Categoría: Noticias clube
Artigo de “EL CORREO GALLEGO .es” 11-03-2013
Waterpolo Santiago y Galaico de Pontevedra, decidirán el campeón
Ambos superaron en las semifinales al Marina y al Coruña, respectivamente
ECG
Santiago. Se cumplieron los pronósticos y tanto el Club Waterpolo Santiago como el Galaico de Pontevedra repetirán la final autonómica en la que se decidirá el campeón gallego. De antemano hay que decir que ambos están clasifcados para participar en la fase nacional de ascenso a la Segunda División.
Los compostelanos se deshicieron del Marina de Ferrol (12-5) en el segundo de los encuentros disputado este pasaso fin de semana en Santa Isabel, mientras que los pontevedreses alcanzaron otro año más la final al superar (8-5) en el segundo encuentro al CN Coruña.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt
Sábado 9 – Todos ás 17:00 h.
O partido comenza ás 17:15 h.
Temos que estar todos en Santa Isabel ás 17:00 h. para coller os mellores sitios para animar ao nos equipo.
Levade Pitos, Trompetas e Tambores.
Ide con moitas gañas de animar e non esquenzades a toda a familia e aos amigos
¡ SANTIAAAGOOOOOO !
¡ A GAÑAAAAR !
Sábado 9 – TODOS A SANTA ISABEL
¡OLA A TODOS!
ESTE PRÓXIMO SÁBADO, NA PISCINA DE SANTA ISABEL, ÁS 17:15 HORAS, O NOSO EQUIPO DE 1ª DIVISIÓN XOGA CONTRA O CN FERROL O 2º PARTIDO DE PLAYOFF, SI VENCEMOS ESTAREMOS CLASIFICADOS PARA O PLAYOFF POLO TITULO GALEGO.
ESPERÁMOSVOS A TODOS PARA ANIMAR AO NOSO EQUIPO DE MAIORES; XOGADORES, PAIS, AMIGOS E TODO O QUE QUEIRA VER UN BÓ PARTIDO DE WATERPOLO. AS NOSAS CATEGORÍAS INFERIORES VENLLES MOI BEN VER PARTIDOS COMO ESTE, PARA VER COMO SE DEBE XOGAR UN BÓ PARTIDO DE WATERPOLO.
E ÁS 19:00 HORAS, O EQUIPO DE 2ª DIVISION ENFRENTARASE A PADRÓN.
Crónica domingo 3 marzo Ferrol
PRIMEIRA VICTORIA NO PLAY OFF SEMIFINAL E TRES DERROTAS NA LIGA
Este domingo as categorías alevín, infantil e cadete, desplazáronse a Ferrol para disputar unha nova xornada da liga, nas súas respectivas categorías contra o Club Marina Ferrol. Así mesmo, o equipo absoluto empezou o play off semifinal contra os absolutos do mesmo equipo, co que foi unha tarde de catro partidos intensos que se saldaron coa victoria nos absolutos e a derrota do resto de equipos.
Os primeiros en lanzarse á auga foron os alevíns do clube, moi mermados por diversas baixas conseguiron realizar durante tres cuartos un partido moi igualado e que non puido aguantar o seu empuxe nos tres últimos cuartos.
CATEGORIA ALEVÍN
CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 13 – 4 (2-0; 1-1; 3-3; 3-0; 3-0; 1-0)
Jorge Gómez, Luis Guilbert (1), Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Alex Gómez (1), Daniel Ferreira, Berta Cobas, Miguel Castro.
O seguinte partido en disputarse foi na categoría cadete onde, aínda que o resultado foi claro en contra do noso equipo, os nosos xogadores vaciáronse e seguiron traballando cun bo xogo en defensa, pero con moitos fallos en ataque, aínda que siguen na súa boa liña de mellora.
CATEGORIA CADETE
CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 9 – 2 (2-0; 4-1; 2-0; 1-1)
Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suarez, Luis Ferrer, Daniel Pérez, David Romeu, Miguel de Uña, Bruno Sampaño (1), Manuel Cebey.
O último partido da liga foi na categoría infantil onde, ademáis de ter un cincuenta por cento de xogadores alevíns e un benxamín, se notou moito a baixa dalgún xogador infantil xa que fisicamente pouco poden facer os nosos xogadores contra o maior físico dos equipos contrarios, e que ó final ocasionou a maior derrota da tarde. Aínda así aplaudir o esforzo de tódolos xogadores do noso equipo.
CATEGORIA INFANTIL
CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 14 – 4 (5-0; 3-1; 4-1; 2-2)
Javier Romaris, Daniel Pérez (1), Otto Gothlin (1), Alexo Castro, Roberto Vieiro, Alex Gómez, Gabor Pazos, Miguel Castro, Luis Guilbert, David Romeu (2), Bruno Sampaño, Manuel Cebey.
O último partido da tarde foi o que enfrentou ós equipos absolutos de ámbolos dous clubes no primeiro partido do play off semifinal da liga absoluta. Partido, coma sempre que se xoga nesa piscina, igualado e que se decidiu nun parcial claro no segundo cuarto, aínda que a punto estivo de complicarse no último cuarto, despois de ir por diante todo o partido con dous e tres goles de diferencia os locais acercáronse ata estar un gol por debaixo, quedando todavía tres minutos para acabar o partido, aínda que o equipo soubo reaccionar e facer dous goles nos dous seguintes ataques para volver colocar as cousas no seu sitio.
CATEGORIA ABSOLUTA – PLAY SEMIFINAL 1º PARTIDO
CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 9 – 12 (2-2; 2-5; 1-2; 4-3)
David Raposo, Adrian Campaña (2), Luis Ferrer, Daniel García, Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño, José Mª del Rio, Angel Carro, Pablo Suarez, Alberto Tome (5), Carlos Viaño.
ESTE PRÓXIMO SÁBADO 9 DE MARZO NOVA XORNADA DE LIGA EN SANTA ISABEL DO EQUIPO “B” CONTRA PADRÓN, E O SEGUNDO PARTIDO DO PLAY OFF SEMIFINAL CONTRA MARINA FERROL, A PARTIR DAS 17.15h.
¡¡¡ESPERÁMOSVOS A TODOS PARA ANIMAR ÓS NOSOS EQUIPOS!!!
O CW Santiago campión da fase regular da Liga Galega Absoluta masculina
O CW SANTIAGO CAMPIÓN DA FASE REGULAR DA LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA
O CW Santiago acabou líder e proclamándose campión da fase regular da liga galega Absoluta de waterpolo por cuarto ano consecutivo. Non dependían deles, xa que o Galaico Pontevedra só necesitaba un punto na última xornada para proclamarse campión e ter campo a favor nos play off; pero a sorprendente derrota contra Natación Coruña truncou as súas expectativas e deu pé a que os santiagueses foran primeiros, e agora sexa o CW Santiago o que teña campo a favor tanto en semifinais como na final no caso de desempate.
Felicitar a tódolos xogadores do equipo que participaron durante esta parte da liga, e a seguir traballando de cara ós play off que dan comezo o próximo día 3 de marzo en Ferrol contra el Club Marina, e que este ano se presentan durísimos, para intentar conseguir un novo título de liga que sería o cuarto consecutivo.
¡¡¡ÁNIMO CHICOS QUE O PODEMOS CONSEGUIR!!!
O Clube Waterpolo Santiago subcampión Galego Xuvenil
Este sábado día 23 de febreiro, celebrouse en Santiago o Campionato Galego Xuvenil de waterpolo no que o noso clube acabou subcampión, despois de gañar a Marina Ferrol e perder contra G. Pontevedra.
A xornada empezou co que se podería dicir que foi a final do Campionato, partido que enfrentou ó CW Santiago contra G.Pontevedra e que durante a maior parte do partido estivo moi igualado, pero a maior condición física e a baixa por tres exclusións dalgún xogador clave dos santiagueses, propiciaron un resultado máis abultado do que se viu no encontro.
CW SANTIAGO – CWG.PONTEVEDRA 11-17 (2-3; 4-4; 3-4; 2-6)
Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Pablo Suarez (2), Luis Ferrer, Héctor Taboada, Angel Carro (2), Bruno Sampaño, Alex Valle, Alberto Tome (7), Miguel de Uña.
Seguidamente deste partido disputouse o segundo e terceiro posto entre os santiagueses e o clube Marina Ferrol. Despois dun comezo con moitos fallos de cara á portería e olvidar a derrota do partido anterior, os nosos xogadores souberon sobrepoñerse e vencer con claridade despois dun gran esforzo tanto colectivo como individual.
CW SANTIAGO – CM FERROL 9 – 4 (1-2; 2-0; 2-1;4-1)
Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Pablo Suarez (1), Luis Ferrer, Héctor Taboada (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Alex Valle, Alberto Tome (7), Miguel de Uña.
Esta próxima fin de semana nova xornada da liga alevín, infantil e cadete en Ferrol, e o primeiro partido do play off semifinal da liga absoluta entre C.Marina Ferrol e CW Santiago.
Sorte a tódolos nosos deportistas.
Campionato Galego Xuvenil de waterpolo 23/02/2013
Este sábado 23 de febreiro terá lugar en Santiago, na piscina de Santa Isabel, o campionato Galego Xuvenil de waterpolo. Os equipos inscritos a este campionato son: CW Galaico Pontevedra, C.Marina Ferrol, e CW Santiago.
Os enfrontamentos quedan da seguinte forma despois do sorteo:
O campionato disputarase por sistema de liguilla “todos contra todos” a unha volta. A duración dos encontros será de catro tempos de 7 minutos a tempo parado, con 2 minutos de descanso.
En caso de empate, procederase ó lanzamento de tandas de penaltis.
Concentración Galega Feminina
O pasado 2 de Febreiro celebrouse unha concentración de waterpolo feminino galego no Complexo Rías do Sur en Pontevedra. Do compoñente santiagues asistiron Ana Leis, Irene Raposo e Sara Chorén.
A xuntanza das rapazas dos tres equipos galegos, Pontevedra, Coruña e Santiago, serviu para coñecer distintas xogadas, aprender de cada unha das xogadoras, e promover o waterpolo feminino. O obxectivo destas concentracións que se están a celebrar nas distintas cidades galegas, é formar unha selección galega de waterpolo feminino competente para asistir o próximo mes de Maio á fase de ascenso a 2ª división.
A impresión das nosas xogadoras foi moi positiva, xa que crea unha unión entre todas elas e deixan a un lado esa rivalidade que existe cando están enfrentadas.
Crónica Vigo 09 de febreiro
DERROTA EN INFANTÍS E VICTORIAS DE CADETES E ABSOLUTOS
Nova xornada de liga disputada esta fin de semana dos equipos infantís, cadete e absoluto do CW Santiago, esta vez contra o RCN de Vigo e que depararon dúas de tres victorias (cadetes e absolutos) e unha derrota en infantís.
Os primeiros en lanzarse á piscina foron os xogadores infantís, que nada puideron facer ante un equipo moi superior fisicamente, pero os nosos xogadores deron o máximo e se estiveran máis acertados de cara á portería o resultado tería estado moito máis xusto. Felicitalos polo esforzo en cada partido e polo traballo diario, que ó final seguro que da os seus froitos.
CATEGORIA INFANTIL
CW SANTIAGO – RCN VIGO 3-13 (1-5; 1-3; 1-4; 0-1)
Javier Romaris, Daniel Pérez, Otto Gothlin, Alexo Castro, Rosalía Rey, Alex Gómez (1), Gabor Pazos, Esteban Carrillo, Roberto Vieiro, David Romeu, Alejandro Valle (2), Bruno Sampaño.
O seguinte partido enfrentou ós cadetes de ámbolos equipos e que, como nos últimos partidos disputados, resultou moi igualado; producíndose esta vez si a primera victoria da temporada do noso equipo nesta categoría que se produxo a falta de só dous segundos para o término do partido e que non fai máis que ver o progreso dos nosos xogadores desde o inicio da temporada. Felicitar ó equipo e animar a que sigan traballando igual ou mellor todavía.
CATEGORIA CADETE
CW SANTIAGO – RCN VIGO 9-8 (2-3; 3-1; 1-0; 3-4)
Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suarez (8), Luis Ferrer, Héctor Taboada, Nazaret Mayo, Daniel Pérez, Miguel de Uña, Bruno Sampaño.
Por último disputouse o partido na categoría absoluta cunha contundente victoria sen paliativos dos xogadores santiagueses que, despois dun primeiro parcial igualado por mor dos errores en ataque, un segundo cuarto impecable deu por sentenciado o partido. Destacar a boa defensa dos nosos xogadores que mantiveron a cero tres dos catro cuartos.
CATEGORIA ABSOLUTA
CW SANTIAGO – RCN VIGO 15-1 (2-1; 6-0; 3-0; 4-0)
Davis Raposo, Adrian Campaña (3), Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), Héctor Taboada, Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Angel Carro, Pablo Suarez (4), Alberto Tome (3).
Esta próxima fin de semana de novo xornada de liga, esta vez sábado 16, partido de 2ª división entre CW Santiago “B” e Ourense, e o domingo 17 en Coruña os equipos Cadete, Infantil e Benxamín.
