TRIPLA VITORIA ANTE CW CORUÑA RIAS ALTAS
Este pasado sábado o CW Santiago pechou a Liga Galega Absoluta de División de Honor cunha vitoria clara ante o CW Coruña Rías Altas por dezasete goles a oito, que certificaba o título conseguido por loa compostelanos xa na antepenúltima xornada de liga. Partido que desde un principio dominaron os locais que ao descanso vencían por un cómodo oito a tres e que serviu para que todos os xogadores tivesen os seus minutos e celebrar o título de liga cunha vitoria máis.
Tamén houbo enfrontamento en categoría alevín mixto con vitoria para os locais por catro goles a un, nun encontro onde os máis pequenos dominaron o partido desde o segundo cuarto e aínda que os visitantes non deixaron de loitar, os locais non se deixaron sorprender e certificaron o título de liga merecido con só unha derrota en toda a liga.
Para rematar disputouse o encontro entre ambos equipos en categoría cadete mixta, onde os santiagueses fixeron un bo partido marcando o ritmo desde o principio gañando os catro parciais para vencer por un claro trece a catro que lles dá o subcampeonato de liga.












LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISIÓN DE HONOR
SÁBADO 21 de maio de 2022
CW SANTIAGO – CW CORUÑA RIAS ALTAS 17- 8 (5-2; 3-1; 4-1; 4-4)
CW SANTIAGO MASCULINO: WILLIAM A LOPEZ, JORGE RODRIGUEZ, RAFAEL E. RAMOS (1), ANDRES PEREZ (5), ANTON QUINTELA (1), ALEJANDRO GOMEZ (5), ANTONIO GARCIA, ANTONIO CAAMAÑO (1), SAMUEL GONZALEZ, XANDRE RODRIGUEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, CARLOS ORDOÑEZ, PABLO MART
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
SÁBADO 21 DE MAIO DE 2022
CW SANTIAGO – CW CORUÑA RIAS ALTAS 13 – 4 (3-1; 4-2; 3-0; 3-1)
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (3), DIEGO FAGUNDEZ, NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA (), ARIANA COLLAZO (1), SARAY GUILBERT, YAGO DIAZ (7), GUILLERMO CARRILLO, BIEITO CARBALLO, BRUNO PEREZ, MAGIN LOPEZ
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
SÁBADO 21 de maio de 2022
CW SANTIAGO – CW CORUÑA RIAS ALTAS 4 – 1 (0-0; 3-0; 0-0; 0-1; 1-0; 0-0)
CW SANTIAGO: MARIO CALZADILLA, ALEXANDRE GONZALEZ, MATEO ABAL, LUCIA PEÑA, NOA VIEITES, CARLOTA PEREZ, QUEITAN ROMERO, AIRAS CAAMAÑO (3), GAEL CAAMAÑO, GONZALO DE LA MATA, RODRIGO CARRILLO (1), ALEJANDRO RIAL, ANDREA GONZALEZ