CRÓNICA SANTIAGO – PONTEVEDRA

 

TRES VITORIAS ANTE PONTEVEDRA

Logo Rana

Este sábado quince de decembro disputouse a penúltima xornada das Ligas Galegas en Sta Isabel por parte do Clube Waterpolo Santiago cun balance de tres vitorias, un empate e unha derrota ante o Clube Waterpolo Pontevedra.

    A xornada iniciouse co encontro da primeira división absoluta feminina. Partido entre equipos invictos,  que se prevía igualado e que se saldou con resultado final de empate a sete. Exceptuando ao inicio do encontro onde as visitantes marcaron o gol inicial, as locais levaron sempre a iniciativa no marcador colocándose un gol arriba que as visitantes conseguían igualar. A falta de dous minutos do fin do encontro, as do Lérez conseguiron o seis a sete. Pero unha situación de superioridad a falta de corenta y oito segundos para o remate, deu o empate ás locais.

Empate final que deixa a ambos equipos igualados na primeira posición da clasificación.

LIGA GALEGA  ABSOLUTA FEMININA

Absoluto Feminino

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA  7- 7 (2-2; 1-1; 3-2; 1-2)

CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO, LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (1), NATALIA ROCHA (2), UXIA SANLUIS, HENAR DE PABLOS, SORAYA LEARTE (2), MARINA MIGUENS (2), MARTA OCAMPO, ELENA VAZQUEZ, CARMEN RODRIGUEZ, CECILIA COBAS

 

O segundo encontro en disputarse enfrentaba aos equipos absolutos B de Santiago e Pontevedra. Un encontro intenso e igualado, que se decidiu a falta dun minuto para a finalización con un gol de superioridad para os locais. Os santiagueses souberon remontar un inicio desacertado en ataque que propiciou que os visitantes se escaparan no primeiro cuarto cunha diferencia de dous goles.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
Absolutos 2ª

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA    10 – 9 (0-2; 4-2; 3-4; 3- 1)

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, MIGUEL FERNANDEZ (1), MATEO RAPOSO, GABOR PAZOS (1), ENMANUEL NIETO (1), ALEJANDRO GOMEZ (3), ANTONIO MOSCOSO, JESUS MONTOIRO (1), RODRIGO VARELA (1), DAMIAN ANTELO (2), PABLO CHICO, LUIS FERRER, JORGE RODRIGUEZ

 

O terceiro enfrentamento  foi a categoría máis pequeña do clube: a benxamín. Cabe destacar a  debut de varios xogadores  e a súa ilusión no seu primeiro encontro. Os máis pequenos saíron a auga con ganas de levarse a victoria e finalmente o equipo venceu por un cómodo oito a catro.

LIGA GALEGA BENXAMIN  MIXTA
carla

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA     8 -4 (3-1; 1-0; 4-1; 0-2)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, SOFIA PEREZ (1), RODRIGO CARRILLO, GUILLERMO CARRILLO (4), ARIANA COLLAZO (2), ALEXANDRE GONZALEZ (1), MARIO CALZADILLA, MAYTE TORRES, AIRAS CAAMAÑO

 

    O penúltimo encontro en disputarse foi entre o equipo alevín B de Santiago e o alevín A de Pontevedra. Nesta ocasión, a vitoria favoreceu aos vistantes que se levaron o partido por un claro un a once. O físico dos Lérez  favoreceu que o esforzo e intenside dos locais non tivera os seus froitos no marcador; pero os nosos conformáronse coa experiencia de seguir mellorando día a día.

LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA

alevin_B1

CW SANTIAGO B– CW PONTEVEDRA A   1- 11 (0-4; 0-1; 0-2; 1-0; 0-2; 0-2)

CW SANTIAGO B: EVA CALZADILLA, PEDRO RUBAL, SARAY GUILBERT (1), BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO, CANDELA RUBAL, IRENA ORDOÑEZ, SOFIA PEREZ, ALEJANDRO CREGO, XULIA GAREA, MARIO CALZADILLA, CARLA DIAZ

Por último, disputouse tamén en categoría alevín o encontro entre o equipo A de Santiago e o B de Pontevedra. Esta vez, co resultado favorable aos locais que gañaron con un cómodo oito a dous. Ao contrario do anterior encontro, o maior físico o tíñamos nós e iso fixo desmarcarnos a favor e deu pé a que participaran todos os xogadores.

LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA

alevin_A02

CW SANTIAGO A – CW PONTEVEDRA B  8 – 2 (2-0; 1-0; 1-1; 1-1; 0-0; 3-0)

CW SANTIAGO A: MAGIN LOPEZ, ZELJKO SUSTIC (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, NICOLAS COLLAZO (2), CARLOS AMIGO (1), GUILLERMO CARRILLO (1), MIGUEL PALACIOS (1), ALEXANDRE GONZALEZ (1), AIRAS CAAMAÑO, RODRIGO CARRILLO
pasteles

Unha xornada intensa que finalizou cunha pequeña reunión de pais e deportistas para confraternizar e desexarnos unahas felices festas a todos.

patrocinadores

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s