ADESTRAMENTOS SEMANA SANTA

Infórmase a todos
os deportistas do clubcws-logo5

categorías:

  • Infantil,
  • Alevín e
  • Benxamín,

que os adestramentos en Sar;
rematan o vindeiro
venres 18 de Marzo,

e comezan o martes
29 de Marzo, no seu horario habitual
de 19:00h a 21:00h polas vacacións de Semana Santa.

 

patrocinadores

II TORNEO WP CAMP WATERPOLO GETXO

cabeza

DATAS: 24 A 27 DE MARZO DE 2016

SAÍDA DE SANTIAGO: BUS 24 MARZO,
ÁS 9:00H DENDE O HOTEL PORTA DO CAMIÑO
(Xunto o Pazo de Congresos)

Xantar: durante o traxecto (Levar comida, bocadillo, froita,…)

ALOXAMENTO

RESIDENCIA FADURA
Avenida de los Chopos 64, Edificio CPT, 48993 Getxo, Bizkaia
Teléfono:946 57 98 50

REGRESO

27 DE MARZO DE 2016  AO REMATAR O TORNEO.

  • Na saída levar a equipación do clube.
  • Levar algunha muda mas
  • Ganas de pasalo ben e aprender e gozar

patrocinadores

INFORMACION STAGE CADETE

Logo rana

SAÍDA

 

ESTACIÓN RENFE SANTIAGO. DE COMPOSTELA

  • 20 DE MARZO DE 2016
  • 14.30H

TRAXECTO SANTIAGO – MADRID

SAÍDA  15.12H                                                               CHEGADA 20.17H

ALOXAMENTO  H.PARACUELLAMOS

C/REAL, 34  – 28860 PARACUELLAMOS DEL JARAMA (MADRID)
TELF. 91 658 07 95

 

  • CHEGADA: 23 DE MARZO DE 2016

TRAXECTO MADRID – SANTIAGO

SAÍDA  15H                                                                 CHEGADA  20.19H

 

*Levar roupa de piscina con varios bañadores, saída con equipación do clube
*Ganas de pasalo ben e traballar
*20 Euros para desprazamentos e xantar do día 22 de marzo. (Entregar a entrenador responsable)

patrocinadores

VICTORIA ABSOLUTA ANTE O GALAICO PONTEVEDRA

Logo ranaCRONICA PARTIDO CWSANTIAGO vs CWGPONTEVEDRA

 

O CW Santiago conseguiu este pasado sábado unha importante vitoria ante o CWG Pontevedra  na  derradeira xornada da fase regular da liga Galega Absoluta de primeira división que lles dá moral para a semifinal do play off na que se enfrontaran de novo dentro de menos dun mes.  Partido moi igualado desde o principio ata o final que se decidiu no último cuarto, gañado polos locais por dous a un, e que deu a vitoria final por dez goles a nove despois de que nos tres primeiros cuartos houbese igualdade absoluta. Empezaron mandando os visitantes cun inicio fulgurante, xa que aos dous minutos de encontro o resultado era de cero a dous;  a partir dese momento os locais axustaron a defensa, pero o primeiro cuarto rematou favorable aos de lerez aínda un gol por diante. Un segundo cuarto moi bo defensivamente dos santiagueses enviou o partido ao descanso cun gol arriba dos locais seis a cinco. Terceiro cuarto igualado e onde os xogadores visitantes conseguiron igualar o encontro a oito despois de remontar unha desvantaxe de dous goles que propiciou que se entrase no último cuarto con empate a oito, onde se decidiu o partido cun dous a un para os locais que lles deu a vitoria final por dez goles a nove.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA  10 – 9 (3-4; 3-1; 2-3; 2-1)

CWSANTIAGO: Adrian García, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Bruno Sampaño, Alejandro Padilla (1), Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez (1), Angel Carro (1), Luis Ferrer, Jesus Montoiro, Miguel Barca.

CLARA DERROTA SANTIAGUESA NO DUELO DE 2ª

Anterior ao partido de primeira, disputouse o partido de 2ª división entre os equipos “B”, onde os xogadores pontevedreses dominaron de maneira clara e sen ningún tipo de problema a un equipo local onde máis da metade dos xogadores son cadetes,  e aínda que loitaron por realizar un bo partido, o maior poderío físico e intensidade dos visitantes lideres invictos deulles a vitoria por un claro dous a vinte. Seguir traballando e acadar os obxectivos é o traballo deste xoven equipo que pouquiño a pouco continua co seu traballo.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW SANTIAGO “B”– CWG PONTEVEDRA “B”   2 – 20 (0-6; 1-3; 0-4; 1-7)

CW SANTIAGO: Antón Gendra, Miguel Fernandez (1), Jorge Lareu, Gabor Pazos (1), Rosalia Rey, Alex Gómez, Álvaro Rodríguez, Jesus Montoiro, Roberto Vieiro, Jorge Rodríguez, Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Javi Romaris.

DERROTA CADETE CON BOAS SENSACIÓNS

O primeiro partido do sábado foi o enfrontamento cadete, como o resto de equipos do noso club ante CWG Pontevedra campión xa da liga cadete. Partido que os de lerez xogaron co equipo cadete da próxima tempada, o que propicio que fose un choque igualado e emocionante ata o final acabando con vitoria visitante por dez a once. Dous equipos moi novos coa maioría de xogadores de primeiro ano cadete e mesmo con xogadores en categoría infantil e que os santiagués puideron empatar no último segundo do encontro pero o derradeiro lanzamento atallouno o o porteiro visitante.

LIGA GALEGA CADETE

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA  10-11 (2-4; 3-3; 1-1; 4-3)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro (1), Gabor Pazos (5), Rosalía Rey (1), Alex Gómez (2), Iván Vieites, Paulo Junquera, Jorge Gómez, Antonio Moscoso, Damián Antelo (1), Jorge Rodríguez.

 patrocinadores

Tres encontros da liga Galega de Waterpolo

16h Liga Galega cadete – CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 17.15h Liga Galega Absoluta 2ª Division CW SANTIAGO “B” – CWG PONTEVEDRA “B” 18.45h Liga Galega Absoluta 1ª Division CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA
Tres encontros da liga Galega de Waterpolo
16h
Liga Galega cadete –
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA17.15h
Liga Galega Absoluta 2ª Division
CW SANTIAGO “B” – CWG PONTEVEDRA “B”

18.45h
Liga Galega Absoluta 1ª Division
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA

O II Torneo WP CAMP Getxo 2016 Infantil

Do 24 ao 27 de marzo  celébrase Getxo (Bilbao) o

Firma-wp-camp-XAVI-generic

II Torneo infantil WP CAMP Waterpolo.

O obxectivo é que os nosos deportistas acudan ao torneo do mesmo xeito que os cadetes e vexan como son e como se compite con outros equipos doutras comunidades, aprender, coller experiencia e dar maior nivel aos nosos xogadores, aprender da experiencia, divertirse e pasalo ben.

O desprazamento e o custo será o seguinte:

Saída o día 24 en autobús, participación no torneo os días 25 e 26 e regreso o dia 27.

  • Autobús (compartido con Vigo  e Coruña):        605,00 €
  • Aloxamento: O centro deportivo Fadura, é un centro de alto rendemento cunhas instalacións deportivas espectaculares. Xestionado por Getxo Kirolak, este centro recibe cada ano decenas de equipos profesionais e seleccións internacionais para preparar as súas competicións oficiais.
  • Pack de 3 noites (170,00 €): Entrada o xoves 24 de marzo pola tarde  e saída o 27 despois de almorzar.
  • (réximen de pensión completa e agasallos do torneo).

O custo total dos xogadores é:

Custo 11 xogadores, 2 adestradores

170,00 € aloxamento x 11 xogadores                1.870,00 €

605,00 € de autobús                              605,00 €                                                                                                                                                    _________                                                                                                                                                       2.475,00 €

2.475,00 € /13 = 190,40 €

Custo 10 xogadores, 2 adestradores

170,00 € aloxamento x 10 xogadores                               1.700,00 €

170,00 € alojxamento x adestrador                       170,00 €

605,00 € de autobús                              605,00 €

_________                                                                                                                                                      2.475,00 €

2.475,00 € /12 = 206,25 €

Custo 10 xogadores, 1 adestrador

                                                                  170,00 € aloxamento x 10 xogadores                1.700,00 €

605,00 € de autobús                              605,00 €

_________

2.305,00 €

2.305,00 € /11 = 209,55 €

Evidentemente o prezo diminúe canto máis xogadores van. estamos á espera de dúas confirmacións, co cal pode variar… De momento son 10 os que o confirmaron.

Destacar que o club asumirá o 50% do prezo da viaxe, e que este puidese variar dependendo da cantidade de xogadores inscritos.

Dosier competición Getxo