O CW SANTIAGO SEGUNDO
E TERCERO NO CAMPIONATO BENXAMIN


O pasado sábado 2 disputouse en Pontevedra o Campionato Galego Benxamin, xogandose de modo triangular entre o anfitrión CW Pontevedra e CW SANTIAGO quen acudiu a cita con dous equipos.
No primeiro partido da xornada o CW Pontevedra consegiu superar o CW Santiago B por 7-4, nun partido moi igualado que decidiuse no último minuto do partido. A pesar de que os santiaguese foron mandando no electrónico a meirande parte do partido grazas a un bo traballo defensivo, os fallos en ataque e o xogo tan estaticopropiciaronos do lerez continuar loitando pola victoria durante os tres primeiros cuartos. O ultimo cuarto comezaba cun 3-4 favorable os composteláns, pero os erros defensivos e as imprecisións en ataque fixeron que os de Pontevedra desen a volta o marcador e conseguisen levar a vitoria.
No segundo encontro enfrontáronse os dous equipos santiagués con vitoria do equipo B por 2-9, a pesar do cansazo e comezar perdendo o encontro, os xogadores do equipo B foron capaces de remontar o encontro e conseguir a vitoria grazas a un bo traballo defensivo e a efectividade en ataque, algo do que careceu o equipo A que tivo moitas dificultades para encadear oportunidades de gol.
No último encontro entre o CW Pontevedra e o CW Santiago A saldouse con vitoria dos anfitrións por 9-1 e grazas a cal conseguiron gañar o Campionato. Partido que se decidiu no segundo cuarto onde o cansazo de equipo santiagués notouse en exceso e a pesar de comezar gañando como no partido anterior non foi quen de volver a perforar a portería dos de lérez mentres que estes si tiveron una gran efectividade .
Xogaron por parte do CW Santiago A: IrenaOrdoñez, Alexandre Gonzalez, Pedro Rubal, Ariana Collazo, Bieito Carballo e Rodrigo Carrillo
Mentres que por parte do CW Santiago B: MaginLopez, Eva Calzadilla, Mario Calzadilla, Alejandro Crego, Candela Rubal e GuillermoCarrillo
Clasificación final
1º CW Pontevedra
2º CW Santiago B
3º CW Santiago A
A próxima semana o CW Santiago voltará a Pontevedra para disputar o Campionato Alevin, esta vez contará con triple representación o CW Santiago A formado polos xogadores de 2º ano, CW Santiago B formado por xogadores de 1º ano e benxamíns e por último o CW Santiago Femenino.