DUELO FRATICIDA DOS NOSOS ALEVÍNS A y B

18 de Xaneiro /25

VÍCTORIA DO (CW SANTIAGO)

Duelo fratricida o sábado entre os dous equipos alevíns. O equipo ¨A¨ venceu, non sen apuros, ao equipo ¨B¨ por un resultado final de 11-7. Por outra banda,o equipo alevín ¨B¨ de primeiro ano non deixou de pelexar ata o ultimo minuto do partido, parabéns a ambos.

DERROTA POLO MÍNIMO

11 de Xaneiro/25

Os nosos infantís foron o segundo encontro en disputarse na xornada do sábado día 11 de xaneiro. Onde os vigueses,actuais líderes da clasificación,partían como favoritos, a pesar deles gran encontro dos santiagueses que pese a derrota final por 4-5 a punto estiveron de dar a sorpresa.

VICTORIA DO EQUIPO DE DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA ABSOLUTA

Vitoria para o equipo da División de Honra Masculina Absoluta, 19 de xaneiro de 2025. O noso equipo sufriu máis do previsto na súa visita ao Ourense para enfrontarse ao equipo local. Un bo comezo de partido deu vantaxe aos Santiagueños, que marcharon con tres goles de vantaxe. Desde o segundo cuarto souberon manter a vantaxe ata os últimos minutos, onde os locais lograron poñer dous goles no marcador no último minuto, pero o traballo defensivo final levounos a gañar por 7 goles a 8.

PROGRAMA DE DETECCIÓN DE TALENTOS

Detalles do evento:

  • Fecha: 26 de enero de 2025
  • Hora de entrada: 17:00
  • Hora de salida: 19:00
  • Lugar: Piscina Gómez Noya, Ferrol

Desde o Club temos o pracer de anunciar a chamada para a concentración dos 6 xogadores masculinos e 6 femininos do Club de Waterpolo de Santiago, convocados para o programa de detección de talento da vixilancia galega da tecnicización do waterpolo ALEVÍN MIXTO. Este evento terá lugar o 26 de xaneiro de 2025 na piscina Gómez Noya, Ferrol.

Durante esta concentración, os convocados terán a oportunidade de traballar con adestradores especializados que os guiarán a través de exercicios e actividades destinadas a potenciar as súas habilidades técnicas e tácticas no waterpolo. Será un momento ideal para fortalecer o traballo en equipo e o traballo individual

CAMPEONATO GALLEGO ALEVÍN Y BENJAMÍN MIXTO DE INVERNO

Sábado, día 25, de 9:30 a 20:00 horas, en Santiago de Compostela, na piscina de Santa Isabel, celebrarase o Campionato Mixto de Waterpolo Galego Alevín e Benxamín, entrada gratuíta.

CINCO DEPORTISTAS DO CW SANTIAGO CONVOCADOS PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR COMUNIDADES

Cinco deportista do CW Santiago, dous nenos (Alexandre González e Airas Caamaño) e tres nenas (Sofía Pérez, Noa Vieites e Carlota Pérez) foron seleccionados pola Federación Galega para participar en Campionato de España por Comunidades de waterpolo que se celebrará do 21 ó 24 de marco en Madrid.

A selección masculina enfrontarase na fase de grupos a comunidade de Aragón e a selección de Portugal (invitada ó torneo), mentres que a selección femininina terá como rivais nesa mesma fase as comunidades de Murcia e Valencia.

Moitas felicidades ós nosos deportistas e desexarlles moito éxito!