PLENO DE VITORIAS ANTE CN OVIEDO
Este pasado sábado, 10 de decembro, o Club Waterpolo Santiago desplazouse a terras asturianas para disputar una novena xornadas das ligas galegas de waterpolo. Balance positivo para os santiagueses que fixeron pleno de vitorias nos catro partidos desputados.
A xornada deu comezo coa desputa do encontro en categoría cadete entre o equipo ovetense e o equipo femenino santiagués, e foron as compostelanas as que se levaron o gato á auga, vencendo por un resultado de nove a catorce. Partido moi serio do equipo feminino que marcou o ritmo do encontro desde o inicio con una boa defensa, e moi acertadas en ataque. Sigue crecendo e conseguido obxectivos un equipo santiagués con moito futuro.
O segundo encontro en desputarse foi en categoría absoluta masculina de división de honta, partido cómodo para os santiagueses que dominaron no marcador desde o inicio, un primer cuarto de tanteo e despois de correxir no descanso non deron opción ós ovetenses levándose o encontró por un claro seis a vintetrés que lles mantén líderes ó fronte da clasificación.
O terceiro encontró foi en categoría absoluta feminina divisón de honra, donde as visitantes marcaron a pauta dende o primer cuarto, que cun parcial de un a oito deixou setenciado o encontró que se levaron por un rotundo nove a vintecatro final, con minutos para todas as xogadoras e suman a segunda vitoria da tempada.














Por último, desputouse o encontro entre ovetenses e o equipo compostelano masculino en categoría cadete, de novo vitoria para os visitantes por un concluínte sete a vintetrés, outro encontró donde marcaron diferencias dende o comezo, e con minutos para os máis xóvenes e os que menos minutos despoñen noutros encontros.
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
CN OVIEDO – CW SANTIAGO FEMENINO 9-15 ( 1-3; 2-5; 2-5; 4-2 )
CW SANTIAGO: Carla Díaz, Saray Guilbert (5), Candela Rubal (1), Uxia Uzal (1), Ariana Collazo ( 5), Xulia Garea, Irena Ordóñez (2), Emma Santamaría, Cira Sampayo, Alba María Castillo, Candela Espiña, Carlota Pérez.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA
DIVISIÓN DE HONRA
CN OVIEDO – CW SANTIAGO 6-23 ( 2-5; 0-6; 4-5; 0-7 )
CW SANTIAGO: Pablo Martínez, Jorge Rodríguez (1), Rafael Ramos (5), Andrés Pérez (1), Antonio García (3), Alejandro Gómez (11), Yago Díaz, Antonio Caamaño, Guillermo Carrillo, Sebastián Altamirano, Bruno Sampaño (2), Adrián Campaña.
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA
DIVISIÓN DE HONRA
CN OVIEDO – CW SANTIAGO 9-24 ( 1-8; 1-1; 3-9; 4-6 )
CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez (6), Laura Sanluis (2), Rosalía Rey (4), Victoria Landeira (2), Ariana Collazo, Irena Ordóñez (2), Xulia Garea (1), Candela Rubal (1), Saray Guilbert (4), Andrea Fernández, Sara Iglesias (1), Cecilia Cobas (1).
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
CN OVIEDO – CW SANTIAGO MASCULINO 7 – 24 ( 2-5; 2-8; 3-5; 0-5)
CW SANTIAGO MASCULINO: Magín López, Bieito Carballo (2), Pedro Rubal (1), Artai Antelo (4), Bruno Pérez, Guillermo Carrillo (9), Gabriel Balsa, Saúl Papin, Airas Caamaño (3), Rodrigo Carrillo.
