Crecemento e experiencia cun final positivo.

Equipo do CW SANTIAGO Infantil B, composto por Xogadores de primeiro ano Infantil e Alevín

O equipo Infantil B do Club Waterpolo Santiago tamén estivo presente no Campionato Galego Mixto Infantil de Inverno, ofrecendo unha valente actuación chea de aprendizaxe. Composto por xogadores de categorías inferiores, tanto de primeiro ano infantil como Alevín, o equipo amosou dedicación en cada encontro e pechou a súa participación cunha valiosa oitava posición.

Xogadores do CW SANTIAGO Infantil B

Na fase de grupos, o Infantil B enfrontouse a dous esixentes rivais: CM Ferrol, contra o que perdeu por 0-10, e o CW Pontevedra masculino, cun resultado adverso de 1-11. Estes marcadores leváronos á fase polos postos 7o ao 9o.

Alí disputaron un dos partidos máis igualados do torneo ante o CW As Mariñas, no que case gaña, pero finalmente perdeu por un axustado 9-10. Con todo, o equipo de Santiago pechou o campionato cun gran sorriso, vencendo ao CW Lugo por 10-5, e deixando moi boas sensacións para o futuro.

Quinto posto con sabor a esforzo no Campionato Galego Infantil Mixto de inverno


A pasada fin de semana, o Club de Waterpolo de Santiago viaxou ao Concello de Cervo para competir no Campionato Mixto de Inverno Infantil de Galicia con dous equipos en liza. O equipo Infantil A, tivo unha actuación destacada, rematando nunha meritoria quinta posición tras unha intensa competición.

Equipo Infantil A -Mixto- composto por nenos da categoría Infantil e Alevín. CW SANTIAGO

A fase de grupos comezou cunha sólida vitoria ante o CW As Mariñas por 14-4, nun partido no que o equipo de Santiago amosou un alto nivel tanto en ataque como en defensa. No segundo partido do grupo enfrontáronse ao poderoso RCN de Vigo, que acabou sendo campión do torneo. A pesar do esforzo, o noso equipo caeu por 3-13, resultado que os relegou a loitar pola cuarta a sexta posición.

Nesta nova fase, o Infantil A non logrou superar ao CM Ferrol, caendo 1-11, pero pechou o campionato cunha clara vitoria ante o equipo feminino do CW Pontevedra por 11-1, asinando así un balance final positivo e conseguindo o quinto posto do torneo.

Campionato Galego Infantil Mixto de Inverno

Os días 12 e 13 de abril, a Piscina Municipal Olímpica de Lieiro, no concello de Cervo, será o escenario do Campionato Galego de Wáter-polo Infantil Mixto de Inverno, unha das citas máis importantes do calendario para as promesas deste deporte en Galicia.

O campionato comezará o sábado ás 13:30 horas cos encontros da primeira fase. Xa o domingo, a partir das 10:00 horas, disputaranse as finais, nas que se decidirán os equipos que subirán ao podio desta edición.

Nesta competición participarán nove equipos, entre os cales destaca o Club Waterpolo Santiago, que contará con dúas representacións: o CW Santiago A e o CW Santiago B, reflexo do gran traballo que se está a facer na súa canteira e do crecemento continuo do club.

Este evento promete ser unha auténtica festa do wáter-polo base Galego, onde a deportividade, a paixón e o esforzo serán os grandes protagonistas.

Boa experiencia para os nosos deportistas que continúan en gran progresión.

fed_gal_natacion

Dende o día 3 e ata o 6 de abril, as seleccións galegas infantís de Wáter-polo tanto masculina como feminina participaron no Campionato de España por FFTT nas instalacións de Son Hugo, Palma de Mallorca.

A selección masculina acabou en 13° lugar, despois de perder en dous encontros moi igualados ante Canarias 4-6 e Baleares 9-11 e gañar á comunidade da Rioxa 13-8, o que lles dou a terceira praza do grupo C cruzando nas posicións do 9 ao 14 ante Navarra. Dito partido que caeu ao lado navarro por un axustado 6-7, xa na loita polos postos décimo terceiro e décimo cuarto vitoria cómoda ante a Región de Murcia por 13-7, que lles deu a xa citada décimo terceira praza no campionato.

Pola súa banda a selección feminina deu comezo a súa participación no campionato, cunha vitoria ante a comunidade de Ceuta por 6-4, caendo derrotadas ante Aragón cun 2-12, o que lles deu a segunda praza do grupo 4 debendo cruzarse ante Murcia polos postos do noveno ao decimosegundo. Vitoria clara para as galegas contra Murcia cun 12-2, gran último encontro na loita pola 9° posición ante a comunidade Valenciana á que venceron por 10-7 nos penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a 6 no marcador.

Cuatro xogadores do Club Waterpolo Santiago convocados coa Selección Galega Infantil Feminina e Masculina

O waterpolo galego segue sumando talento e representación a nivel nacional. A Selección Galega Infantil, tanto Feminina como Masculina, contará con catro deportistas do Club Waterpolo Santiago na súa convocatoria para o próximo campionato por federacións.

O torneo celebrarase do 3 ao 6 de abril en Palma de Mallorca, onde os mellores xogadores e xogadoras infantís do país competirán nun evento de máximo nivel. Nesta ocasión, tres xogadoras e un xogador do Club Waterpolo Santiago foron chamados para representar a Galicia, demostrando o gran traballo que se está a facer na nosa base.

Esta convocatoria supón un grande orgullo para o Club Waterpolo Santiago, que segue apostando polo desenvolvemento dos seus xogadores e xogadoras. O esforzo, dedicación e compromiso destes deportistas vese recompensado cunha experiencia única defendendo as cores da nosa selección.

Desde o club queremos felicitalos e desexarlles o mellor nesta competición. Estamos seguros de que levarán o nome do noso club e do waterpolo galego ao máis alto!

Moita sorte, equipo!

DERROTA ANTE PONTEVEDRA

Partido do domingo 23-3-25. Absolutos Mascu.DH do CW SANTIAGO


Desprazamento do equipo absoluto masculino de DH a Pontevedra. Este domingo disputouse a penúltima xornada da fase regular da liga galega, a pesar da intranscendencia do encontro,para o Santiago, terceiro na clasificación, disputaron un partido con dúas metades moi diferentes, Dous primeiros cuartos de gran presión defensiva para chegar ao descanso cun empate a catro, e unha segunda metade do encontro onde a desconexión en ataque e os numerosos erros defensivos provocaron un marcador parcial de oito cero, os locais acabaron levando o partido por 12 goles a 4.