CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN E BENXAMÍN PARA O CW SANTIAGO
Intenso fin de semana para o Club Waterpolo Santiago, con varias frontes en xogo e con grandes alegrías, con vitoria nos Campionatos Galegos, Alevin e Benxamín de inverno, ademais de vitoria do equipo absoluto masculino de división de honor en Ferrol ante mariña Ferrol, e derrotas no play-off semifinal absoluto feminino de división de honor e na liga galega infantil mixta do noso equipo feminino.
O fin de semana deu comezo co desprazamento a Pontevedra dos equipos alevines A e B e do noso equipo benxamín para disputar no CGTD de Pontevedra os seus respectivos Campionatos Galegos de Inverno. Os primeiros en saltar ao auga foi o equipo B dos vosos alevines que se enfrontaron no primeiro encontro da xornada ao náutico de Vigo, partido no que caeron derrotados por once goles a un, a derrota fíxolles xogar pola quinta praza e enfrontarse ao club waterpolo Pontevedra no seguinte encontro caendo derrotados de novo por tres goles a dez e logo de obter a vitoria ante o club waterpolo Cambre por oito goles a dous obtiveron a sexta praza, gran resultado e experiencia para venideros encontros dos xogadores máis novos na disciplina do club.

Pola súa banda, o equipo A debía enfrontarse en semifinais tamén ao Náutico de Vigo e nun partido moi intenso os santiagueses cunha gran defensa foron sempre por diante no marcador para acabar vencendo por cinco goles a tres, o que lle daba o pase á final que debía xogar ante o Club Mariña Ferrol vencedor da outra semifinal. Gran partido dos compostelanos na final que non deron opción aos ferrolanos e logo dos tres primeiros cuartos dominaban o encontro por un concluínte seis a cero, e souberon manter o resultado para acabar vencendo por oito goles a tres, proclamándose campións galegos.
CAMPIONATO GALEGO ALEVIN DE INVERNO RESULTADOS

¼ DE FINAL
CW SANTIAGO B – RCN DE VIGO 1- 11 (0-2; 1-3; 0-3; 0-3)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, MATEO MACIAS, GONZALO DE LA MATA, ALEJANDRO RIAL, XOEL VAZQUEZ, MATEO ABAL, QUEITAN ROMERO (1), GHEORGHE GABRIEL, IVAN VIEITES, ADRIAN ODILON, LUCAS VAZQUEZ
POSTOS 5º A 7º
CW SANTIAGO B– CW PONTEVEDRA 3 – 10 (0-2; 1-3; 2-2; 0-3)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, MATEO MACIAS, GONZALO DE LA MATA, ALEJANDRO RIAL, XOEL VAZQUEZ, MATEO ABAL (2), QUEITAN ROMERO (1), GHEORGHE GABRIEL, IVAN VIEITES, ADRIAN ODILON, LUCAS VAZQUEZ
CW SANTIAGO B – CW CAMBRE 8 – 2 (3-0; 3-0; 0-2; 2-0)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO (1), MATEO MACIAS, GONZALO DE LA MATA, ALEJANDRO RIAL, XOEL VAZQUEZ (1), MATEO ABAL (1), QUEITAN ROMERO (5), GHEORGHE GABRIEL, IVAN VIEITES, ADRIAN ODILON, LUCAS VAZQUEZ
SEMIFINAIS
CW SANTIAGO A – RCN DE VIGO 5-3 (2-0; 1-1; 1-0; 1-2)
CW SANTIAGO: MARIO CALZADILLA, ALEXANDRE GONZALEZ (1), ANDREA GONZALEZ, LUCIA PEÑA, CARLOTA PEREZ, GAEL CAAMAÑO, NOA VIEITES, AIRAS CAAMAÑO (2), SOFIA PEREZ (2), RODRIGO CARRILLO
FINAL
CW SANTIAGO A – CM FERROL 8-3 (3-0; 2-0; 2-0; 1-1; 0-1; 0-1)
CW SANTIAGO: MARIO CALZADILLA, ALEXANDRE GONZALEZ, ANDREA GONZALEZ, LUCIA PEÑA, CARLOTA PEREZ, GAEL CAAMAÑO, NOA VIEITES, AIRAS CAAMAÑO (6), SOFIA PEREZ (2), RODRIGO CARRILLO
Campionato Galego Benxamín
Ese mesmo sábado tamén se disputou o Campionato Galego Benxamín de Inverno coa participación dos santiagueses, o club waterpolo Cambre e o club waterpolo Pontevedra, que dirimiron o título nun triangular onde os santiagueses obtiveron a vitoria logo de vencer a Cambre (equipo reforzado con varios xogadores santiagueses) por dez goles a cero e a Pontevedra nun emocionante encontro por nove goles a oito logo de marcar no gol de ouro, xa que se chegou ao final do encontro con empate a oito.
CAMPIONATO GALEGO BENJAMÍN DE INVERNO
RESULTADOS
CW SANTIAGO – CW CAMBRE 10 – 0 (4-0; 3-0; 0-0; 1-0; 1-0; 1-0)
CW SANTIAGO: MATEO MACIAS, UXIA PALMOU (1), LUCAS VAZQUEZ (1), IVAN VIEITES (2), GHEORGHE GABRIEL (1), GAEL CAAMAÑO (1), ISAAC PAPIN (1), ADRIAN ODILON (2), ANDREA GONZALEZ, LUZ CALLE, SARA BERNARDEZ
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 9 – 8 (2-0; 1-2; 0-1; 2-2; 2-1; 1-2; 0-1)
CW SANTIAGO: MATEO MACIAS, UXIA PALMOU, LUCAS VAZQUEZ, IVAN VIEITES (1), GHEORGHE GABRIEL (1), GAEL CAAMAÑO (6), ISAAC PAPIN, ADRIAN ODILON, ANDREA GONZALEZ, LUZ CALLE, SARA BERNARDEZ
Play-off semifinal da Liga Galega Absoluta feminina de División de Honor
Na xornada do sábado tamén se disputou o primeiro encontro do play-off semifinal da Liga Galega Absoluta feminina de División de Honor, esta vez en Santiago na piscina de Santa Isabel co enfrontamento entre o cuarto clasificado na fase regular (as santiaguesas) e o primeiro clasificado o Club Waterpolo Pontevedra, encontro dominado desde o inicio polas visitantes e no cal o novo equipo santiagués nunca lle perdeu a cara ao encontro que logo dun primeiro parcial dun a cinco favorables ás de lerez os seguintes parciais estiveron moito máis igualados, pero nunca as locais conseguiron achegarse no marcador como para poñer en perigo a vitoria das visitantes. Aínda así, gran traballo dun equipo en formación que cada partido que pasa realizan un xogo máis consistente.
RESULTADOS
1º PARTIDO
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 6- 12 (1-5; 2-3; 1-1; 2-3)
CW SANTIAGO: VICTORIA LANDEIRA, ISABEL PEREZ (4), LAURA SANLUIS, ARIANA COLLAZO (1), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (1), CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT, SARA IGLESIAS, CECILIA COBAS


CM FERROL – CW SANTIAGO
Pola súa banda, o domingo os equipos absolutos masculino e infantil feminino desprazáronse a Ferrol para disputar unha das xornadas aprazadas pola pandemia, con resultados desiguais, derrota do infantil feminino na liga galega infantil mixta e humillante vitoria do absoluto masculino de división de honor nun partido aprazado da primeira volta e que fixos os deberes para clasificarse para a fase de ascenso nacional.
A xornada deu comezo co encontro da liga infantil mixta, grande encontro do noso equipo feminino que pese a caer por un resultado de sete a dous non reflicte a realidade do encontro, xa que cun pouco máis de acerto en ataque loitasen pola vitoria, aínda así o equipo segue progresando para conseguir o seu obxectivo que estar no campionato de España de clubs.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CM FERROL – CW SANTIAGO FEMININO 7 – 2 (2-0; 0-0; 0-1; 3-0; 1-1; 1-0)
CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT, CANDELA RUBAL (2), ARIANA COLLAZO, EMMA SANTAMARIA, XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ, ALBA MARIA CASTILLO, CIRA SAMPAYO, XIANNA BARREIRO, SOFIA PEREZ
Para acabar a xornada e o intenso fin de semana, disputouse o partido aprazado da primeira volta en división de honor masculina entre ambos equipos de novo, partido no que os santiagueses necesitaban gañar por máis de vinte e tres goles para ser líderes ao acabar a primeira volta e poder optar a xogar a fase de ascenso logo de haber un triplo empate na cabeza entre os santiagueses, Vigo e Pontevedra e dirimirse por golaverage xeral. Con todo iso, os visitantes saltaron ao auga e cun partido moi serio en defensa, buscando solucións en ataque, chegaron ao descanso cunha vantaxe de trece goles que poñía ao alcance o seu obxectivo, que conseguiron a principios do último cuarto, deixando pasar nese momento os minutos para acabar cun resultado de vinte e nove a catro que lles daba a primeira praza e o obxectivo cumprido.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISIÓN DE HONOR
CM FERROL – CW SANTIAGO 4-29 (1-8; 0-6; 2-11; 1-4)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ (1), RAFAEL ENRIQUE RAMOS (2), ANDRES PEREZ (5), JULIO JOSE BARROSO, ALEJANDRO GOMEZ (10), CARLOS ORDOÑEZ, ANTONIO CAAMAÑO (3), ANTONIO GARCIA, XANDRE RODRIGUEZ (4), BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA (2), PABLO MARTINEZ
