LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
O Club Waterpolo Santiago solucionou este pasado sábado pola vía rápida a semifinal do play off da Liga Galega Absoluta de primeira división logo de volver vencer ao Real Club Náutico de Vigo no segundo partido da semifinal que os enfrontaba. Bo inicio de encontro dos santiagueses que se distanciaron nos dous primeiros cuartos cuns parciais de catro a dous e catro a un que lles daba unha vantaxe ao descanso de cinco goles, vantaxe que parecía definitiva vendo o desenvolvemento do encontro dos locais cunha defensa moi seria e un ataque contundente. Pero un terceiro cuarto onde os santiagueses fallaron numerosas ocasións en ataque e un equipo vigués que non daba o seu brazo a torcer provocou un parcial dun a tres que achegou aos visitantes ata un nove a seis que os santiagueses solucionaron no último cuarto cun novo parcial favorable de catro a un para finiquitar o encontro co resultado final de trece a sete e conseguir a segunda e definitiva vitoria para meterse na final á espera do segundo finalista que sairá do duelo entre Club Natación Coruña e Club Waterpolo Pontevedra, que dominan estes últimos por unha vitoria a cero.
SEMIFINAL PLAY OFF LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION ─ 2º PARTIDO
CW SANTIAGO ─ RCN DE VIGO 13 – 7 (4-2; 4-1; 1-3; 4-1)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO (1), ENMANUEL NIETO, LUIS FERRER (3), ALEJANDRO GOMEZ (3), PABLO PIÑEIRO (4), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (1), DAMIAN ANTELO, ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, MARTIN TORREIRA
Ademais do partido da semifinal do play off, tamén se disputaron tres partidos das ligas alevín mixto, absoluta feminina e absoluto de segunda división. Os máis pequenos foron os que iniciaron a xornada cun encontro dos alevines B, que ante un equipo físicamente superior deron batalla e guerra ata prácticamente finalizar o encontro logo de perder tres dos catro primeiros cuartos pola mínima e conseguir un empate, un mal quinto cuarto fixo que o resultado final de dous a nove non reflectise o que foi o encontro e onde os máis pequenos están crecendo en cada partido.
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
CW SANTIAGO B – RCN DE VIGO 2 – 9 (0-1; 0-1; 1-1; 0-1; 0-4; 1-1)
CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (1), SOFIA PEREZ, BIEITO CARBALLO, CANDELA RUBAL, IRENA ORDOÑEZ (1), ALEJANDRO CREGO, PEDRO RUBAL, XULIA GAREA
Seguidamente disputouse o encontro en categoría absoluta feminina onde as locais comezaron o encontro cun parcial espectacular de cinco a cero moi superiores tanto en defensa como en ataque pero un segundo cuarto onde tres despistes en defensa das locais provocaron tres penaltis favorable ás visitantes igualou o encontro chegándose ao descanso cun sete a catro para as locais pero con todo por decidir de novo as viguesas recortaron no terceiro cuarto cun parcial de dous a tres que deixaba todo por decidir no último e definitivo cuarto, onde as locais empezaron moi seguras en defensa e en ataque para distanciarse cunha diferenza de catro goles que souberon administrar ata o final para acabar vencendo por doce a once que lles permite acabar subcampeonas de liga no primeiro ano de participación.
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMENINA
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 12 – 11 (5-0; 2-4; 2-3; 3-4)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO, LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (2), NATALIA ROCHA (5), UXIA SANLUIS, HENAR DE PABLOS (4), SARAY GUILBERT, ADRIANA RODRIGUEZ, CARMEN RODRIGUEZ, CECILIA COBAS (1)
Para finalizar a xornada disputouse o encontro da liga galega absoluta de segunda división, onde tanto os santiagueses como os olívicos disputábanse o subcampeonato de liga e onde os locais leváronse o encontro holgadamente por un trece a seis final aínda que non sen sufrir e loitar nun partido igualado durante a primeira metade de encontro e resolto o terceiro e último cuarto onde os santiagueses pecharon a defensa e con parciais de catro a cero e cinco a un leváronse a vitoria final e o subcampeonato de liga.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO B – RCN DE VIGO B 13 – 6 (2-2; 2-3; 4-0; 5-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, MIGUEL FERNANDEZ, ENMANUEL NIETO (3), GABOR PAZOS (3), ALEJANDRO GOMEZ (2), ANTONIO MOSCOSO (2), JESUS MONTOIRO, JORGE GOMEZ (1), DAMIAN ANTELO (1), PABLO CHICO (1), JORGE RODRIGUEZ, MARTIN TORREIRA