O CLUB WATERPOLO SANTIAGO
TERCEIRO NO XUVENIL GALEGO

Logo Club Wterpolo Santiago

Este pasado sábado celebrouse na piscina militar naval de Marín o Campionato Galego Xuvenil onde o noso equipo tivo unha moi boa participación acabando no terceiro posto logo de disputar a fase de grupos onde cunha vitoria ante Mariña Ferrol e unha derrota ante Waterpolo Pontevedra deulle a opción de disputar o terceiro e cuarto posto, conseguindo a medalla de bronce logo de vencer a Natación Coruña.
A xornada arrincou co partido máis complicado da xornada ante o que ao cabo sería o campión (CW Pontevedra), partido que estivo igualado durante a primeira metade do encontro e que daba opción á sorpresa, aguantado ben cunha boa defensa aos favoritos, pero un mal terceiro cuarto fixo que o pontevedreses escapásense no marcador e que pese á loita dos nosos fose imposible remontar, acabando o encontro cun once a seis favorable aos pontevedreses.

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – FASE GRUPOS

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO
         11 – 6
(3-2; 2-2:4-1; 2-1)

CW SANTIAGO:
MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (1), LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (1), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (4), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, IAGO GARABATO

DIVISION

O segundo encontro disputárono os santiagueses ante o Club Mariña Ferrol, e logo dun mal comezo con numerosos erros en ataque propicio que os ferrolanos escapásense no marcador cun cero a tres que poñía moi costa arriba o encontro, pero un gran terceiro cuarto cun parcial de catro a cero para os santiagueses púxoos por diante no marcador para acabar levándose o encontro por sete goles a cinco, o que lles daba a opción aos santiagueses de loitar pola medalla de bronce ante Natación Coruña.

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – FASE GRUPOS

CW SANTIAGO – CM FERROL
            7 – 5
(0-2; 1-1; 4-0; 2-2)

CW SANTIAGO:
MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS, LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (2), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (4), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO (1), IAGO GARABATO

DIVISION

Para rematar na xornada de tarde disputouse o partido polo terceiro e cuarto posto ante o xa mencionado Natación Coruña, segundo clasificado do grupo B. O partido comezou con numerosos erros tanto defensivos como ofensivos dos santiagueses na primeira metade do encontro que fixo que os coruñeses distanciásense de ata tres goles de diferenza, pero dous últimos cuartos onde pecharon ben a defensa e aumentaron o acerto en ataque deu o triunfo final aos santiagués por un resultado final de once a nove que lles outorgaba o terceiro posto e a medalla de bronce. Éxito dos nosos deportistas que seguen coa boa dinámica dos equipos santiagueses durante esta tempada.

TERCEIRO E CUARTO POSTO

CW SANTIAGO – CN CORUÑA
11 – 9
(1-3; 4-5; 3-0; 3-1)

CW SANTIAGO:
MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (3), LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (3), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (3), ANTONIO MOSCOSO (1), PABLO CHICO (1), IAGO GARABATO

CLASIFICACION FINAL:

CAMPION CW PONTEVEDRA
SUBCAMPION RCN DE VIGO
TERCEIRO CW SANTIAGO
CUARTO CN CORUÑA
QUINTO CM FERROL

 

patrocinadores

Advertisements

About Club Waterpolo Santiago

Blog oficial del Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s