Cinco deportista do CW Santiago, dous nenos (Alexandre González e Airas Caamaño) e tres nenas (Sofía Pérez, Noa Vieites e Carlota Pérez) foron seleccionados pola Federación Galega para participar en Campionato de España por Comunidades de waterpolo que se celebrará do 21 ó 24 de marco en Madrid.
A selección masculina enfrontarase na fase de grupos a comunidade de Aragón e a selección de Portugal (invitada ó torneo), mentres que a selección femininina terá como rivais nesa mesma fase as comunidades de Murcia e Valencia.
Moitas felicidades ós nosos deportistas e desexarlles moito éxito!
O CW Santiago recibía este sábado pasado nas instalación de Santa Isabel a visita do CW Turia de Valencia, gran favorito a levarse a plaza para desputar a final de fase de ascenso a primeira nacional. Coa máxima ilusión e intensidade saíron as santiaguesas ó encontro, colocándose por diante no marcador co gol inicial, pero as valencianas pouco tardaron en empatar o encontro e empezaron a carburar, índose no marcador xa no primeiro cuarto cun favorable dous a sete, que pese ós esforzos das locais, foron aumentando a cada minuto que pasaba, ata finalizar o encontro cun resultado de cinco a vinte.
Pese a todo gran resposta dun equipo que a media de idade é de dezasete anos, xoven con espíritu e cun gran futuro de cara a seguintes anos.
Este domingo vinteún de maio celebrouse nas instalacións de San Diego de A Coruña o campeonato galego infantil feminino oficioso que enfrentou o CW Coruña e o CW Santiago para decidir quen acudirá o Campeonato de España infantil Femenino de clubes que se celebrará a finais de xuño en Málaga. Vitoria contundente do CW Santiago que se levou o encontro por doce goles a dous, cerrando o marcador con unha diferencia de dez goles xa no cuarto período, dos seis en xogo,e chegando ó final do encontro con un concluinte tres a dezasete, magnífica noticia paraol equipo santiagués que sigue formando canteira.
CLASIFICACIÓN CAMPEONATO DE ESPAÑA INFANTIL FEMENINO
Xornada maratoniana a celebrada este pasado sábado vinte de maio nas instalacións de Santa Isabel
Despois da derrota do equipo absoluto feminino, a tarde disputaronse cutro partidos das ligas galegas de categorías, con un balance de tres vitorias e unah derrota. A primeira vitoria chegou a cargo do equipo alevín mixto, que venceu o club waterpolo Cambre por trece goles a sete, partido con moitas caras novas no equipo santiagués con varios debuts de xogadores, pese a esto vitoria cómoda para los locais que finalizan obtendo un magnífico subcampeonato de liga solo por detrás do náutico de Vigo.
O seguinte encontro en disputarse foi en categoría infantil mixta, donde os santiagueses pese a ser xa matemáticamente campeón de liga, loitaba por acabar invicto a clasificación, partido moi serio dos locais que se distanciaron nos dous primeiros cuartos con unha ventaxa de cutro goles, que souberon manter ata o final do encontro, ó que se chegou con un resultado final de doce goles a oito.
O terceiro encontro da xornada foi tamén en categoría infantil mixta, esta vez o rival era CW Cambre, partido tamén resolto pola vía rápida para os santiagueses que se levaron o encontro por un claro once a un, con minutos para os menos habituais.
Por último celebrouse o encontro en categoría cadete mixta, donde o equipo de santiago feminino caeu de forma clara ante o CN Ferrol por un concluinte tres a veinteún.
Nova xornada para os equipos do Club Waterpolo Santiago a desputada este sábado quince de abril, con tres encontros nas instalacións de Santa Isabel, cun balance positivo de dúas vitorias.
A primeira vitoria foi ante o ACW en cadete masculino, con un concluinte dezaseis a cinco, despois dun encontro onde se mantivo a igualdade durante os dous primeiros cuartos, donde os santiagueses pese a ir por diante no marcador en todo momento non poideron distanciarse chegando ó intermedio con un seis a catro para os locais, pero unha magnífica segunda metade de partido, donde os locais non deron opción, fixolles distanciarse ata o resultado final de dezaseis goles a cinco.
A segunda vitoria chegou no encontro fraticida de segunda división masculina, onde o equipo B dos santiagueses se levou a vitoria, donde a diferencia de goles lles da matemáticamente, a falta dun encontro, o título de liga. Partido serio dos máis novos, que con unha boa defensa e moito acerto en ataque no primeiro cuarto, lles fixo coller unha ventaxa de dous goles que foron aumentado cada cuarto, para acabar vencendo por catro a trece finalmente, que lles daba a vitoria e o mencionado título de liga.
Por último, derrota do noso equipo cadete feminino ante ACW, nun encontro moito máis igualado do que o resultado final indica, partido moi serio das santiaguesas que pese a derrota se mantiveron no encontro ata o terceiro cuarto, no que conseguiron acercarse ata unha diferencia de dous goles, pero o maior físico dos visitantes lles deu a vitoria por seis goles a doce.
CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (4), CANDELA RUBAL, UXIA UZAL, ARIANA COLLAZO (1), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (1), EMMA SANTAMARIA, CIRA SAMPAYO, ALBA MARIA CASTILLO, NOA VIEITES, SOFIA PEREZ
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION
Sábado 15 de abril de 2023
CW SANTIAGO B – CW SANTIAGO C 13 – 4 (3-1; 1-0; 4-1; 5-2)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, JESUS PEREZ (4), SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), NICOLAS COLLAZO, BIEITO CARBALLO, IAGO FERNANDEZ, SAMUEL GONZALEZ (3), YAGO DIAZ (2), ANTONIO MOSCOSO (3), ANGEL RODRIGUEZ, GUILLERMO CARRILLO, RAUL SEOANE
CW SANTIAGO C: DAVID RAPOSO (1), MIGUEL FERNANDEZ, RAMON TURNES (1), DANIEL GARCIA, FRANCISCO COLLAZO, JAVIER GARCIA, BRAIS RAPOSO (1), JORGE LAREU, PABLO LOPEZ, MATEO RAPOSO, MIGUEL ANGEL BARCA (1), PEDRO P. BERNARDEZ
Este domingo cinco de marzo o Club Waterpolo Santiago desplazouse a Coruña para disputar unha nova xornada das ligas galegas, con xornada importante para o equipo masculino de división de honra, que se levou a vitoria por oito goles a cinco, nun partido moi complicado dado as numerosas baixas de xogadores importante. O inicio do partido foi complicado, donde os coruñeres se puxeron por diante no primieiro cuarto cun parcial de dous a cero , que aínda poñía máis costa arriba a vitoria dos santiagueses que non estaban acertados en ataque. O segundo cuarto foi de claro dominio santiagués, que axustaron a súa defensa e conseguiron acertar na portería local, un parcial de tres a cero para os visitantes puxoos por diante no marcador e conseguiron manter a diferencia e incluso aumentala ata o cinco a oito final.
Tamén se disputaron dous encontros de categorías cadete feminino e alevín mixto entre ambos equipos, con derrota para ambos encontros dos santiagueses. O equipo cadete feminino santiagués caeu quince a oito, pese o resultado final este equipo sigue loitando e progresando, seguindo unha línea ascendente na súa progresión. O equipo alevín tamén caeu derrotado pese a gran defensa realizada, o pouco acerto en ataque fixolle caer por un resultado final de tres a un.
CW SANTIAGO: Iago Garabato, Carlos Ordóñez, Jesús Pérez (1), Andrés Pérez (3), Antonio García (1), Rafael E. Ramos (1), Nicolás Collazo, Antonio Caamaño (1), Samuel González (1), Xandre Rodríguez, Guillermo Carrillo, Adrián Campaña.
Este pasado sábado, 10 de decembro, o Club Waterpolo Santiago desplazouse a terras asturianas para disputar una novena xornadas das ligas galegas de waterpolo. Balance positivo para os santiagueses que fixeron pleno de vitorias nos catro partidos desputados.
A xornada deu comezo coa desputa do encontro en categoría cadete entre o equipo ovetense e o equipo femenino santiagués, e foron as compostelanas as que se levaron o gato á auga, vencendo por un resultado de nove a catorce. Partido moi serio do equipo feminino que marcou o ritmo do encontro desde o inicio con una boa defensa, e moi acertadas en ataque. Sigue crecendo e conseguido obxectivos un equipo santiagués con moito futuro.
O segundo encontro en desputarse foi en categoría absoluta masculina de división de honta, partido cómodo para os santiagueses que dominaron no marcador desde o inicio, un primer cuarto de tanteo e despois de correxir no descanso non deron opción ós ovetenses levándose o encontró por un claro seis a vintetrés que lles mantén líderes ó fronte da clasificación.
O terceiro encontró foi en categoría absoluta feminina divisón de honra, donde as visitantes marcaron a pauta dende o primer cuarto, que cun parcial de un a oito deixou setenciado o encontró que se levaron por un rotundo nove a vintecatro final, con minutos para todas as xogadoras e suman a segunda vitoria da tempada.
Por último, desputouse o encontro entre ovetenses e o equipo compostelano masculino en categoría cadete, de novo vitoria para os visitantes por un concluínte sete a vintetrés, outro encontró donde marcaron diferencias dende o comezo, e con minutos para os máis xóvenes e os que menos minutos despoñen noutros encontros.
Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, este pasado sábado día doce de novembro; o Club Waterpolo Lugo visitaba Santa Isabel nunha xornada con catro encontros, cun balance positivo para os santiagueses que se levaron a vitoria nos catro enfrontamentos disputados.
A xornada deu comenzo co enfrontamento en categoría Infantil Mixta, encontro donde os santiagueses foron moi superiores, distanciándose rápidamente no marcador, con minutos para los xogadores menos utilizados e que rematou cun resultado final de dezasete goles a un.
Seguidamente disputouse un novo enfrontamento, esta vez en categoría cadete, donde o cadete masculino santiagués tamén venceu por un cómodo dezasete a dous, despois de deixar sentenciado o encontro no primeiro cuarto o cal se rematou cun oito a cero, que como no encontro anterior deu minutos ós xogadores menos habituales de cara a vindeiros encontros que serán de maior dureza.
A continuación, disputouse o encontro en categoría cadete de novo, esta vez enfrentaba ó cadete feminino santiagués de novo ante os lugueses, de novo encontro moi cómodo para as locais, que se levaron o encontro por un claro dezaseis a tres, primeira vitoria da tempada para las féminas que continúan progresando a pasos axigantados.
Por último disputouse o encontro na categoría Absoluta Masculina de División de Honra entre ambos conxuntos, e pese a un primeiro cuarto con moitos erros por parte dos locais e que finalizou cun dous a uno para os santiagueses, encontro finalizou cun resultado final de vinte dous a catro despois de tres cuartos donde os locais non deron opción a sorpresa, apuntalando a defensa e finalizando as situacións de ataque en gol.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONRA
CW SANTIAGO – CW LUGO 22- 4 (2-1; 6-1; 8-2; 6-0)
CW SANTIAGO MASCULINO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ (1), JESUS PEREZ, ANDRES PEREZ, ANTONIO GARCIA (2), PABLO PIÑEIRO (4), SAMUEL GONZALEZ (1), ANTONIO CAAMAÑO (5), ALEJANDRO GOMEZ (6), XANDRE RODRIGUEZ (1), BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1), PABLO MARTINEZ
CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ (2), BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL (2), NICOLAS COLLAZO (3), SEBASTIAN ALTAMIRANO, ARTAI ANTELO (1), RAMON GARCIA, BRUNO PEREZ, GUILLERMO CARRILLO (2), GABRIEL BALSA (2), SAUL PAPIN, AIRAS CAAMAÑO (4), GAEL CAAMAÑO (1)
O Club Waterpolo Santiago deu inicio a tempada 22/23 coa desputa da Supercopa Galega Absoluta,encontro que dominaron os santiagueses como actuais campeóns de Liga e Copa, e que os enfrentou ósubcampeón de Copa, o CW Ourense.
Partido típico de pretempada, con moitas cousas a mellorar xa que estamos ó inicio da tempada, pero bo para ir collendo tono competitivo. Aínda así os santiagueses foron superiores desde o inicio, marcando distancia dende o primeiro cuarto, ata lograr unha diferenza de dez goles, que os ourensanos reduciron no último cuarto, para acabar o encontro cun resultado final de catorce goles a nove para o combinado santiagués, que obtiña a súa terciera Supercopa seguida.
SUPERCOPA GALEGA ABSOLUTA Domingo 2 de Outubro de 2022
CW SANTIAGO: Iago Garabato, Jorge Rodríguez, Rafael E. Ramos (1), Andrés Pérez (1), Antonio García, Alejandro Gómez (4), Yago Díaz, Antonio Caamaño (3), Samuel González, Xandre Rodríguez (2), Bruno Sampayo (3), Emmanuel Nieto, Pablo Martínez