CRONICA 3º PARTIDO PLAY OFF

O CW SANTIAGO SUBCAMPEON
DA LIGA GALEGA ABSOLUTA

rana_logo

 

     O Club Waterpolo Santiago proclamouse subcampeón da Liga Galega Absoluta de 1ª División logo de caer derrotado nos penaltis polo Club Waterpolo Pontevedra no terceiro e definitivo partido do play off. Como nos dous anteriores encontros disputados o partido foi de poder a poder, sempre os santiagueses por diante no marcador, pero con mínimas diferenzas. Un primeiro cuarto no que os locais saíron moi intensos deu vantaxe de goles cunha magnífica defensa deulles vantaxe de dous goles ( tres a un) que parecía que empezaba a decantar o resultado, pero nada lonxe da realidade os visitantes recompuxéronse e conseguiron chegar ao descanso só un gol abaixo ( seis a cinco), de aí ao final loita intensa na pileta, pero sempre por diante os santiagueses que chegaron ao final do terceiro cuarto un gol arriba ( dez a nove) que deixaba o título por decidir para o último cuarto, un gol dos locais poñía dous goles de diferenza ao comezo do último cuarto, os visitantes non cejaron no empeño e dous erros no último minuto e medio dos locais puxeron o empate a once a falta de vinte e oito segundos, os locais tiveron unha última opción de superioridade pero unha mala decisión en ataque a falta de seis segundos deu posesión aos visitantes que tiveron a oportunidade nun último lanzamento que parou o porteiro local.
Empate e tanda de penaltis e aí foron mellores os visitantes que se levaron a tanda por catro goles a un. Felicitar a ambos equipos pola gran final disputada e enhorabuena aos campións.

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
12 – 15
(3-1; 3-4; 4-4; 1-2)
Penaltis 1-4

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (4), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO, PABLO CHICO, DAMIAN ANTELO (1), LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO

patrocinadores

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s