O CW SANTIAGO EMPATA
A FINAL DE PRIMEIRA DIVISION
2º PARTIDO PLAY OFF
O Club Waterpolo Santiago empató este pasado sábado a final da Liga Galega Absoluta de primeira División logo de vencer por once goles a dez ao Club Waterpolo Pontevedra. Segundo partido da final do play off e segundo partido decidido pola mínima despois un partido no que os locais conseguiron aguantar a presión de ter que gañar para empatar a eliminatoria. A diferenza do primeiro partido o segundo comezou con moita máis claridade en ataque por ambos equipos e nun primeiro cuarto no que se vía que os dous equipos querían a vitoria a maior claridade en ataque dos visitantes púxoos por diante cun dous a tres favorable. O segundo cuarto foi o parcial que ao cabo decidiu o encontro cunha boa defensa dos locais estiraron o parcial a un catro a dous que os poñía por diante ao descanso cun seis a cinco con todo por decidir. O arranque do terceiro cuarto parecía definitivo para os locais que estiraron o marcador a unha vantaxe de tres goles para os locais (oito a cinco e nove a seis), pero os visitantes non deron o seu brazo a torcer e conseguiron chegar ao final do mesmo só un gol abaixo que deixaba todo por decidir no último e definitivo cuarto, que comezou do peor xeito posible xa que os visitantes conseguiron igualar por dúas veces no marcador ata colocar no luminoso un dez a dez a falta de dous minutos e medio para finalizar o encontro, pero na xogada posterior unha xogada en superioridade dos locais poñía outra vez por diante aos locais co definitivo once a dez e que daba o empate na eliminatoria que se decidirá o vindeiro sábado día vinte e oito ás dezaoito corenta e cinco outra vez na piscina de Santa Isabel.
PLAY OFF FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION 2º PARTIDO
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
11 – 10
(2-3; 4-2; 3-3; 2-2)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (2), BRUNO SAMPAÑO, BRUNO MARTINS (1), PABLO PIÑEIRO (4), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), ALEJANDRO PADILLA, DAMIAN ANTELO, LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA (1), PABLO CHICO
Como antesala ao partido de play off houbo tamén dous partidos das ligas galegas de categorías ante Natación Coruña con vitoria pola mínima en categoría alevín e derrota en categoría infantil. En categoría alevín os santiagueses obtiveron a vitoria por dez goles a nove logo dun partido moi igualado que se decidiu no último cuarto logo dun partido vibrante con diferenzas mínimas no marcador.
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
CW SANTIAGO – CN CORUÑA
10-9
(1-2; 3-2; 1-1; 0-2; 4-2; 1-0)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ (2), IAGO FERNANDEZ, JESUS PEREZ (1), RAUL SEOANE, UXIA SANLUIS (3), YAGO DIAZ (2), ALEX GONZALEZ, LUCAS GARCIA (2), MIGUEL BARCA, EREA VIDAL, MARCO FERNANDEZ.
En categoría infantil vitoria clara visitante cun resultado final de tres goles a once nun encontro onde os coruñeses xa decidiran o encontro ao descanso ao que se chegou cun resultado dun a seis, aínda así os santiagueses non cejaron no seu empeño por intentar achegarse no marcador pero non puideron ante a superioridade dos visitantes.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CN CORUÑA
3 – 11
(0-3; 1-2; 0-1; 1-1; 0-1; 1-3)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (1), MATEO LAMAS.