CRONICA CAMPIONATO ALEVIN

 CAMPIONATO GALEGO INVERNO

Logo Rana

O CW SANTIAGO “A” SUBCAMPEÓN GALEGO ALEVíN
e
O CW SANTIAGO “B” SEXTO

 

Este pasado domingo día vinte de xaneiro, os equipos alevíns A e B do CW Santiago desplazáronse a Ferrol para participar no Campeonato Galego Alevín de Inverno cun gran balance de resultados e de xogo.

 

A xornada iniciouna o noso equipo B contra Marina Ferrol e pese a superioridade dos ferroláns, os nosos pequenos non deixaron de loitar acabando cun resultado de dez a cero.

 

O último cuarto de final xugouno o noso equipo A, os maiores dos nosos alevíns, que se levaron a vitoria non sen sufrir ante o natación Coruña por un axustado seis a cinco despois dun partido dominado polos santiagueses. Esta vitoria do noso equipo A dáballe o pase as semifinales  e a loita polas medallas.

 

Na loita do quinto a u octavo lugar xugou o noso equipo B cruzarse co CW Cambre levándose a vitoria os nosos por un resultado final de seis a nove o que lle daba a opción de optar ao quinto ou sexto lugar.

 

A xornada matinal finalizou coa disputa da segunda semifinal onde o noso equipo A conseguiu levarse a vitoria ante o RCN de Vigo por sete goles a cinco, o que lledaba o pase a final.

 

Na xornada vespertina disputáronse as finais por postos, e naloita polo quinto e sexto posto, o equipo B dos santiagueses caeu ante o natación Coruña cun resultado final de nove a sete cun gran xogo por parte dos nosos que non deron o seu brazo a torcer ata o último cuarto.

 

A gran final disputada polos locales de Ferrol e polo nosos equipo A, rematou coa vitoria clara para os ferrolanos despois dun primeiro cuarto moi igualado que acabou cun empate a un pero un mal segundo cuarto decidiu a final, aínda que os nosos alevíns non deixaron de loitar no partido cun resultado final de dez a dous dando o título aos locais.

 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN DE INVERNO – 2º CUARTO DE FINAL

CW SANTIAGO B – CM FERROL  0 – 10 (0-6; 0-2; 0-2; 0-0)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, PEDRO RUBAL, SARAY GUILBERT, CANDELA RUBAL, ARIANA COLLAZO, IRENA ORDOÑEZ, ALEJANDRO CREGO, MARIO CALZADILLA, XULIA GAREA

 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN DE INVERNO – 4º CUARTO DE FINAL

CW SANTIAGO A – CN CORUÑA  6 – 5 (2-0; 2-1; 0-3; 2-1)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, MANUEL J. RUBIAL (1), MIGUEL PALACIOS (2), CARLOS AMIGO (1), NICOLAS COLLAZO (2), ALEXANDRE GONZALEZ, BIETO CARBALLO, SEBASTIAN ALTAMIRANO, GUILLERMO CARRILLO, ZELJKO SUSTIC, RODRIGO CARRILLO

 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN DE INVERNO – 5º A 8º POSTO

CW SANTIAGO B – CW CAMBRE  9 – 6 (1-1; 2-1; 3-3; 3-1)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, PEDRO RUBAL (1), SARAY GUILBERT (3), CANDELA RUBAL (1), ARIANA COLLAZO (2), IRENA ORDOÑEZ (2), ALEJANDRO CREGO (1), MARIO CALZADILLA, XULIA GAREA

 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN DE INVERNO – SEMIFINAL

CW SANTIAGO A – RCN DE VIGO  7 – 5 (1-0; 1-2; 4-0; 1-3)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, MANUEL J. RUBIAL, MIGUEL PALACIOS (2), CARLOS AMIGO (2), NICOLAS COLLAZO, ALEXANDRE GONZALEZ, BIETO CARBALLO (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), GUILLERMO CARRILLO (1), ZELJKO SUSTIC, RODRIGO CARRILLO

 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN DE INVERNO – 5º Y 6º POSTO

CW SANTIAGO B – CN CORUÑA  7 – 9 (1-2; 2-0; 2-2; 0-2; 1-3; 1-0)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, PEDRO RUBAL, SARAY GUILBERT, CANDELA RUBAL (4), ARIANA COLLAZO (1), IRENA ORDOÑEZ (2), ALEJANDRO CREGO, MARIO CALZADILLA, XULIA GAREA

 

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN DE INVERNO – FINAL
alevin-A.jpg

CW SANTIAGO A – CM FERROL  2 – 10 (1-1; 0-6; 0-1; 0-0; 0-1; 1-1)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, MANUEL J. RUBIAL, MIGUEL PALACIOS (1), CARLOS AMIGO, NICOLAS COLLAZO, ALEXANDRE GONZALEZ, BIETO CARBALLO, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), GUILLERMO CARRILLO, ZELJKO SUSTIC, RODRIGO CARRILLO

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s