O Club Waterpolo Santiago proclamouse campión da Copa Galega de Wáterpolo ao derrotar na final por 8-6 ao CW Galaico Pontevedra, nunha reedición da pasada final da liga galega. O partido reflexou a rivalidade deportiva existente entre os dous clubes, proporcionando aos espectadores o excelente espectáculo no que redunda un disputado partido de wáterpolo.
Con este titulo o CW Santiago conquista na categoría absoluta os dous títulos galegos, liga e copa, resultando nunha tempada espectacular para o clube.
Esperemos que os éxitos deportivos veñan acompañados dunha maior resposta da sociedade compostelá e que as peticións de axuda que dende a directiva do clube estánse a trasladar a empresas e institucións sexan correspondidas cara á vindeira tempada.