Waterpolo Santiago, listo para o Campionato Galego Cadete Mixto de Verán 2025

O Waterpolo Santiago afronta con moita ilusión o Campionato Galego Cadete Mixto de Verán, que se disputará o sábado 27 e domingo 28 de setembro na Piscina Javier Gómez Noya de Ferrol. O torneo reunirá aos mellores equipos galegos da categoría, nunha fin de semana cargada de emoción e bo wáter-polo.

Calendario de Partidos

📅 Sábado 27 de setembro

  • 15:30h → Convocatoria en Ferrol
  • 16:20hCW Santiago vs. CWC Rías Altas
  • 18:30hCW Pontevedra + CW Santiago

📅 Domingo 28 de setembro (en función dos resultados do sábado)

  • 10:30h → 1ª Semifinal
  • 11:40h → 2ª Semifinal
  • 12:50h → Partido polo 5º/6º posto
  • 16:15h → Partido polo 3º/4º posto
  • 17:30h → Final do campionato

Convocatoria de xogadores

O equipo viaxará a Ferrol cun grupo de 13 xogadores, preparados para dar o mellor de si:

  • Alejandro Insua
  • Rodrigo Carrillo
  • Didac Varela
  • Hugo Mata
  • Ariana Collazo
  • Carlota Pérez
  • Gabriel Vlad
  • Airas Caamaño
  • Guillermo Carrillo
  • Gael Caamaño
  • Noa Vieites
  • Alex González
  • Senen Cajaraville

Chamamento á Afección

O club anima a familiares, amigos e simpatizantes a desprazarse a Ferrol para apoiar aos nosos cadetes e crear un gran ambiente nas bancadas. O seu ánimo será fundamental para que o equipo compita ao máximo nivel.

📍 Lugar: Piscina Javier Gómez Noya, Ferrol
📅 Datas: 27 e 28 de setembro de 2025
🏆 Obxectivo: Disfrutar, competir e seguir formando deportistas

O Club Waterpolo Santiago recibe o recoñecemento do Concello pola súa gran tempada

Hoxe 18/09/2025 o Concello de Santiago de Compostela tivo a amabilidade de recibirnos no Pazo de Raxoi para render homenaxe ao Club Waterpolo Santiago polo excelente traballo de todo o Club destacando as nosas categorías inferiores na tempada 24/25.

Club Waterpolo Santiago no Concello de Santiago de Compostela

Durante o acto, a alcaldesa e representantes da corporación municipal felicitaron a xogadores, adestradores e familias polos éxitos acadados e polo compromiso mostrado ao longo de todo o ano. Este recoñecemento é para nós unha gran honra e unha motivación para seguir traballando con ilusión polo desenvolvemento do waterpolo en Santiago.

As categorías inferiores do club demostraron un nivel extraordinario esta tempada, participando en ligas e torneos autonómicos e nacionais, e acadando resultados que nos enchen de orgullo. Máis alá das vitorias deportivas, este éxito é o reflexo do esforzo diario, do espírito de equipo e dos valores que queremos transmitir: respecto, sacrificio e paixón polo deporte.

Seguiremos traballando con esforzo e ilusión para representar con orgullo a cidade de Santiago en cada competición e levar o nome da nosa cidade por toda Galicia e o resto do Estado.

¡Grazas a todos por acompañarnos neste camiño e por crer no deporte como motor de unión, saúde e superación!

Campionato Galego Cadete

  • Os días 27 e 28 de setembro, disputarase na piscina Javier Gómez Noya de Ferrol, o Campionato Galego Cadete Mixto Xunta de Galicia de Wáter-Polo. Dará comezo o sábado as 15:15 horas coa fase preliminar. O domingo, xogaranse as semifinais as 10:30 horas e as finais a partir das 16:00 horas.

Gala – Federación Galega de Natación 2025

O próximo 11 de outubro,terá lugar a II Gala FEGAN onde a Xunta Directiva e a Comisión de Premiación de Federación Galega de Natación, deciden outorgar os premios e distincións polos resultados obtidos durante a tempada 2024/2025.

A entrada sera as 18:30h, no auditorio Reveriano Soutollo de Ponteareas.

TEMPADA 25 / 26

Se che gusta nadar e queres un deporte en equipo, ¡o waterpolo é para ti! Achegámoste ás nosas xornadas abertas para probar sen compromiso.

🏆 España conquista o mundo! Éxito histórico no Mundial de Waterpolo 2025

Campións do mundo: equipo masculino
O 24 de xullo de 2025, en Singapur, a selección masculina de waterpolo proclamouse campioa do mundo por cuarta vez tras vencer a Hungría nunha final memorable por 15‑13.
– Protagonistas da final: Á. Granados e B. Sanahuja brillaron con cinco e catro goles, respectivamente.
– Defensa sólida: Unai Aguirre foi clave baixo paus cunha actuación impecable.
– Despedida de lenda: Felipe Perrone puxo o broche final á súa carreira cun gol decisivo.

Con este triunfo, o equipo suma o seu cuarto título mundial despois dos acadados en Perth 1998, Fukuoka 2021 e Budapest 2022.

Bronce brillante: equipo feminino
A selección feminina tamén fixo historia ao acadar a medalla de bronce, superando a Estados Unidos por 13‑12 nun encontro moi igualado.
– A semifinal fronte a Hungría foi dura, pero o equipo soubo sobrepoñerse.
– Con seis caras novas, a mestura de xuventude e experiencia resultou decisiva.
– Xogadoras destacadas: a capitá Anni Espar e a porteira Martina Terré lideraron momentos clave.

España suma así a súa sexta medalla feminina en oito mundiais disputados, consolidándose como unha referencia internacional.

🎉 Parabéns ás seleccións masculina e feminina de waterpolo!
Ambos equipos demostraron que o talento, o esforzo e a paixón polo deporte seguen a elevar o nome de España no máis alto do panorama internacional. Un orgullo para o noso deporte acuático!

O CW Santiago pecha a tempada no VIII Torneo Internacional de Nigrán

O club compostelán finaliza a súa participación cun 4.º posto en categoría cadete e un 8.º en infantil mixto tras unha intensa fin de semana de competición.

Unha despedida competitiva para a tempada 2024-2025

O Club Waterpolo Santiago puxo fin á súa tempada deportiva esta pasada fin de semana coa participación dos seus equipos cadete e infantil mixto no VIII Torneo Internacional de Nigrán, celebrado entre os días 18 e 20 de xullo. A competición reuniu en terras pontevedresas a equipos de diferentes comunidades autónomas e mesmo do estranxeiro, consolidándose como unha das citas referenciais do verán para as categorías de base do waterpolo estatal.

Resultados contrastados para as dúas categorías

Na categoría infantil mixta, o CW Santiago quedou encadrado no grupo D, onde debutou cunha derrota ante o equipo catalán Wins Waterpolo por 4-11. Na segunda xornada da fase de grupos, os composteláns impuxéronse con claridade ao Waterpolo Murcia por 11-4, o que lles permitiu optar aos postos do 5.º ao 8.º lugar.

Xa na fase de cruces, o equipo infantil caeu derrotado ante o CW Pontevedra (10-0) e posteriormente fronte ao Club Waterpolo Océano, de Canarias (6-3), resultado que determinou a súa 8.ª posición final no torneo.

Na categoría cadete, o CW Santiago tivo un inicio prometedor. Encadrado tamén no grupo D, venceu con autoridade ao Urgara Txingudi Waterpolo, do País Vasco, por 11-4, e posteriormente ao CW Lugo cun marcador de 12-0. Estes resultados permitíronlle acceder á loita polos postos do 1.º ao 4.º lugar.

Porén, nas semifinais, os santiagueses perderon ante o CW Sestao (9-7) e tampouco puideron superar ao Marina Ferrol na final polo terceiro posto, cun axustado 8-7, finalizando finalmente cuartos.

Valoración positiva dende o CW Santiago

Desde o club compostelán fan unha lectura positiva da experiencia. O adestrador do equipo cadete, Xavi Pérez, destacou que “foi unha fin de semana intensa, onde os rapaces e rapazas deron o mellor de si. Competiron con equipos de gran nivel e a experiencia é moi enriquecedora para o seu desenvolvemento deportivo e persoal”.

“Levamos moitos meses de traballo, adestramentos e desprazamentos. Este torneo é tamén un recoñecemento a ese esforzo colectivo”.

Preparación para a vindeira tempada

Tras o torneo de Nigrán, o CW Santiago inicia agora un período de descanso estival antes de retomar a planificación da tempada 2025-2026, coa previsión de manter os equipos en competición autonómica, e seguir promovendo a formación e captación de novos xogadores.

O club prevé realizar xornadas de portas abertas no mes de setembro.

“Queremos que cada vez máis rapaces e rapazas poidan descubrir e desfrutar do waterpolo en Santiago”, conclúe Xavi Pérez

O RCN de Vigo acolle o VIII Torneo Internacional de Waterpolo con máis participación e proxección

A cita celebrarase en Nigrán do 18 ao 20 de xullo e reunirá equipos infantís e cadetes de distintos puntos de España e do estranxeiro

Sistema de competición adaptado ao número de equipos

O formato do torneo dependerá do número de equipos finalmente inscritos en cada categoría. A competición comezará o venres 18 de xullo pola tarde con partidos de fase de grupos, que continuarán durante a mañá do sábado 19. Pola tarde do sábado celebraranse as semifinais, mentres que o domingo 20 estarán reservadas para as finais. Os encontros constarán de dúas partes de 12 minutos de tempo continuo, segundo establece o regulamento interno da organización.

“Dúas categorías, un só obxectivo: dar o mellor de nós. Forza, Club Waterpolo Santiago!”

ENHORABOA POLO TRIPLETE, CAMPÍONS!

Tempada 24/25 CW Santiago Alevín A

Lista ordenada alfabéticamente – ALEVÍNS A –

  1. Andrea González González
  2. Carmela Barreiro González
  3. Enzo Mera Salgueiro
  4. Flavia Iglesias Velo
  5. Gael Caamaño Fernández
  6. Isaac Papín Sánchez
  7. Iván Vieites Marey
  8. José Manuel Olveira Santos
  9. Julia Alvar Pozo
  10. Manuel Barreiro Creo
  11. Martín Barreiro González
  12. Rubén Suárez Pardo
  13. Sofía Uzal Ferro
  14. Tomás Gándara del Río
  15. Xurxo Carracedo Romero

O CW Santiago acada o terceiro posto no Campionato Galego Infantil de Verán

O equipo compostelán logra a medalla de bronce nun torneo disputado en Cervo tras vencer con solvencia ao CW As Mariñas

Bronce con sabor a mérito no Campionato Galego

O Club Waterpolo Santiago obtivo o pasado sábado, 29 de xuño, un destacado terceiro posto no Campionato Galego Infantil Mixto de Verán, celebrado na piscina municipal de Cervo (Lugo). Nun torneo que reuniu aos mellores equipos da comunidade nesta categoría, o conxunto compostelán soubo impoñerse con autoridade na fase de grupos e asegurar a medalla de bronce fronte ao CW As Mariñas cun marcador contundente de 12-2.

Resultados sólidos na fase de grupos

Encadrado no grupo B da competición, o CW Santiago comezou a súa participación cun bo nivel competitivo. Na xornada matinal, impúxose con claridade ao CW Coruña por 10-1 e ao CW Pontevedra B por 13-3, demostrando unha boa combinación de defensa sólida e eficacia ofensiva.

O único tropezo da fase chegou ante o Real Club Náutico de Vigo, vixente campión de liga e principal favorito ao título. O equipo vigués, que remataría proclamándose campión tamén neste torneo, superou aos santiagueses nun encontro que confirmou o alto nivel da escuadra viguesa.

Bronce logrado con autoridade

Xa pola tarde, co segundo posto do grupo B asegurado, o CW Santiago enfrontouse ao CW As Mariñas, segundo clasificado do grupo A, na loita pola medalla de bronce. Os composteláns dominaron o partido desde o inicio, cun xogo organizado e unha defensa moi efectiva, que lles permitiu controlar o ritmo e pechar o encontro cun claro 12-2.

"É un resultado moi satisfactorio. O grupo leva meses traballando duro e este premio é unha mostra do seu compromiso", destacou Xavi Pérez, adestrador do CW Santiago, tras o partido. Tamén sinalou que “estes torneos permiten aos rapaces medrar, competir e aprender valores fundamentais no deporte como o compañeirismo e o esforzo”.

Formación e proxección de novos talentos

O Club Waterpolo Santiago continúa consolidándose como unha das entidades máis activas na formación de base na zona centro de Galicia. Cunha canteira en crecemento e participación regular nas principais competicións autonómicas, o club compostelán aposta por un modelo formativo onde o desenvolvemento persoal dos xogadores vai da man do deportivo.

“O máis importante nestas idades é que os nenos e nenas disfruten, aprendan e se sintan parte dun equipo. Os resultados como este terceiro posto son importantes, pero aínda máis o camiño que percorremos para chegar ata aquí”, afirmou un membro da directiva do club.

Un balance positivo e proxección para vindeiras citas


O bronce acadado no Campionato Galego Infantil de Verán pecha unha tempada positiva para o CW Santiago nesta categoría. O club xa está a traballar na planificación da vindeira tempada, na que se marcarán novos obxectivos deportivos e formativos.