UN TRIUNFO E UN EMPATE ANTE CW CORUÑA RIAS ALTAS

CRÓNICA DO 19 FEBREIRO ANTE CW CORUÑA RIAS ALTAS

Logo del Club Waterpolo Santiago

Este sábado pasado os equipos do Club Waterpolo Santiago desprazáronse a Coruña para un dobre xornada en categorías das ligas Galegas, con dous encontros na xornada matinal vitoria do infantil feminino e empate do cadete mixto 

infantil feminino

Xornada de infantil  feminino  e empate  do  cadete mixto 

Iniciou a xornada matinal o equipo infantil feminino que obtivo a vitoria de forma  clara por tres a dezasete, logo de mandar desde o inicio cun gran primeiro cuarto onde xa obtiveron unha clara vantaxe de seis goles a un; que só fixo que aumentar a cada cuarto. Para o tres dezasete final.

 O segundo e último encontro da xornada de mañá enfronto aos equipos cadetes de ambos clubs cun resultado final de empate a nove. 

Un mal inicio dos santiagueses fíxolles ir por detrás no marcador durante todo o encontro pese a iso souberon sobrepoñerse e cun gran último cuarto conseguiron igualar a falta de vinte e oito segundos para o final e levarse un punto moi importante.

E dúas derrotas na xornada de tarde: infantil masculino e absoluto de segunda división

A xornada da tarde comezou co encontro en categoría infantil, onde os santiagueses arrincaron o encontro marcando o ritmo e sempre por diante no marcador, entrando no último cuarto cun gol arriba, pero un último cuarto onde non puideron parar as acometidas dos locais provoco un parcial de tres a cero para os coruñeses que lles deu a vitoria final pese ao gran esforzo realizado polos santiagueses.

Para rematar e para pechar a xornada disputouse o enfrontamento da 2º división entre os dous equipos “B”, onde os locais mandaron no marcador durante os dous primeiros cuartos, pero unha gran reacción dos visitantes no terceiro cuarto igualo o encontro a finais do terceiro cuarto, con todo por decidir no último cuarto a maior efectividad en ataque dos coruñeses deulles a vitoria polo once a oito final.

LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA

CW CORUÑA RIAS ALTAS – CW SANTIAGO FEMENINO 3- 17 (1-6; 1-1; 0-3; 1-1; 0-2; 0-4)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, SARAY GUILBERT (6), CANDELA RUBAL (7), ARIANA COLLAZO (2), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ, ALBA MARIA CASTILLO, CIRA SAMPAYO, XIANA BARREIRO, SOFIA PEREZ (2)

LIGA GALLEGA CADETE MIXTA

CW CORUÑA RIAS ALTAS – CW SANTIAGO  9- 9 (4-1; 1-3; 4-2; 0-3)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (4), SARAY GUILBERT (1), YAGO DIAZ (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA (1), NICO COLLAZO, IAGO FERNANDEZ, UXIA UZAL, IRENA ORDOÑEZ, GUILLERMO CARRILLO (2), BRUNO PEREZ MAGIN LOPEZ

LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA

CW CORUÑA RIAS ALTAS – CW SANTIAGO MASCULINO 9- 7 (1-3; 2-0; 1-1; 1-2; 1-1; 3-0)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL (2), ARTAI ANTELO (2), ANTON FAGUNDEZ, GABRIEL BALSA, AIRAS CAAMAÑO, RAMON GARCIA, GUILLERMO CARRILO (1), SAUL PAPIN 

LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2º DIVISION

CW CORUÑA RIAS ALTAS “B” – CW SANTIAGO “B”CW SANTIAGO B: PABLO MARTINEZ, CARLOS ORDOÑEZ (1), ANTONIO GARCIA (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, FERNANDO FERRER (5), YAGO DIAZ, ANXO PANERO, SAMUEL GONZALEZ, JULIO JOSE BARROSO, IAGO GARABATO

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s