CRONICA COPA ABSOLUTA

O CW SANTIAGO SUBCAMPEÓN
DA COPA GALEGA ABSOLUTA

rana_logo

     Este pasado sábado día sete disputouse a Copa Galega Absoluta en Ourense onde se desprazaron os equipos galegos para a súa disputa, e onde os santiagueses perderon a final fronte ao Club Waterpolo Pontevedra.
Logo de gañar en semifinais ao Club Mariña Ferrol nun partido que comezou cunha gran intensidade por parte dos santiagueses que se foron no marcador por un catro a cero antes de finalizar o primeiro cuarto, a partir dese momento partido cómodo para os santiagueses que mantiveron a diferenza sempre dúas ou tres goles arriba, dando minutos a todos e dosificandose para a final que se debía disputar pola tarde ante o Club Waterpolo Pontevedra, que venceu na outra semifinal ao Club Natación Coruña por catorce a dez.
Ás seis da tarde iniciouse a final entre os dous conxuntos que ademais disputarán os seguintes tres fins de semana a final do play off de liga, saíron moito máis enchufados os pontevedreses que vían porta con facilidade non así como os santiagueses que trazaron boas xogadas pero que non conseguiron definir de face a portería, o cal distanciou aos de lérez cun dous seis ao comezo do terceiro cuarto, que aínda que cun arrean dos santiagueses que chegaron a colocarse a dous goles, pero os pontevedreses conseguiron manter a tranquilidade e atar os nervios para acabar impoñéndose por un resultado final de oito goles a once.

COPA GALEGA ABSOLUTA SEMIFINAL

CN MARINA FERROL – CW SANTIAGO
  9 – 12
(2-4; 2-2; 2-2; 2-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA, PABLO PIÑEIRO, BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO, PABLO CHICO, DAMIAN ANTELO, LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, JORGE RODRIGUEZ.

COPA GALEGA ABSOLUTA FINAL

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
8 – 11
(0-2; 2-3; 2-4; 4-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (2), BRUNO SAMPAÑO (1), ALEJANDRO PADILLA, PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO CHICO, DAMIAN ANTELO, LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, JORGE RODRIGUEZ.

patrocinadores

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s