Horarios de setembro

INICIO LUNS 5 SETEMBRO

cws-logo5

HORARIOS SETEMBRO

horario_sep

CW SANTIAGO TEMPADA 16/17

patrocinadores

 

III TORNEO NIGRAN DE WATERPOLO

cws-logo5

TORNEO DE WATERPOLO

Como cada ano chega o remate de tempada e con ela e como derradeira competición o III Torneo de Nigrán en categorías infantil, cadete e xuvenil.

O Torneo empeza o vindeiro xoves día 14 de xullo e finaliza o domingo 17 de xullo.

1459429563_evvv

O desprazamento esta tempada farase da seguinte maneira:

SAÍDA:

XOVES 14 DE XULLO EN BUS DESDE SANTA ISABEL Ás 12.15H

–    Como en cada desprazamento abonáranse 5 euros do transporte
–    Rógase puntualidade xa que saímos xustos de tempo
–    Levar bocadillo ou comida para o mediodía

 

ESTANCIA:

Instalacións Real Club Náutico de Vigo, NIGRAN
Paseo Abetos, 36350 Priegue, Pontevedra

MATERIAL NECESARIO:

–    Saco de durmir, colchón, esterilla, tenda campaña
–    Material de piscina (bañadores, chanclas, toallas..)
–    Utensilios de hixiene persoal
–    Crema Protectora
–    Algo de roupa de abrigo (chándal, sudadeira,)

 

REGRESO:

DOMINGO 17 DE XULLO A partir das 17H EN COCHES PARTICULARES
(Conveniente avisar quen vai a recoller aos deportistas e prazas dispoñibles)

POR ULTIMO E O MAIS IMPORTANTE HAI QUE IR CON GANNAS DE PASALO BEN E DESFRUTAR!!!

patrocinadores

TORNEO INFANTIL FERROL

CONVOCATORIA TORNEO INFANTIL FERROL

cws-logo5

Partido: TORNEO WALTERPOLO FERROL
Categoría: INFANTIL
Dia: SABADO 9 DE XULLO DE 2016
Hora: 10.45H
Piscina: JAVIER GÓMEZ NOYA
Convocados: Saída en coches ás 8.45h desde Santa Isabel

balon    XOGADORES CONVOCADOS

  1. IAGO GARABATO
  2. LUIS GUILBERT
  3. SANTI ESTURAO
  4. OSCAR ALVAREZ
  5. FERNANDO FERRER
  6. OSCAR RODRÍGUEZ
  7. NATALIA VIEITES
  8. REBECA GOTHLIN
  9. JORGE GOMEZ
  10. ANTONIO MALLO
  11. NEREA CARRILLO
  12. ANXO PANERO
  13. ROBERTO CARRO

LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE                  
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN             
COPIA COMPULSADA)

patrocinadores

TERCEIROS NO III TORNEO CIDADE DE ZAMORA

OS ALEVÍNS TERCEIROS NO
III TORNEO CIDADE DE ZAMORA

cws-logo5
O pasado 25 de xuño os nosos xogadores alevíns desprazáronse con gran ilusión e  por terceiro ano consecutivo a Zamora para participar no III Torneo cidade de Zamora, coa participación de equipos de Galicia, Madrid, País Vasco e o club organizador CW Zamora.

escudo

Nunha xornada de sábado intensa os nosos mozos obtiveron dúas vitorias (contra ACW por 4-3 e Zamora por 7-3), un empate (ante RCN de Vigo 4-4) e tres derrotas (ante Urbat 9-5, Sestao 8-7 e Vand 9-5), o que propiciou entrar en semifinais como cuarto clasificado e enfrontarse nela ao gañador da liguiña, de novo o equipo madrileño do Vand, onde pese ao bo xogo e as ganas caeron derrotados por 7-4 e supuxo loitar ante ACW polo terceiro e cuarto posto.

 

Un gran inicio de encontro onde nosos peques chegaron ao descanso vencendo por seis goles a un daba esperanzas de obter a 3° posición final e a pesar dos esforzos dos xogadores de Asociación Coruñesa os santiagueses souberon manter unha cómoda vantaxe para acabar finalmente cun  favorable por 13-9 dando unha magnífica terceira posición final.

Polo CW Santiago participaron os seguintes xogadores:20160305_175816

Roberto Carro, Antonio García, Samuel González, Anxo Panero, Fernando Ferrer, Uxía  Sanluis, Miguel Barca e Martín Zas, sendo este ultimo o galardoado co Trofeo ao máximo goleador.

patrocinadores

OS CADETES SEXTOS

CAMPIONATO DE VERÁN

cws-logo5

Os días 25 e 26 de xuño os nosos cadetes desprazáronse ás instalacións da:
Escola Naval Militar de Marín
para participar na derradeira competición oficial da tempada, ao campionato Galego Cadete de verán.

Encadrados no grupo A, empezou a súa participación ante RCN de Vigo “B” cunha vitoria axustada por catro goles a tres; o segundo e terceiro partidos saldáronse con derrotas ante CN Coruña e CW Pontevedra por nove goles a tres e dez a un respectivamente, o que deu a terceira posición de grupo e loitar pola quinta e sexta praza ante o CW Pontevedra “B”, que se saldou despois dun partido moi igualado a favor dos pontevedreses na quenda de penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a oito.

Cabe destacar a gran progresión de noso equipo cadete na súa maioría formado por xogadores de primeiro ano cadete e que terán oportunidade de continuar a vindeira tempada coa súa progresión nesta mesma categoría.

 

Participantes cadetes no Campionato Galego:

Martín Torreira, Antonio Moscoso, Roberto Vieiro, Gabor Pazos, Laura Sanluis, Alex Gómez, Iván Vieites, Paulo Junquera, Jorge Gómez, Damián Antelo, Pablo Chico, Jorge Rodríguez e Iago Garabato.

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE VERÁN

 

GRUPO A

 

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO B             4-3

CW SANTIAGO – CN CORUÑA                  3-9

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA A     1-10

 

CLASIFICACION

 

1º.-  CW PONTEVEDRA A

2º.-  CN CORUÑA

3º.- CW SANTIAGO

4º.- RCN DE VIGO B

 

FINAL 5º Y 6º LUGAR

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA B     8-8 (PENALTIS 3-4)

CLASIFICACION  5º LUGAR

patrocinadores

Os adestramentos desta tempada

Os  adestramentos  desta tempada 2015/2016
rematan o vindeiro xoves 30 de xuño.

cws-logo5

Durante o mes de xullo, pola disputa do III Torneo de Nigran en categoría infantil, cadete e xuvenil,  do 14 ao 17 de xullo haberá adestramento voluntario os seguintes días:

Luns 4 de xullo
Mércores 6 de xullo
Xoves 7 de xullo
Luns 11 de xullo
Mércores 13 de xullo

Todos estes días en horario de 21.15h a 22.45h.

patrocinadores