DOBLE VITORIA ANTE CW CORUÑA
Novo desplazamento este domingo seis de novembro do Club Waterpolo Santiago a Coruña para enfrontarse en tres encontros ante o Club Waterpolo Coruña. Cun balance de dúas vitorias e unha derrota.
O primeiro encontro en disputarse foi en categoría cadete mixta, donde os coruñeses venceron ó cadete masculino santiagués por un resultado de oito goles a cinco, despois dun encontro igualado durante os dous primeiros cuartos que levou o encontro a un tres a catro aó descanso longo, pero un mal terceiro cuarto dos composteláns deu vantaxe ós locais de goles que ampliaron a tres no último cuarto, pese ós esforzos por remontar dos visitantes para acabar o encuentro co citado oito a cinco final.
O segundo encontro en disputarse foi en categoría Absoluta Feminina de División de Honra, encontro donde as compostelanas foron moi superiores ás locais, que solo polos numerosos erros en ataque das visitantes conseguieon manter o resultado igualado durante boa parte do encontro, pero un parcial de dous a cinco no cuarto final das santiaguesas estirou o marcador ata un merecido nove a catorce final que lles da a primeira vitoria da tempada despois de dúas derrotas.
Por último, disputouse o encontro de segunda división masculina cos equipos B de ambos conxuntos, con vitoria cómoda dos visitantes que mandaron no marcador desde o inicio e que despois de ir ampliando o marcador en cada parcial venceron por un cómodo sete goles a doce.




LIGA GALEGA CADETE MIXTA
CW CORUÑA – CW SANTIAGO MASCULINO. 8-5 (1-1; 2-3; 3-0; 2-2)
CW SANTIAGO: Magín López, Bieito Carballo, Pedro Rival, Nicolás Collazo (2), Sebastián Altamirano (2), Artai Antelo (1), Antón Fagundez, Bruno Pérez, Guillermo Carrillo, Gabriel Balsa, Saúl Papin
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMENINA
DIVISIÓN DE HONRA
CW CORUÑA – CW SANTIAGO 9-14 (0-2; 3-2; 4-5; 2-5)
CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez (5), Laura Sanluis, Rosalía Rey (5), Victoria Landeira, Ariana Collazo, Emma Santamaría, Candela Rubal, Saray Guilbert (2), Andrea Fernández, Sara Iglesias, Cecilia Cobas (2)
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2° DIVISIÓN
CW CORUÑA “B” – CW SANTIAGO “B” 7-12 (1-4; 1-2; 3-4; 2-2)
CW SANTIAGO B: Roberto Carro, Carlos Ordóñez (1), Emmanuel Nieto (1), Nicolás Collazo, Fernando Ferrer (3), Jesús Pérez (1), Iago Fernández, Samuel González (4), Yago Díaz (1), Antonio Moscoso (2), Ángel Rodríguez, Pablo Felez, Raúl Seoane.
