Gala – Federación Galega de Natación 2025

O próximo 11 de outubro,terá lugar a II Gala FEGAN onde a Xunta Directiva e a Comisión de Premiación de Federación Galega de Natación, deciden outorgar os premios e distincións polos resultados obtidos durante a tempada 2024/2025.

A entrada sera as 18:30h, no auditorio Reveriano Soutollo de Ponteareas.

TEMPADA 25 / 26

Se che gusta nadar e queres un deporte en equipo, ¡o waterpolo é para ti! Achegámoste ás nosas xornadas abertas para probar sen compromiso.

🏆 España conquista o mundo! Éxito histórico no Mundial de Waterpolo 2025

Campións do mundo: equipo masculino
O 24 de xullo de 2025, en Singapur, a selección masculina de waterpolo proclamouse campioa do mundo por cuarta vez tras vencer a Hungría nunha final memorable por 15‑13.
– Protagonistas da final: Á. Granados e B. Sanahuja brillaron con cinco e catro goles, respectivamente.
– Defensa sólida: Unai Aguirre foi clave baixo paus cunha actuación impecable.
– Despedida de lenda: Felipe Perrone puxo o broche final á súa carreira cun gol decisivo.

Con este triunfo, o equipo suma o seu cuarto título mundial despois dos acadados en Perth 1998, Fukuoka 2021 e Budapest 2022.

Bronce brillante: equipo feminino
A selección feminina tamén fixo historia ao acadar a medalla de bronce, superando a Estados Unidos por 13‑12 nun encontro moi igualado.
– A semifinal fronte a Hungría foi dura, pero o equipo soubo sobrepoñerse.
– Con seis caras novas, a mestura de xuventude e experiencia resultou decisiva.
– Xogadoras destacadas: a capitá Anni Espar e a porteira Martina Terré lideraron momentos clave.

España suma así a súa sexta medalla feminina en oito mundiais disputados, consolidándose como unha referencia internacional.

🎉 Parabéns ás seleccións masculina e feminina de waterpolo!
Ambos equipos demostraron que o talento, o esforzo e a paixón polo deporte seguen a elevar o nome de España no máis alto do panorama internacional. Un orgullo para o noso deporte acuático!

O CW Santiago pecha a tempada no VIII Torneo Internacional de Nigrán

O club compostelán finaliza a súa participación cun 4.º posto en categoría cadete e un 8.º en infantil mixto tras unha intensa fin de semana de competición.

Unha despedida competitiva para a tempada 2024-2025

O Club Waterpolo Santiago puxo fin á súa tempada deportiva esta pasada fin de semana coa participación dos seus equipos cadete e infantil mixto no VIII Torneo Internacional de Nigrán, celebrado entre os días 18 e 20 de xullo. A competición reuniu en terras pontevedresas a equipos de diferentes comunidades autónomas e mesmo do estranxeiro, consolidándose como unha das citas referenciais do verán para as categorías de base do waterpolo estatal.

Resultados contrastados para as dúas categorías

Na categoría infantil mixta, o CW Santiago quedou encadrado no grupo D, onde debutou cunha derrota ante o equipo catalán Wins Waterpolo por 4-11. Na segunda xornada da fase de grupos, os composteláns impuxéronse con claridade ao Waterpolo Murcia por 11-4, o que lles permitiu optar aos postos do 5.º ao 8.º lugar.

Xa na fase de cruces, o equipo infantil caeu derrotado ante o CW Pontevedra (10-0) e posteriormente fronte ao Club Waterpolo Océano, de Canarias (6-3), resultado que determinou a súa 8.ª posición final no torneo.

Na categoría cadete, o CW Santiago tivo un inicio prometedor. Encadrado tamén no grupo D, venceu con autoridade ao Urgara Txingudi Waterpolo, do País Vasco, por 11-4, e posteriormente ao CW Lugo cun marcador de 12-0. Estes resultados permitíronlle acceder á loita polos postos do 1.º ao 4.º lugar.

Porén, nas semifinais, os santiagueses perderon ante o CW Sestao (9-7) e tampouco puideron superar ao Marina Ferrol na final polo terceiro posto, cun axustado 8-7, finalizando finalmente cuartos.

Valoración positiva dende o CW Santiago

Desde o club compostelán fan unha lectura positiva da experiencia. O adestrador do equipo cadete, Xavi Pérez, destacou que “foi unha fin de semana intensa, onde os rapaces e rapazas deron o mellor de si. Competiron con equipos de gran nivel e a experiencia é moi enriquecedora para o seu desenvolvemento deportivo e persoal”.

“Levamos moitos meses de traballo, adestramentos e desprazamentos. Este torneo é tamén un recoñecemento a ese esforzo colectivo”.

Preparación para a vindeira tempada

Tras o torneo de Nigrán, o CW Santiago inicia agora un período de descanso estival antes de retomar a planificación da tempada 2025-2026, coa previsión de manter os equipos en competición autonómica, e seguir promovendo a formación e captación de novos xogadores.

O club prevé realizar xornadas de portas abertas no mes de setembro.

“Queremos que cada vez máis rapaces e rapazas poidan descubrir e desfrutar do waterpolo en Santiago”, conclúe Xavi Pérez

O RCN de Vigo acolle o VIII Torneo Internacional de Waterpolo con máis participación e proxección

A cita celebrarase en Nigrán do 18 ao 20 de xullo e reunirá equipos infantís e cadetes de distintos puntos de España e do estranxeiro

Sistema de competición adaptado ao número de equipos

O formato do torneo dependerá do número de equipos finalmente inscritos en cada categoría. A competición comezará o venres 18 de xullo pola tarde con partidos de fase de grupos, que continuarán durante a mañá do sábado 19. Pola tarde do sábado celebraranse as semifinais, mentres que o domingo 20 estarán reservadas para as finais. Os encontros constarán de dúas partes de 12 minutos de tempo continuo, segundo establece o regulamento interno da organización.

“Dúas categorías, un só obxectivo: dar o mellor de nós. Forza, Club Waterpolo Santiago!”

ENHORABOA POLO TRIPLETE, CAMPÍONS!

Tempada 24/25 CW Santiago Alevín A

Lista ordenada alfabéticamente – ALEVÍNS A –

  1. Andrea González González
  2. Carmela Barreiro González
  3. Enzo Mera Salgueiro
  4. Flavia Iglesias Velo
  5. Gael Caamaño Fernández
  6. Isaac Papín Sánchez
  7. Iván Vieites Marey
  8. José Manuel Olveira Santos
  9. Julia Alvar Pozo
  10. Manuel Barreiro Creo
  11. Martín Barreiro González
  12. Rubén Suárez Pardo
  13. Sofía Uzal Ferro
  14. Tomás Gándara del Río
  15. Xurxo Carracedo Romero