido infantil, xogouse o partido da 2ª división entre os dous equipos “B” dos mesmos clubes, que resultou un partido moi igualado, no que ningún dos dous equipos estivo máis de dous goles arriba ou abaixo, xogando con moita intensidade aínda que por momentos bastante tolo, e que ó final acabou da parte dos nosos xogadores.

CATEGORIA ABSOLUTO “B”.  CN CORUÑA “B” – CW SANTIAGO “B”  10 – 12   (2-1; 2-4; 4-3; 2-4)
Carlos Viaño, José Mª del Rio, Fernando Mayer (2), Borja Iglesias (1), Jacobo Pérez, Angel Carro (3), Luis Ferrer, Dani Tome (4), Pablo Suarez, Alberto Tome (2), David Raposo.

 

O domingo pola tarde tocoulle ó equipo absoluto de 1ª división desplazarse a Ferrol para xogar o partido aplazado que se debía ter disputado en decembro. Foron a unha piscina de Ferrol na que os nosos xogadores sempre acostuman ter partidos igualados e este non foi diferente, resolvéndoo ó final no último cuarto cun parcial de 1-4.

Empezou o partido como o resto de categorías, con moitos erros por parte dos nosos xogadores, cun traballo defensivo moi bo pero con moitos fallos en ataque, dando pé ós xogadores locais a estar no partido en todo momento. Parecía que ó principio do segundo cuarto dous goles seguidos de Fernando Mayer poñían as cousas no seu sitio, pero un par de erros defensivos e algunha boa acción do equipo local púxoos por diante do marcador no segundo cuarto e empatados ó final do terceiro, pero a maior calidade e físico decidiu no último cuarto.

CATEGORIA ABSOLUTA.  C MARINA FERROL – CW SANTIAGO  7-10   (1-1; 3-2; 2-3; 1-4)
Mateo Raposo, Adrian Campaña, Luis Ferrer, Fernando Mayer (4), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño, Angel Carro, Pablo Suarez (1), Alberto Tome, David Raposo.

 

Esta próxima fin de semana o CW Santiago volve a Coruña, para xogar o sábado cos alevíns, cadetes e absolutos unha nova xornada de liga, con horarios 16h, 17.15h e 18.30h respectivamente.

Felicitación navideña do clube

O MELLOR ADORNO DE NADAL É UN GRANDE SORRISO

Felicitación Nadal 2012

O noso equipo benxamín deséxavos Felices Festas e Prospero Ano Novo

CLUB WATERPOLO SANTIAGO

BAÑADORES DO CLUBE

A todos os XOGADORES e XOGADORAS do Clube Waterpolo Santiago:

O Clube vai facer un pedido de Bañadores.

Todo aquel que desexe adquirir un bañador do clube WP Santiago pode solicitalo ao través do noso correo electrónico: cwsantiago@gmail.com

Saúdos a tod@s.

Entrenos Nadal CW Santiago

 ENTRENOS DO CLUBE WATERPOLO SANTIAGO EN NADAL

Chega o Nadal e como cada ano os entrenos do Clube Waterpolo Santiago sufren modificacións durante estas datas. É importante estar atento ós cambios que se realizan para poder levar a cabo a actividade sen ningún tipo de problemas, e como a nosa páxina web é unha das nosas maiores fontes de información, empregaremos este medio tamén para lembrarvos os días e horarios de entreno. Lembrar que durante estas datas se anulan os entrenos en Sar para os pequenos e as chicas, e o físico para os absolutos, quedando só a piscina de Sta.Isabel para os entrenos.

CATEGORÍAS INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍN

ÚLTIMO DÍA DE ENTRENO — SÁBADO 22 de DECEMBRO de 2012 (STA.ISABEL)

COMEZO DE ENTRENOS – MARTES 8 de XANEIRO de 2013 (SAR)

ABSOLUTOS, CADETES E FEMENINO

DECEMBRO:  MÉRCORES 26 – XOVES 27 de 21.30H a 23.15H (STA.ISABEL)

XANEIRO:  MÉRCORES 2 – XOVES 3 – VENRES 4 de 21.30H a 23.15 H (STA.ISABEL)

· O venres 28 de decembro non hai entreno por disputarse os Campeonatos Galegos de Natación e estar a piscina ocupada.

Desde o Clube Waterpolo Santiago desexámosvos Felices Festas a tódolos nosos deportistas e achegados, e que teñades unha moi boa saída e entrada de ano!!!

DSC_0200

VICTORIA DO CW SANTIAGO “B” CONTRA PADRÓN

partido sábado

O CW Santiago “B” obtivo a súa seguda victoria da temporada na liga de 2ª división na piscina do CGTD de Pontevedra contra o CW Padrón nun gran encontro dos nosos xogadores máis novos que souberon xogar e demostrar a súa calidade contra un equipo moito máis físico, pero que nada puido facer ante o maior empuxe e condición física dos nosos, que souberon xogar de igual a igual, e ó final acabar gañando o partido.

Comezou o partido cos dous primeiros cuartos moi igualados, chegando á metade do encontro con empate a catro, que facía presaxiar que o partido sería igualado ata o final. No terceiro cuarto os santiagueses colleron unha vantaxe de dous goles, que souberon administrar e incluso aumentar, ata chegar ó final do partido cunha victoria por trece goles a nove.

Destacar o gran xogo de equipo, con xogadas e goles de moi boa calidade, que fai presaxiar que este equipo ten un moi bo futuro.

CATEGORIA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW PADRON – CW SANTIAGO “B” 9-13 (2-2; 2-2; 2-4; 3-5)

Carlos Viaño, Adrian Pallares, Ramón Turnes (3), Fernando Mayer (3), Borja Iglesias, Carlos Bouzas, José Mª del Río, Raúl Gallego (3), Luis Ferrer (1), Pablo Suarez (1), Alberto Tome (2).

VICTORIA ABSOLUTA CONTRA VIGO

Este pasado sábado o CW Santiago desplazouse a Vigo para disputar unha nova xornada de liga nas categorías: infantil, cadete e absoluto.

A xornada empezou co enfrontamento do partido infantil, que chegou a Vigo con varias baixas importantes e que nada puido facer ante a superioridade do equipo vigués, tanto técnica como fisicamente.

CATEGORIA INFANTIL

RCN VIGO – CW SANTIAGO 13-5 (4-0; 3-1; 2-1; 4-3)
Javier Romaris (2), Daniel Pérez, Otto Gothlin, Alexo Castro, Alex Gómez, Gabor Pazos (1), Esteban Carrillo, David Romeu, Bruno Sampaño (1), Manuel Cebey (1)

 

Despois dos infantís, tocoulle o turno ós cadetes, que conseguiron manter igualado o partido os dous primeiros cuartos, chegando ó descanso con empate a cinco, pero nos dous últimos cuartos a falta de acerto ofensivo condenoulles a unha derrota final por dez a cinco.

CATEGORIA CADETE

RCN VIGO – CW SANTIAGO 10-5 (3-1; 2-4; 3-0; 2-0)
Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Pablo Suarez (3), Luis Ferrer (1), Héctor Taboada (1), Nazaret Mayo, Moisés del Puerto, Alejandra Rey, Bruno Sampaño, Alexo Castro.

 

Por último tivo lugar o encontro do equipo absoluto, que despois dun comezo con moitos fallos de cara á portería contraria, non tivo problemas para solventar un partido moi cómodo, mantendo a portería a cero en tres dos catro cuartos.

CATEGORIA ABSOLUTA
RCN VIGO – CW SANTIAGO 2-18 (2-3; 0-5; 0-5; 0-5)
Mateo Raposo, Adrian Campaña (1), Luis Ferrer, Adrian Pallares (1), Daniel Tome (1), Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo(3), Antonio Caamaño (4), Carlos Bouzas, Angel Carro (1), Pablo Suarez, Alberto Tome (1), David Raposo

 

Esta próxima fin de semana tócalle o turno ó equipo “B”, na súa liga de 2ª División, contra o CN Padrón en Pontevedra.

PRESELECCIÓN GALEGA FEMININA

Este pasado sábado 17 de novembro empezaron unha serie de concentracións da preselección Galega feminina absoluta, que disputará a fase de ascenso para o campeonato de España de 1ª División, aínda con data por determinar.

Nesta preselección participan tódalas xogadoras dos tres equipos femininos galegos, da que se sacará a lista definitiva para participar no xa mencionado Campeonato. Cabe destacar que na primeira convocatoria houbo a participación de numerosas xogadoras dos tres equipos e esperemos que nas seguintes concentracións sigan igual, traballando con moitas ganas, para poder facer un digno papel nun Campeonato que para as nosas xogadoras é o primeiro.

CONCENTRACIÓNS SELECCIÓN GALEGA DE WATERPOLO FEMININO PARA CTO.ESPAÑA 2ª DIVISIÓN

DATA                                                      LUGAR                      PISCINA                 HORA

SABADO 17 NOVEMBRO 2012       PONTEVEDRA            RIAS DO SUR          16.30H
SABADO 24 NOVEMBRO 2012       CORUÑA                     INEF CORUÑA         17.30H
SABADO 15 DECEMBRO 2012       SANTIAGO                  STA.ISABEL             12.30H
SABADO 12 XANEIRO 2013            CORUÑA                     INEF CORUÑA
SABADO 26 XANEIRO 2013            SANTIAGO                  STA.ISABEL             12.30 H
SABADO 2 FEBREIRO 2013            PONTEVEDRA            CGTD
Datas provisionais Campeonato de España 2ª División Feminino:
13.04/25.05.2013

TRES XOGADORES INFANTILES DO CLUBE NA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Tres xogadores do CW Santiago (BRUNO SAMPAÑO, JAVIER ROMARIS e ALEXO CASTRO) foron seleccionados para a primeira convocatoria da selección infantil Galega que disputará o Campeonato de España por Comunidades, dentro desta preselección que levará a cabo a súa primeira concentración este próximo sábado día 24 en Pontevedra, en dúas sesións: mañá e tarde. Esperamos que sigan preseleccionados nas seguintes, traballando en entrenos para demostrar a súa valía e que poidan estar na selección final.

A nosa noraboa ós seleccionados e moita sorte, ánimo e traballo nas concentracións rapaces,  demostrade que podedes!!!

Los benjamines del Club Waterpolo Santiago se estrenaron con victoria

“Los más peques de la entidad lo hicieron con una victoria sobre el CW Galaico

Los benjamines del CW Santiago en su estreno. – FOTO: CWS
REDACCIÓN

Santiago. El estreno de los peques del Club Waterpolo Santiago se saldó con una histórica victoria (9-2). Los nervios afloraron en un principio por el debú, pero con el discurrir de los minutos se fueron asentando.

Los parciales son indicativos del desarrollo de esta primera cita (0-1, 5-0, 1-1 y 3-0). Y los protagonistas fueron: Roberto Carro, Luis Guilbert (6 goles), Mauro Rguez., Santiago Esturao, Andrés Amado, Fernando Ferrer (1), Daniel Ferreira (2) y Sabela Ferreira.”

Fonte:   elcorreogallego.es