O CW SANTIAGO NA FINAL DA LIGA

Cronica semifinal liga Galega absoluta

absolutos copy

Este pasado sábado O CW Santiago logrou meterse na final da liga Galega absoluta de waterpolo despois dunha traballada vitoria no segundo partido do play off semifinal ante o CW Pontevedra e  colocar o definitivo dous a cero na eliminatoria.

Non comezou ben o partido para os locais, xa que os nervios e a ansiedade por querer poñerse diante dende un principio acabou producindo todo o contrario, finalizando o primeiro cuarto cun desfavorable un a catro que poñía moi costa arriba o partido.. Os axustes  defensivos e a efectividade en ataque no segundo cuarto fixo que os santiagueses lle dirán a volta ao marcador e cun parcial de cinco a cero, poñerse diante no marcador ante un equipo visitante que seguía loitando por empatar la eliminatoria. Terceiro cuarto igualado con toma e daca por ambas partes que despois dun parcial de tres a tres finalizou cun gol arriba para os locais y todo por decidir no derradeiro cuarto, onde los santiagueses a falta de tres minutos distanciábanse dous goles arriba e souberon aproveitar os erros visitantes para remontar ata o definitivo catorce a dez que daba a vitoria e o pase á final aos locais.
Logo Club Wterpolo Santiago

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º PARTIDO

 

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA   14  – 10  (1-4; 5-1; 3-3; 5-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, DAMIAN ANTELO (1), GABOR PAZOS, LUIS FERRER, PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (3), ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA,  MIGUEL A. BARCA (5).

patrocinadores

Campionato de España de Wáter-polo Infantil por CCAA

GALICIA MASCULINA CUARTA E SEXTA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA POR CC.AA


Do seis a nove de abril as Seleccións Galegas de waterpolo, en categoría infantil,  desprazáronse a Madrid para participar no Campionato de España por CC AA, cheos de ilusión e con moitas gañas tres dos nosos deportistas foron en representación do CW Santiago, IAGO GARABATO E LUÍS GUILBERT en categoría masculina e NATALIA VIEITES en categoría feminina.

Gran participación de todos eles, conseguindo dúas clasificacións históricas para a nosa comunidade, un cuarto posto masculino e un sexto feminino nun Campionato onde todo foron eloxios aos nosos equipos pola progresión e o bo xogo, sendo parte clave os nosos tres xogadores que deron unha gran imaxe  xogando contra os mellores xogadores de toda España.

En categoría masculina conseguiron tres vitorias na fase de grupos,  ante Baleares por trece a catro no debut do campionato, ante Cantabria na segunda xornada venceron de forma clara por vinte e tres a tres e na terceira xornada ante unha das favoritas, a Comunidade Andaluza nun gran partido por seis goles a catro, o que lle daba a primeira posición de grupo, obtendo un cruce máis adsequible nos cuartos de final onde se medirían á comunidade de Navarra e que coa vitoria por dez a sete dáballes o pase a semifinais por primeira vez na historia para os Galegos, feito histórico para a nosa comunidade.

De novo cruzouse a Comunidade Andaluza polo camiño pero esta vez foron os andaluces os que templaron mais os nervios e derrotaron aos galegos por un claro quince a oito, o que enviaba á nosa comunidade á loita polo bronce, xa o último partido e cunhas ganas enormes de quedar arriba o noso equipo comezou por diante no marcador pero o cansacio acumulado (seis partidos en tres días) pasou factura e acabaron derrotados por oito goles a tres que daba a medalla de bronce aos Aragoneses e un gran e meritorio cuarto lugar á nosa comunidade.

Na categoría feminina nosas mozas estaban encadradas nun grupo moi duro, debutando ante a que sería a campiona Cataluña caendo derrotadas por un claro dezanove a catro, o segundo partido disputárono ante a comunidade andaluza caendo derrotadas de novo por quince a dous, o terceiro partido as nosas mozas a punto estiveron de dar a sorpresa caendo derrotadas ante País Vasco por nove a sete nun gran partido que estiveron a piques de remontar, iso deulles a cuarta e última posición do grupo o que facía cruzarse ante a comunidade de Aragón na loita do quinto ao oitavo posto onde conseguiron a histórica primeira vitoria para a nosa comunidade na súa segunda participación por catro goles a dous, o que daba un novo enfrontamento ante País Vasco na loita polo quinto posto que aínda que loitaron o indecible acabaron sucumbindo de novo por oito goles a cinco, o que lles outorgou unha sexta praza que lles outorga a mellor clasificación da súa curta participación.

Felicitar á Federación Galega e todos os seus compoñentes pola gran representación neste Campionato e animar a acadar novos obxectivos e aos nosos deportistas pola imaxe dada tanto como selección como representación do noso club.

patrocinadores

CRONICA semifinal Pontevedra

CW SANTIAGO ADIANTASE NA SEMIFINAL

Logo Club Wterpolo Santiago

O pasado fin de semana comezou a semifinal do play off da liga Galega Absoluta ao mellor de tres encontros entre CW Pontevedra e CW Santiago, terceiro e segundo clasificado da liga regular. Como se prevía primeiro e moi igualado encontro o disputado na piscina do CGTD de Pontevedra, onde un gran final deu aos santiagueses a vitoria por un axustado oito a nove. Inicio moi serio en defensa de ambos equipos que deu lugar a numerosos roubos e perdidas en ataque ante as defensa activa de ambos conxuntos que fixo rematar o primeiro cuarto cun empate a un. O segundo cuarto comezou con tres despistes defensivos dos visitantes que estirou o marcador a un catro a un favorable aos de Lérez que estiraban o marcador a un catro a un a mediados do segundo cuarto, pero os axustes defensivos e algo máis de claridade en ataque dos visitantes achegou ao descanso aos santiagueses a un só gol,  cinco a catro que deu outra vez emoción ao encontro. Terceiro cuarto de toma e daca e empate no marcador parcial de dous a dous que deixaba todo para o último e definitivo período ao que se entrou cun sete a seis favorable aos locais e que estirou ata o oito a seis a falta de seis minutos, pero a partir dese momento os visitantes non concederon goles e un parcial de tres goles a cero púxoos por diante no marcador a falta de dous minutos e medio para rematar o encontro, xa non se moveu o marcador paralizando todas as accións desesperadas dos locais aos que non deron oportunidade de empatar.

 

O vindeiro 22 de abril, e en Santiago, xogase o seguinte partido da eliminatoria.

 

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1º PARTIDO

 

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO   8  – 9 (1-1; 4-3; 2-2; 1-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA, LUIS FERRER (2), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (4), PABLO SUAREZ, MIGUEL BARCA, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1) ALEX GOMEZ.
patrocinadores

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL INVERNO

Campionato  Infantil

painter

Partido :          Campionato Galego Infantil Inverno     
Categoría:       Infantil Mixto
Dia:                   sabado 1 abril de 2017         
Hora:               10.40H          
Piscina :          Caranza – Ferrol        
Saida:               8.45H en coche desde Sta. Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

  1. IAGO GARABATO
  2. UXIA SANLUIS
  3. SANTIAGO ESTURAO
  4. SAMUEL GONZALEZ
  5. FERNANDO FERRER
  6. GABRIEL LESENDE
  7. ANTONIO GARCIA
  8. ANTONIO MALLO
  9. ANXO PANERO
  10. ROBERTO CARRO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE      
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN  
COPIA COMPULSADA) E 10 EUROS PARA O PAGO  DA COMIDA

patrocinadores

CRONICA COPA GALEGA ABSOLUTA

CW SANTIAGO SUBCAMPIÓN DA COPA GALLEGAcopa

Este pasado sábado celebrouse na piscina de Sta.Isabel (Santiago) a Copa Galega Absoluta, onde o noso equipo quedou subcampión despois de perder a final ante Natación Coruña por un resultado de once goles a nove.

A mañá comezou ben para os santiagueses que disputaron dous encontros da fase preliminar ante waterpolo Ourense e mariña Ferrol con dúas vitorias cómodas (once a seis no primeiro encontro e once a catro no segundo) a pesar de xogar os dous partidos seguidos.

absolutos2 copy

O primeiro partido , nun horario non habitual, fixo que os santiagueses tardasen un pouco en entrar nel, aínda así,  a mediados do primeiro cuarto xa se distanciaron no marcador que acabou con tres a un, e a partir dese momento minutos para todos os xogadores e controlando o marcador, os tres seguintes parciais foron tamén favorables aos locais para terminar gañando comodamente polo mencionado once a seis.

Despois do preceptivo descanso para os locais e que os xogadores de mariña Ferrol quentasen, comezou o segundo e derradeiro partido dos santiagueses que como no primeiro encontro, solucionaron comodamente  cun resultado final de once a catro clasificándose para a final contra natación Coruña que venceu a Pontevedra no duelo do outro grupo por nove goles a seis. A xornada matinal  rematouse co partido do grupo entre os dous derrotados polo club waterpolo Santiago e que se levou como vencedor a  Ourense por un axustado doce a once.

 

COPA GALEGA ABSOLUTA- FASE PRELIMINAR – GRUPO A

 

CW SANTIAGO – CWP ORENSE  11 – 6  (3-1; 3-2; 3-2; 2-1)

CW SANTIAGO: HUGO BUJAN, RAUL GALLEGO, JESUS MONTOIRO, ALEJANDRO PADILLA (2), LUIS FERRER (1), PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ, ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO (1), ALEX GOMEZ (1), MIGUEL BARCA (1).

absolutos copy

CW SANTIAGO – CM FERROL    11 – 4  (3-1; 2-0; 3-0; 3-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES (2), ALEJANDRO PADILLA(1), JESUS MONTOIRO, PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (2), ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO (1), ALEX GOMEZ, MIGUEL BARCA (1).

 

A xornada de tarde  comezou disputándose o terceiro e cuarto lugar entre waterpolo Ourense e waterpolo Pontevedra, partido moi cómodo para os pontevedreses que acabaron levándose comodamente o terceiro posto tras un resultado de sete a dezaoito.

 

A xornada rematou coa gran final, partido que se prevía igualado entre o primeiro e segundo clasificado da fase regular da liga, pero que cun comezo demoledor dos Coruñeses con dous parciais de catro a un e tres a un deixou practicamente sentenciada a final ao descanso. A pesar do desfavorable do marcador os locais non se renderon, continuaron con moito esforzo e intensidade achegándose no marcador, e a falta de dous minutos e con once a nove tiveron a oportunidade de colocarse a un gol e meterse na final con tempo de acadar o milagre, pero os erros en ataque nese momento e a tranquilidade dos visitantes que conseguiron defender o marcador deixou o resultado definitivo no mencionado once a nove.

 

COPA GALEGA ABSOLUTA – FINAL

 

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 9 – 11
(1-4; 1-3; 3-2; 4-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEX GOMEZ, LUIS FERRER (1), PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), ANGEL CARRO (1), PABLO SUAREZ (1), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, MIGUEL BARCA (1).

 

RESULTADOS COPA GALEGA ABSOLUTA

FASE PRELIMINAR – GRUPO A

CW SANTIAGO – CWP ORENSE 11- 6

CW SANTIAGO – CM FERROL    11-4

CWP ORENSE   –  CM FERROL    12-11

 

FASE PRELIMINAR – GRUPO B

CN CORUÑA – CW PONTEVEDRA  9 – 6

 

3º – 4º POSTO

CWP ORENSE – CW PONTEVEDRA  7 – 18

 

FINAL

CW SANTIAGO – CN CORUÑA  9 – 11

CLASIFICACION FINAL

1º CN CORUÑA

2º CW SANTIAGO

3º CW PONTEVEDRA

4º CWP ORENSE

5º CM FERROL

patrocinadores