Quinto posto con sabor a esforzo no Campionato Galego Infantil Mixto de inverno


A pasada fin de semana, o Club de Waterpolo de Santiago viaxou ao Concello de Cervo para competir no Campionato Mixto de Inverno Infantil de Galicia con dous equipos en liza. O equipo Infantil A, tivo unha actuación destacada, rematando nunha meritoria quinta posición tras unha intensa competición.

Equipo Infantil A -Mixto- composto por nenos da categoría Infantil e Alevín. CW SANTIAGO

A fase de grupos comezou cunha sólida vitoria ante o CW As Mariñas por 14-4, nun partido no que o equipo de Santiago amosou un alto nivel tanto en ataque como en defensa. No segundo partido do grupo enfrontáronse ao poderoso RCN de Vigo, que acabou sendo campión do torneo. A pesar do esforzo, o noso equipo caeu por 3-13, resultado que os relegou a loitar pola cuarta a sexta posición.

Nesta nova fase, o Infantil A non logrou superar ao CM Ferrol, caendo 1-11, pero pechou o campionato cunha clara vitoria ante o equipo feminino do CW Pontevedra por 11-1, asinando así un balance final positivo e conseguindo o quinto posto do torneo.

Campionato Galego Infantil Mixto de Inverno

Os días 12 e 13 de abril, a Piscina Municipal Olímpica de Lieiro, no concello de Cervo, será o escenario do Campionato Galego de Wáter-polo Infantil Mixto de Inverno, unha das citas máis importantes do calendario para as promesas deste deporte en Galicia.

O campionato comezará o sábado ás 13:30 horas cos encontros da primeira fase. Xa o domingo, a partir das 10:00 horas, disputaranse as finais, nas que se decidirán os equipos que subirán ao podio desta edición.

Nesta competición participarán nove equipos, entre os cales destaca o Club Waterpolo Santiago, que contará con dúas representacións: o CW Santiago A e o CW Santiago B, reflexo do gran traballo que se está a facer na súa canteira e do crecemento continuo do club.

Este evento promete ser unha auténtica festa do wáter-polo base Galego, onde a deportividade, a paixón e o esforzo serán os grandes protagonistas.

Boa experiencia para os nosos deportistas que continúan en gran progresión.

fed_gal_natacion

Dende o día 3 e ata o 6 de abril, as seleccións galegas infantís de Wáter-polo tanto masculina como feminina participaron no Campionato de España por FFTT nas instalacións de Son Hugo, Palma de Mallorca.

A selección masculina acabou en 13° lugar, despois de perder en dous encontros moi igualados ante Canarias 4-6 e Baleares 9-11 e gañar á comunidade da Rioxa 13-8, o que lles dou a terceira praza do grupo C cruzando nas posicións do 9 ao 14 ante Navarra. Dito partido que caeu ao lado navarro por un axustado 6-7, xa na loita polos postos décimo terceiro e décimo cuarto vitoria cómoda ante a Región de Murcia por 13-7, que lles deu a xa citada décimo terceira praza no campionato.

Pola súa banda a selección feminina deu comezo a súa participación no campionato, cunha vitoria ante a comunidade de Ceuta por 6-4, caendo derrotadas ante Aragón cun 2-12, o que lles deu a segunda praza do grupo 4 debendo cruzarse ante Murcia polos postos do noveno ao decimosegundo. Vitoria clara para as galegas contra Murcia cun 12-2, gran último encontro na loita pola 9° posición ante a comunidade Valenciana á que venceron por 10-7 nos penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a 6 no marcador.

Cuatro xogadores do Club Waterpolo Santiago convocados coa Selección Galega Infantil Feminina e Masculina

O waterpolo galego segue sumando talento e representación a nivel nacional. A Selección Galega Infantil, tanto Feminina como Masculina, contará con catro deportistas do Club Waterpolo Santiago na súa convocatoria para o próximo campionato por federacións.

O torneo celebrarase do 3 ao 6 de abril en Palma de Mallorca, onde os mellores xogadores e xogadoras infantís do país competirán nun evento de máximo nivel. Nesta ocasión, tres xogadoras e un xogador do Club Waterpolo Santiago foron chamados para representar a Galicia, demostrando o gran traballo que se está a facer na nosa base.

Esta convocatoria supón un grande orgullo para o Club Waterpolo Santiago, que segue apostando polo desenvolvemento dos seus xogadores e xogadoras. O esforzo, dedicación e compromiso destes deportistas vese recompensado cunha experiencia única defendendo as cores da nosa selección.

Desde o club queremos felicitalos e desexarlles o mellor nesta competición. Estamos seguros de que levarán o nome do noso club e do waterpolo galego ao máis alto!

Moita sorte, equipo!

DERROTA ANTE PONTEVEDRA

Partido do domingo 23-3-25. Absolutos Mascu.DH do CW SANTIAGO


Desprazamento do equipo absoluto masculino de DH a Pontevedra. Este domingo disputouse a penúltima xornada da fase regular da liga galega, a pesar da intranscendencia do encontro,para o Santiago, terceiro na clasificación, disputaron un partido con dúas metades moi diferentes, Dous primeiros cuartos de gran presión defensiva para chegar ao descanso cun empate a catro, e unha segunda metade do encontro onde a desconexión en ataque e os numerosos erros defensivos provocaron un marcador parcial de oito cero, os locais acabaron levando o partido por 12 goles a 4.

Excitación ata o final e vitoria pechada

O último partido da xornada foi o máis disputado. Na categoría mixta infantil, o equipo de Santiago enfrontouse a un combativo equipo do Pontevedra nun partido de alta intensidade. Dende o principio, os locais tomaron a iniciativa no marcador, logrando unha vantaxe de catro goles no cuarto cuarto. Con todo, o equipo visitante reaccionou nos dous últimos cuartos, achegándose perigosamente ao marcador. Finalmente, o Club Waterpolo Santiago conseguiu manter a vantaxe e levouse a vitoria por un axustado 10-9, permitíndolles subir á segunda posición da clasificación.

Con esta vitoria plena, o Club Waterpolo Santiago pecha unha xornada memorable, demostrando o alto nivel de todas as súas categorías e reafirmando o seu crecemento na competición.

Triunfo E título asegurado

O segundo enfrontamento do día contou coa categoría Alevín, onde o equipo A do Club Waterpolo Santiago enfrontouse aos de Lérez. Dende o principio, os locais impuxeron o seu ritmo e eficacia, logrando unha importante vitoria por 11-4. Este resultado non só mantén a súa racha invicta na competición, senón que tamén lles asegura matematicamente o título de liga, confirmando o seu dominio absoluto na categoría.

Martín Barreiro Xogador do CWS
Alevin A do CWS

Exhibición e vitoria rotunda

Exhibición e vitoria rotunda do Club Waterpolo Santiago contra CWPONTEVEDRA

Xornada que enfrontou aos máis novos do Club Waterpolo Santiago ante o equipo B de Pontevedra. Nun partido cheo de dedicación e bo xogo, os xogadores máis novos do club demostraron o seu avance cunha contundente vitoria por 8-0. A solidez defensiva e a eficacia no ataque permitiron ao equipo de Santiago dominar de principio a fin, deixando grandes sensacións para o futuro.

O CLUB WATERPOLO SANTIAGO CO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

¡DOBLE XORNADA DE WATERPOLO ESTA FIN DE SEMANA!

Este sábado 22 de marzo xoga na casa o Club Waterpolo Santiago, na Piscina de Santa Isabel. É a oportunidade perfecta para gozar dunha tarde de emoción, goles e paixón polo waterpolo en Santiago de Compostela.

E o domingo 23 seguimos a acción en Pontevedra, na Piscina Rías Do Sur.

#WaterpoloSantiago #PasiónPorElWaterpolo #VamosSantiago