VITORIA EN SEGUNDA E INFANTIL MIXTO
Este pasado sábado o CW Santiago pechou as ligas de categorías cun dobre enfrontamento entre os equipos do club, vitoria do equipo B ante o C en segunda división Absoluta por un axustado doce a once nun partido no que a maior experiencia do equipo Master fíxolle ir por diante no marcador durante os dous primeiros cuartos do encontro, pero un mal terceiro cuarto con numerosas perdas e onde os máis novos apertaron en defensa fíxolles dar a volta ao marcador poñéndose por diante ata con diferenza de catro goles, aínda así os Master non se renderon e a punto estivo de empatar o encontro pero quedáronse sen tempo.
Vitoria tamén do infantil feminino ante o masculino por once goles a un nun encontro dominado claramente os o equipo feminino que tivo moito máis acerto de face a portería que o equipo masculino, que pese a facer un bo encontro a falta de puntería de face a portería foi unha losa.






LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISIÓN
SÁBADO 28 DE maio DE 2022
CW SANTIAGO C – CW SANTIAGO B 11- 12 (2-2; 3-1; 2-6; 4-3)
CW SANTIAGO C: RAUL SEOANE, DANIEL GARCIA (4), RAMON TURNES (1), FERNANDO MAYER, FRANCISCO COLLAZO, BRAIS RAPOSO (1), JORGE LAREU (2), MIGUEL ANGEL BARCA (3), FRANCISCO RICO
CW SANTIAGO B: IAGO GARABATO, CARLOS ORDOÑEZ (1), ANTONIO GARCIA, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), ANTON QUINTELA (3), YAGO DIAZ (1), ANXO PANERO, JESUS MONTOIRO, SAMUEL GONZALEZ (2), ANTONIO MOSCOSO, FERNANDO FERRER (4)
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISIÓN
SÁBADO 28 DE maio DE 2022
CW SANTIAGO FEMENINO – CW SANTIAGO MASCULINO 11 – 1 (2-0; 3-1; 4-0; 2-0; 0-0; 0-0)
CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (3), CANDELA RUBAL (2), ARIANA COLLAZO, XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (5), ALBA MARIA CASTILLO, CIRA SAMPAYO, CANDELA ESPIÑA, XIANA BARREIRO, SOFIA PEREZ (2)
CW SANTIAGO MASCULINO: ALEXANDRE GONZALEZ, BIEITO CARBALLO (1), PEDRO RUBAL, GABRIEL BALSA, ARTAI ANTELO, RAMON GARCIA, AIRAS CAAMAÑO, ANTON FAGUNDEZ, MAURO GONZALEZ- CONCHEIROS, SAUL PAPIN
Con estes dous últimos encontros péchanse as ligas galegas nas que o club conseguiu moi bos resultados, sendo:
CAMPIÓN de Liga e Copa en División de Honor masculina.
Subcampeón e 3º en segunda división absoluta cos equipos C e B respectivamente.
4º na Liga Galega Absoluta feminina de División de Honor.
Subcampeón do Campionato Xuvenil.
Subcampeón en liga cadete.
3º e 4º na liga infantil mixta do equipo masculino e feminino respectivamente.
CAMPIÓN das ligas Alevín e benxamín.
Subcampeonato no Campionato Galego de inverno en categoría infantil por parte do equipo masculino.
CAMPIÓN galego nos campionatos de inverno alevín e benxamín.





Gran tempada dos equipos do club en todas as categorías a falta dos Campionatos Galegos de Verán.