TÍTULO BENXAMIN PARA O CW SANTIAGO

     CRONICA PONTEVEDRA- SANTIAGO


Logo Rana

 

Nova xornada de liga para o CW Santiago con desplazamiento este pasado sábado a Pontevedra para disputar catro encontros cun balance de dúas vitorias e dúas derrotas.

O primeiro encontro foi o de categoría benxamín, onde dilucidábase o título de liga entre os únicos equipos participantes nesta liga, e que caeu de lado dos santiagueses que despois dun gran inicio no primeiro cuarto, souberon manter o resultado e acabar vencendo por tres goles a sete que unido á vitoria no partido da primeira volta,  dáballes o título de liga e que sumado ao campionato benxamín de invierno continúan con o seu pleno de vitorias nesta tempada.

LIGA GALEGA BENXAMIN  MIXTA

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO    3 -7 (0-4; 1-0; 1-2; 1-1)

Benjamin

 

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, SOFIA PEREZ (1), RODRIGO CARRILLO, GUILLERMO CARRILLO (4), ARIANA COLLAZO (1), ALEXANDRE GONZALEZ, MARIO CALZADILLA, JOSE BREA, MAYTE TORRES, AIRAS CAAMAÑO (1),

 

O seguinte encontro en disputarse foi entre o equipo alevín A de Santiago e o alevín A de Pontevedra.  Nesta ocasión a vitoria favoreceu aos do Lérez que bateron por cinco goles a tres, nun partido vibrante onde os locais fóronse no marcador con un tres a cero inicial e que los santiagueses souberon reaccionar, chegando a empatar a tres o marcador pero un novo estirón dos locais deulles a vitoria final.

 

LIGA GALEGA ALEVíN MIXTA

CW PONTEVEDRA A – CW SANTIAGO   A 5- 3 (1-0; 2-0; 0-0; 0-3; 2-0; 0-0)

ALEVINES_A_MARZO 2019

CW SANTIAGO A: MAGIN LOPEZ, ZELJKO SUSTIC, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), NICOLAS COLLAZO (1), CARLOS AMIGO, GUILLERMO CARRILLO, MIGUEL PALACIOS (1), ALEXANDRE GONZALEZ.

 

Tamén disputouse en categoría alevín o encontro entre os equipos B de ambos equipos, esta vez con resultado favorable aos santiagueses que impuxéronse por un cómodo sete a dous, despois dun bo inicio dos visitantes que fóronse no marcador no primeiro cuarto e acabaron levándose o encontro.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA

CW PONTEVEDRA B – CW SANTIAGO B   2 – 7 (0-3; 1-0; 0-1; 1-0; 0-1; 0-2)

ALEVINES_B

SANTIAGO B: EVA CALZADILLA, SARAY GUILBERT (4), SOFIA PEREZ, BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO, CANDELA RUBAL (2), IRENA ORDOÑEZ (1), ALEJANDRO CREGO, PEDRO RUBAL,  MARIO CALZADILLA, XULIA GAREA, CARLA DIAZ

 

Para finalizar a xornada disputouse o encontro en categoría cadete, onde os locais conseguiron unha cómoda vitoria despois de vencer nos cuatro parciais, ante un equipo santiagués moi novo e que a pesar do resultado nunca deixou de loitar ata finalizar o encontro.

 

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CW PONTEVEDRA   – CW SANTIAGO  17 – 4 (4-1; 4-1; 5-2; 4-0)

CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, LUIS GUILBERT (2), JESUS PEREZ, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER, ANGEL RODRIGUEZ (1), SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO MALLO, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (1), IAGO GARABATO

patrocinadores

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s