UN TRIUNFO E UNHA DERROTA ANTE FERROL

Logo del Club Waterpolo Santiago

Este domingo pasado os equipos do Club Waterpolo Santiago desprazáronse a Ferrol para un dobre enfrontamento en categorías das ligas Galegas con vitoria para o cadete mixto e derrota do infantil
masculino en categoría infantil mixta.

Iniciou a xornada o equipo cadete que venceu nun partido con dúas caras, un primeiro e segundo cuarto que pese a unha boa defensa non estiveron acertados en ataque con erros e perdas de balón daba vantaxe ao descanso aos ferrolanos cunha vantaxe de catro a dous que poñía costa arriba o partido aos santiagueses, pero unha gran reacción nos dous últimos cuartos cunha gran defensa e bo ataque provoco que desen a volta ao marcador para acabar vencendo por un resultado final de cinco goles a nove.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CM FERROL – CW SANTIAGO 5- 9 (1-0; 3-2; 1-4; 0-3)
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (5), YAGO DIAZ (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), DIEGO FAGUNDEZ, MIGUEL BARCA (1), NICO COLLAZO, LUCAS GARCIA, IAGO FERNANDEZ, BIEITO CARBALLO, MATEO LAMAS, GUILLERMO CARRILLO, MAGIN LOPEZ

Logo da vitoria cadete enfrontáronse os equipos infantil mixto de Ferrol e o masculino dos santiagueses, que como o partido cadete tivo dúas caras diferenciadas, durante os primeiros cuartos os visitantes dominaron o marcador, pero dous últimos cuartos favorables aos ferrolanos deulles a vitoria aos locais por seis goles a catro nun emocionante encontro.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CM FERROL – CW SANTIAGO MASCULINO 6- 4 (1-1; 0-0; 0-1; 2-2; 2-0; 1-0)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ (1), BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL (1), ARTAI ANTELO (1), ANTON FAGUNDEZ, GABRIEL BALSA, AIRAS CAAMAÑO, RODRIGO CARRILLO, GUILLERMO CARRILO (1), MARIO CALZADILLA, SAUL PAPIN

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s