CRONICA CM FERROL

CUATRO VICTORIAS ANTE FERROL

Logo Rana

Nova xornada de liga para o Club Waterpolo Santiago. Para iniciar o ano os santiagueses desprazáronse a Ferrol para disputar unha xornada maratoniana con seis partidos en liza, e cun balance de catro vitorias e dúas derrotas nos partidos disputados.
A xornada comezárona os alevines, onde os santiagueses participan con dous equipos, cun balance dunha vitoria (alevín A) e unha derrota (alevín B).Os máis grandes dos nosos alevines saíron victoriosos nun partido que non foi fácil, aínda que a maior calidade e un bo traballo defensivo deulles a vitoria por un resultado final de oito goles a catro. Posteriormente tócolle ao equipo B que paso a paso van mellorando e adquirindo automatismos e que pese á loita pouco puideron facer ante os ferrolanos que acabaron vencendo por un cómodo dezasete a un.

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

CN MARINA FERROL – CW SANTIAGO “A”  4 – 8 (0-1; 1-2; 1-1; 0-2; 1-1; 1-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, PEDRO RUBAL (1), CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT (1), GUILLERMO CARRILLO (2), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (3), BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO (1), RODRIGO CARRILLO

al_ 12_I_ 2020

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

CN MARINA FERROL – CW SANTIAGO “B” 17 – 1 (3-0; 4-0; 3-0; 2-0; 2-1; 3-0)
CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, SOFIA PEREZ (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, EMMA SANCHEZ, GAEL MOURE, AIRAS CAAMAÑO, ALEXANDRE GONZALEZ, MARIO CALZADILLA, CARLA DIAZ
al02_ 12_I_ 2020
Seguidamente disputáronse os dous encontros en categoría infantil mixta, de novo cun balance dunha vitoria do infantil A, encontro que custou máis do esperado polas numerosas baixas e sobre todo a falta de acerto en ataque. Pero a partir do terceiro cuarto unha moi boa defensa dos santiagueses que só concedeu dous goles nos últimos catro cuartos, deulles a vitoria por un resultado final de catro a catorce. Igual que en categoría alevín, o noso infantil B caeu derrotado logo dun inicio con moitos despiste defensivos o que propiciou que os ferrolanos fósense no marcador cun concluínte sete a un nos dous primeiros cuartos. A partir dese momento os santiagueses melloraron tanto en defensa como en ataque para acabar o encontro cun quince a cinco final, que do mesmo xeito que o equipo B alevín, en cada vez partido progresan e van collendo automatismos.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CN MARINA FERROL – CW SANTIAGO “A”  4 – 14 (1-2; 1-2; 0-3; 0-2; 2-3; 0-1)
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (2), JESUS PEREZ (9), NICOLAS COLLAZO (1), SOFIA PEREZ (1), MIGUEL BARCA, YAGO DIAZ, LUCAS GARCIA (1), CARLOTA CALZADILLA, MATEO LAMAS
Inf03_ 12_I_ 2020
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CN MARINA FERROL – CW SANTIAGO “B” 15 – 5 (4-0; 3-1; 3-1; 0-0; 4-1; 1-2)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, EREA VIDAL, ALEXANDRE GONZALEZ, SARAY GUILBERT (4), ARIANA COLLAZO, LUCAS PICHEL, IRENA ORDOÑEZ (1), XULIA GAREA, GUILLERMO CARRILLO, CANDELA RUBAL, PEDRO RUBAL, BIEITO CARBALLO, EVA CALZADILLA.

Inf01_ 12_I_ 2020

O seguinte encontro da tarde foi en categoría Absoluta de División de Honor, partido importante por varios motivos, pero sobre todo para seguir á fronte da clasificación e poder terminar a fase regular con vantaxe de campo para os play off, e os santiagueses leváronse o encontro por un cómodo catro a once final, logo dun encontro no que pese non estar acertados en ataque errando numerosas ocasións, o gran traballo defensivo dos visitantes levoulles á mencionada cómoda vitoria. Destacar o debut de tres dos nosos cadetes que nos minutos que dispuxeron non desentonaron no xogo do equipo.

LIGA GALEGA ABSOLUTA DIVISION DE HONOR

CN MARINA FERROL – CW SANTIAGO 4– 11 (0-1; 1-3; 1-4: 2-3)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, SAMUEL GONZALEZ, ENMANUEL NIETO, FERNANDO FERRER (1), ALEJANDRO GOMEZ (3), PABLO PIÑEIRO (4), DANIEL RODRIGUEZ (1) ANTONIO CAAMAÑO (1), PABLO SUAREZ (1), ANGEL CARRO, ANXO PANERO, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO.

Por ultimo para finalizar a xornada disputar o encontro en categoría cadete mixta, partido moi igualado nos tres primeiros cuartos e que se decidiu no último cuarto onde os santiagueses apertaron en defensa e cun parcial dun a catro deulles unha vitoria importante que lles fai estar nos primeiros postos na clasificación.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CN MARINA FERROL – CW SANTIAGO 9– 13 (2-3; 4-3; 2-3; 1-4)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ (1), JESUS PEREZ, MARTIN ZAS (1), FERNANDO FERRER (6), ANGEL RODRIGUEZ, SAMUEL GONZALEZ (1), YAGO DIAZ, LUCAS GARCIA, ANTONIO GARCIA (2), ANXO PANERO (2), RAUL SEOANE
patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s