UNHA VICTORIA E DÚAS PERDAS EN PONTEVEDRA PARA O CLUB WATERPOLO SANTIAGO
O Club Waterpolo Santiago viaxou, este sábado 12 de outubro, a Pontevedra para disputar un triplo enfrontamento ante o Club Waterpolo Pontevedra cun balance dunha vitoria en categoría Alevín e dúas derrotas na categoría Absoluta feminina da División de Honra e na categoría cadete mixta do noso equipo masculino.
A xornada comezou co partido en categoría Absoluta feminina, partido moi igualado durante os dous primeiros cuartos, partido de poder en poder, que chegou ao descanso cun axustado cinco a catro para as lerezanas, un terceiro cuarto onde se obxectivo donde a puntería das visitantes non estivero acertada, distanciaron tres goles as locais, pero as santiaguesas non se rendiron e chegaron a un só gol a falta de cinco minutos para rematar o encontro, pero de novo as pontevedresas estiraron o marcador ata un final de once a sete, demasiado castigo pola igualdade e o visto no partido.
Seguidamente disputouse o encontro de categoría Alevín mixta, onde os visitantes foron moi superiores aos lerezanos e gañaron un partido por un cómodo once a un, destacando o gran xogo de equipo.
Finalmente, disputouse o encontro na categoría cadete mixta, onde ao igual que na absoluta feminina, os santiagueses estiveron no encontro ata o último cuarto no que entraron cun axustado seis a catro, pero o maior físico dos locais fixolle estirar o marcador ata un once a catro definitivos, o que non reflexa o bo partido dos santiagueses.




LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DA DIVISIÓN DE HONRA
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 11 – 7 (3-2; 2-2; 3-1; 4-2)
CW SANTIAGO: Victoria Landeira, Isabel Pérez, Rosalía Rey, Laura Sanluis, Ariana Collazo (4), Xulia Garea, Irena Ordóñez, Candela Rubal, Saray Guilbert (2), Andrea Fernández, Sara Iglesias, Cecilia Cobas (1).
LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA
CW PONTEVEDRA FEM. – CW SANTIAGO 1- 16 (0-2; 1-4; 0-1; 0-3; 0-3; 0-3)
CW SANTIAGO: Mateo Macías (1), Noa Vieites (4), Gonzalo de la Mata, Andre Sotelo (3), Lucía Peña (1), Adrián Odilon (1), Airas Caamaño (2), Gabriel Vlad (1), Gael Caamaño (3), Andréa González (1)
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 11-4 ( 1-0; 2-2; 3-2; 5-0)
CW SANTIAGO: Magín López, Bieito Carballo, Pedro Rubal, Nicolás Collazo (2), Sebastián Altamirano (1), Artai Antelo, Bruno Pérez, Guillermo Carrillo, Gabriel Balsa, Saúl Papin (1), Alexandre González.
