DOBRE VITORIA ABSOLUTA ANTE CW LUGO

CRÓNICA DO 12 FEBREIRO ANTE “CW LUGO” CATEGORÍA DIVISIÓN DE HONOR

Logo del Club Waterpolo Santiago

Este pasado fin de semana os equipos absolutos do club waterpolo Santiago disputaron unha nova xornada de liga con dobre vitoria tanto do equipo masculino por vinte e cinco a tres como o feminino de división
de honor por quince goles a tres ante o CW Lugo, ademais do duelo da primeira volta en segunda división entre o equipo B e o Master levándose o encontro o equipo master por un axustado sete a oito.

Equipos Absoluto Masculino, Absoluto Feminino, Master e Absoluto “B”

Xornada de segunda división entre o dos equipos santiagueses o “B” e Master

A xornada inícioa o enfrontamento de segunda división entre o equipo B dos santiagueses e o equipo master, que se levou o gato ao auga obtendo a vitoria por un axustado sete a oito nun partido moi igualado onde a maior experiencia dos maiores fíxolles xustos vencedores.
A continuación celebrouse o primeiro duelo entre compostelanos e lugueses, partido de claro dominio local que impuxeron un ritmo alto desde o inicio e que pese aos numerosos cambios nunca baixaron o pistón
para acabar o encontro cun vinte e cinco a tres que marcaba o claro do resultado.

Para rematar celebrouse o enfrontamento en categoría absoluta feminina de división de honor, e como no encontro de mozos as santiaguesas dominaron desde o inicio para acabar vencendo por quince goles a tres..

Absoluta feminina división de honor

LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISIÓN DE HONOR
Sábado 12 de Febreiro

CW SANTIAGO – CW LUGO  25 – 3 (7-1; 5-1; 7-0; 6-1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ (2), RAFAEL E. RAMOS (1), ANDRES PEREZ (3), JULIO JOSE BARROSO (1), ALEJANDRO GOMEZ (7), ANTONIO GARCIA, SAMUEL GONZALEZ (3), YAGO DIAZ (2),  XANDRE RODRIGUEZ (1), BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, CARLOS ORDOÑEZ (4)

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISIÓN DE HONOR
Sábado 12 de Febreiro

CW SANTIAGO – CW LUGO 15- 3 (10-2; 1-1; 2-0; 2-0)
CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, ISABEL PEREZ (5), ARIANA COLLAZO (1), VICTORIA LANDEIRA (1) CARLOTA CALZADILLA, IRENA ORDOÑEZ (2), SORAYA LEARTE (1), CANDELA RUBAL (1), SARAY GUILBERT (2), DANIELA PRIETO, SARA IGLESIAS (1), EMMA SANTAMARIA (1)

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º DIVISION
Sábado 12 de Febreiro

CW SANTIAGO “B” – CW SANTIAGO “C”     7 – 8 (1-1; 2-3; 2-2; 2-2)  

CW SANTIAGO B: WILLIAM LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (3), ANTONIO GARCIA, SEBASTIAN ALTAMIRANO, YAGO DIAZ (1), ANXO PANERO, JESUS MONTOIRO, SAMUEL GONZALEZ, JULIO JOSE BARROSO (1), ANTONIO MOSCOSO (2), LUIS GUILBERT   CW SANTIAGO MASTER: DAVID RAPOSO, RAFAEL RAMOS, RAMON TURNES (1), FERNANDO MAYER, FRANCISCO COLLAZO (3), MATEO RAPOSO (1),  BRAIS RAPOSO, JORGE LAREU (1), GONZALO JUAN CALZADILLA, ADRIAN PONTE, MIGUEL ANGEL BARCA (1), DANIEL TOME (1), JESUS PRIETO  

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s