UNHA VITORIA E TRES DERROTAS EN VIGO
rana_logo

     Este domingo oito catro equipos do club desprazáronse a Vigo para xogar unha nova xornada das ligas galegas. Os nosos infantís foron os primeiros en disputar o seu encontro, acabando o encontro con vitoria por un axustado nove a once nun partido que desde o primeiro parcial mandaron os santiagueses que cun parcial dun a tres fóronse no marcador e conseguiron manter a renda durante todo o encontro chegando ata a distanciarse no marcador catro goles arriba para acabar vencendo por nove a once despois de que os locais achegásense ata un só gol, pero outro estirón final deu a vitoria por nove goles a once.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO
9 – 11
(1-3; 1-1; 1-2; 1-2; 3-2; 2-1)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, HENOK MARTINEZ (2), FERNANDO FERRER (5), UXIA SANLUIS, SAMUEL GONZALEZ (1), ANTONIO GARCIA (2), ANXO PANERO (1), JESUS PEREZ, MATEO LAMAS.

DIVISION

     O seguinte encontro foi en categoría cadete ante un dos favoritos da categoría, que nun partido que comezou con dous despistes en defensa que estirou o marcador a un tres a cero ao final do primeiro cuarto, a partir dese momento partido moi serio defensivamente que fixo ter dous parciais dun a un no segundo e terceiro cuarto conseguindo incluso o poder haberse achegado no marcador pero as situacións claras falladas fixo que chegarse ao último cuarto cun cinco a dous favorable aos locais que sentenciaron o encontro cun último parcial de tres a un que lles deu a vitoria final por oito goles a tres.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

RCN DE VIGO A  – CW SANTIAGO
8– 3
(3-0; 1–1; 1 – 1; 3–1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT, SANTI ESTURAO, ANXO PANERO, ALEX GOMEZ (3), ANGEL RODRIGUEZ, FERNANDO FERRER, JORGE GOMEZ, HENOK MARTINEZ, ANTONIO GARCIA, CARLOS ORDOÑEZ.

DIVISION

     O seguinte encontro en disputarse foi o segundo partido da semifinal do play off de segunda división entre o segundo equipo dos santiagueses e o equipo absoluto de Vigo, partido con alternativas no marcador que comezou cun primeiro cuarto desastroso dos santiagueses, con despistes defensivos que fixeron que os locais fósense no marcador por un claro cinco a un que parecía que sentenciaba o encontro, pero non foi así, os visitantes espertaron a partir do segundo cuarto e un parcial de de dous a dez cunha gran defensa apoiada cun gran ataque colocábaos cun sete dez a falta de tres minutos para acabar o terceiro cuarto, pero a partir dese momento non souberon manter o resultado e a maior efectividad no último cuarto dos vigueses propiciou a remontada para acabar derrotados por trece a once que non empaña unha moi boa tempada do noso equipo B.

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA ABSOLUTA 2ª DIVISION 2º PARTIDO

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO “B”
          13 – 11
(5–1; 1 –5; 3 – 4; 4–1)

CW SANTIAGO: JAVIER ROMARIS, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (3), ALEX GOMEZ (5), IVAN VIEITES, JESUS MONTOIRO (1), SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (2), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, MARTIN TORREIRA.

DIVISION

     Para rematar disputouse o encontro en categoría alevín, o enfrontamento entre o campión da liga alevín e o equipo “B” dos santiagueses formado na súa maioría por benjamines tivo un resultado claro para os locais que venceron por catorce a cero, pese a iso hai que aplaudir aos nosos máis pequenos que loitaron sen descanso e que en moitas fases do encontro deron unha moi boa imaxe pese á súa inferioridad física, momentos de bo xogo e gran progresión dos nosos pequenos.

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO  “B”
    14 – 0
(3-0; 4-0; 2-0; 1-0; 2-0; 2-0)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT, MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO, NICOLAS COLLAZO, ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, CANDELA RUIBAL, MANUEL JOSE RUBIAL, BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO, PEDRO RUIBAL.

patrocinadores

Advertisements

About Club Waterpolo Santiago

Blog oficial del Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s