CRONICA FINAL LIGA ABSOLUTA

DERROTA NO PRIMEIRO PARTIDO
DE PLAY OFF ABSOLUTO

rana_logo

     Este pasado sábado, comezou a final do play off da liga Absoluta de primeira división. Co primeiro partido da final que se disputou no CGTD de Pontevedra e onde o equipo local venceu pola mínima ao Club Waterpolo Santiago por un axustado cinco a catro levándose o primeiro punto da final. Como o marcador indica foi un partido netamente defensivo e que un segundo cuarto que tivo un parcial de tres a cero favorable aos pontevedreses estropeo un gran traballo defensivo dos santiagueses, que comezaran o encontro cunha férrea defensa e non deron opcións no primeiro cuarto aos locais adiantándose no marcador cunha xogada en superioridade, o segundo cuarto xa mencionado foi o que definiu o partido, un parcial de tres a cero foi o que marcou a diferenza no encontro e aínda que un terceiro parcial con outro bo traballo defensivo e logo de resolvelo como o primeiro cuarto achegou aos santiagueses ata o tres a dous co que se iniciou o definitivo último cuarto, todo por decidir e aínda que conseguiron empatar a tres goles a falta de cinco minutos para finalizar o encontro dous goles dos locais estiraron o marcador a un case definitivo cinco a tres a falta dun minuto e medio que os visitantes só puideron recortar ata o cinco a catro final que lle dá o primeiro punto da final ao Club Waterpolo Pontevedra. O próximo día vinte e un de abril disputarase o segundo encontro en Santiago para conseguir igualar a eliminatoria.

FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO
  5 – 4
(0-1; 3-0; 0-1; 2-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (1), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (1), ANGEL CARRO, DAMIAN ANTELO, LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, PABLO CHICO

patrocinadores

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s