Crónica 2º partido Play Off

CW SANTIAGO EMPATA O PLAY OFF FINAL DA LIGA

O CW Santiago empatou o play off final da liga galega Absoluta despois de gañar na piscina de Sta.Isabel ó outro finalista,  o CWG Pontevedra, nun partido marcado pola igualdade e que foi definitivo o terceiro cuarto onde o equipo santiagués mantivo a portería a cero e soubo controlar o final do partido aínda acercándose o equipo visitante a un só gol a falta de dous minutos, pero unha xogada en superioridade na seguinte xogada de ataque e a falta dun minuto e medio colocou o definitivo nove a siete que xa non se moveu ata ó final pese á insistencia do equipo visitante.

Comenzou o partido cun bo tono defensivo do CW Santiago que ademáis soubo acertar nas primeiras xogadas de ataque colocándose cun esperanzador dous a cero, que daba confianza ós seguidores santiagueses nunha piscina de Sta. Isabel cun ambiente extraordinario e cunha asistencia de público excepcional que deu moito ambiente ó partido, pero os xogadores de Pontevedra empataron o encontro ó final do cuarto, e continuou coa la mesma tónica no segundo cuarto, sempre adiantándose o equipo local e empatando o visitante. O terceiro cuarto foi practicamente definitivo, xa que os santiagueses conseguiron despegarse dous goles arriba e manter a portería a cero e souberon manter a renta de dous goles ata o final, que lle daba o empate no play off, e deixa para o próximo día 18 de mayo a resolución desta liga galega tan igualada.

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA  9 – 7 (2-2; 3-3; 2-0; 2-2)

 David Raposo, Adrián Campaña, Luis Ferrer, Dani García (1), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño, Dani Tomé, Ángel Carro, Pablo Suárez (3), Alberto Tomé (1), Carlos Viaño.

Partido contra Pontevedra en directo

Podedes seguir en directo o partido desde o seguinte enlace: http://video.ponte.tv/streaming.php

Tamén se poderá ver desde http://www.ponte.tv/directo

Equipacións

Desde hoxe xa temos dispoñibles as equipacións en Amancio Intersport, para poder elexir a talla máis axeitada.

A data límite para que vos acheguedes a pedir o material será o próximo

17 de maio.

Lembrámosvos os prezos:

prezos

O pantalón do chándal, as bermudas e a mochila levarán o logo do clube bordado, e a chaqueta do chándal, o polo e a camiseta, levarán ademáis serigrafiado na parte de atrás o nome do clube.

Dicir de novo que temos que adiantar o 50% do valor total no momento da reserva.

Graciñas a todos!!!

Sábado 27 RETRANSMISIÓN do Partido de Play-Off

O próximo Sábado 27 de Abril, emitiráse, en directo, por streaming , a través da páxina web Ponte.tv e tamén a través da nosa páxina web o 2º partido de Play-Off que se disputará entre o Club Waterpolo Santiago  e  o Waterpolo Galaico Pontevedra.

 

 

 

 

2º Partido de Play-Off

O  próximo sábado,  27 de Abril , ás 18:30h.

2º Partido de Play-Off

Club Waterpolo Santiago   VS    Waterpolo Galaico Pontevedra

Na Piscina de Santa Isabel,  en Santiago de Compostela.

¡ VINDE  TODOS  A  ANIMAR  AO  NOSO  EQUIPO !

TRAEDE  AOS VOSOS AMIGOS, PAIS, PRIMOS, TÍOS E DEMAIS FAMILIARES.

E lembrade traer : Pitos, Trompetas, Tambores e todo o que teñades para animar.

¡ AGARDÁMOSVOS !

Crónica Liga Galega alevín e 2ª división

 DOBLE VICTORIA DO CW SANTIAGO CONTRA A.C.W

Unha nova xornada da liga galega do CW Santiago na categoría Alevín e absoluta de 2ª división dos nosos equipos foi a que se disputo este domingo en Coruña contra Asociación Coruñesa de Waterpolo e que se saldou con dúas victorias.

 

Os primeiros en xogar foron os alevíns que, despois dunha liga con grandes partidos que se saldaron con derrotas por moi pouco marxe, neste partido conseguiron estrenarse e acadar a primeira victoria da temporada realizando un gran encontro que ó final se reflectiu no marcador.

LIGA ALEVIN

ACW – CW SANTIAGO  10 – 16 (1-5; 1-2; 4-1; 1-2; 0-4; 3-2)

Jorge Gómez, Luis Guilbert (1), Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey (3), Alex Gómez (9), Laura Sanluis, Esteban Carrillo (1), Berta Cobas, Daniel Ferreira, Miguel Castro.

 

O último partido da xornada foi o que enfrontou ós absolutos de 2ª división entre o noso equipo “B” e os absolutos de ACW, partido sen historia que se decidiu nos dous primeiros cuartos cun parcial de doce a dous e que deu unha meritoria 3ª plaza na clasificación do noso equipo ó final desta liga, e que serviu para que os nosos xogadores máis novos vaian fogueando nesta categoría para entrar xa a formar parte do noso equipo absoluto.

LIGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

 ACW – CW SANTIAGO  3 – 19 (0-5; 2-7; 1-3; 0-4)

Carlos Viaño, José Mª del Rio (1), Ramón Turnes (3), Luis Ferrer, Héctor Taboada, Angel Carro (1), Jacobo Pérez, Yago Veiga (1), Bruno Sampaño, Pablo Suarez (9), Alberto Tome (4), Cecilia Cobas.