TITULO DE LIGA PARA O ABSOLUTO
Este pasado sábado o CW Santiago coa clara vitoria sobre o Club Mariña Ferrol por un concluínte vinte e catro a un conseguiu o título da liga Galega Absoluta de División de Honor e fai doblete ao gañar tamén a Copa Galega Absoluta. Partido sen moita historia onde os compostelanos dominaron desde o principio ante un conxunto ferrolano plagado de xogadores novos, xogando un partido intenso como preparación para a semifinal da Fase de Ascenso Nacional que disputasen os santiagueses o próximo día sete de maio no seu partido de ida ante o Olivar nas instalacións de Santa Isabel ante o equipo aragonés que terá o partido de volta o catorce de maio en Zaragoza.
Ademais do encontro que disputaron os absolutos, tamén se disputaron tres encontros de categorías cun balance negativo de tres derrotas, dous a dez do noso equipo infantil masculino, tres a sete do infantil feminino, ambos en categoría infantil mixta. Tamén caeron derrotados os cadetes por seis a once, en tres encontros nos que a falta de puntería en ataque condicionou os tres encontros. Só queda seguir traballando para mellorar as estatísticas e achegarse aos equipos punteros na táboa.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISIÓN DE HONOR
CW SANTIAGO – CM FERROL 24- 1 (3-0; 6-0; 8-0; 7-1)
CW SANTIAGO MASCULINO: WILLIAM A LOPEZ, JORGE RODRIGUEZ, RAFAEL E. RAMOS (3), ANDRES PEREZ (7), ANTON QUINTELA (4), CARLOS ORDOÑEZ (1), ANTONIO GARCIA, ANTONIO CAAMAÑO (2), SAMUEL GONZALEZ (4), XANDRE RODRIGUEZ (1), BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA, PABLO MARTINEZ





LIGA GALEGA CADETE MIXTA GALEGA
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022
- CW SANTIAGO – CM FERROL 6 – 11 (1-3; 3-3; 1-3; 1-2)
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (1), DIEGO FAGUNDEZ, NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), MIGUEL BARCA, IAGO FERNANDEZ, LUCAS GARCIA, YAGO DIAZ (3), GUILLERMO CARRILLO (1), UXIA UZAL, BRUNO PEREZ, MAGIN LOPEZ
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022
- CW SANTIAGO FEMENINO – CM FERROL 3 – 7 (1-1; 1-2; 0-0; 0-1; 1-2; 0-1)
CW SANTIAGO FEMENINO: EVA CALZADILLA, SARAY GUILBERT (1), CANDELA RUBAL, ARIANA COLLAZO (1), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (1), ALBA MARIA CASTILLO, CIRA SAMPAYO, CANDELA PEÑA, XIANA BARREIRO, CARLA DIAZ
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022
- CW SANTIAGO MASCULINO – CM FERROL 2 – 10 (1-2; 0-3; 0-1; 0-2; 1-2; 0-0)
CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ (1), BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, ALEXANDRE GONZALEZ, GABRIEL BALSA, ARTAI ANTELO, RAMON GARCIA, AIRAS CAAMAÑO, GUILLERMO CARRILLO (1), ANTON FAGUNDEZ, MAURO GONZALEZ-CONCHEIROS, RODRIGO CARRILLO
