TRIPLE VITORIA ANTE PONTEVEDRA
De novo xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, catro encontros que se disputaron nas instalacións de Santa Isabel ante o club waterpolo Pontevedra, con vitorias do equipo alevín mixto, absoluto feminino e infantil mixta, e unha derrota en cadete mixta.
A xornada deu comezo co encontro en categoría alevín mixta, onde os santiagueses se enfrentaban ó alevín feminino de Pontevedra, encontro no que os locais mandaron en todo momento no marcador, para acabar vencendo por un claro dez a cero.
O seguinte encontro foi en categoría absoluta feminina de división de honra, partido que se preveía difícil e igualado xa que Pontevedra viña como líder, gran partido das santiaguesas que acabaron vencendo por un claro vinteun a catro que da un subidón as locais para intentar acercarse ó liderato e loitar polo título de liga.
O terceiro encontró en disputarse foi en categoría cadete mixta entre o equipo masculino local e os pontevedreses con vitoria visitante por un claro dous a catorce, despois de un partido donde os erros defensivos e a pouca claridade en ataque que os locais non lles deron opción en ningún intre.
O último encontró en disputarse foi en categoría infantil mixta donde a vitoria caeu de novo de parte dos locais, que venceron por dez goles a seis. Non foi o mellor encontró dos nosos rapaces, que pese o xogo desordenado por parte dos dous equipos, tiveron máis claridade en ataque para conseguir unha nova vitoria.
Por outra parte, o noso equipo máster tamén tivo encontro de segunda división galega este domingo ante o náutico de Vigo B, os composteláns acudían con numerosas baixas, pese a elo tiveron durante todo o partido loitando pola vitoria nun partido moi igualado que ó final caeu do lado dos vigueses por un axustadísimo once a dez. Primeira derrota dos santiagueses, que pese a isto continúan nos postos altos da clasificación e con serias opción de loitas polo título.




LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISION DE HONRA
Sábado, 28 de xaneiro de 2023
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 21 – 4 (3-1; 7-1; 6-2; 5-0)
CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, ISABEL PEREZ (4), ROSALIA REY (3), ARIANA COLLAZO (3), UXIA UZAL, IRENA ORDOÑEZ, EMMA SANTAMARIA (3), CANDELA RUBAL (2), SARAY GUILBERT (3), ANDREA FERNANDEZ, SOFIA PEREZ (3), CECILIA COBAS
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
Sábado, 28 de xaneiro de 2023
CW SANTIAGO MASCULINO – CW PONTEVEDRA 2 – 14 (0-5; 0-4; 1-3; 1-2)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO, ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, ANTON FAGUNDEZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
Sábado, 28 de xaneiro de 2023
CW SANTIAGO MASCULINO – CW PONTEVEDRA 10 – 6 (1-0; 4-2; 1-1; 2-1; 0-0; 2-2)
CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA, CARLOTA PEREZ, MARIA ROMERO TUÑAS, ARIANA COLLAZO (2), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ (1), ALBA MARIA CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (3), RAMON GARCIA, SAUL PAPIN (2), ALEXANDRE GONZALEZ (1), SOFIA PEREZ (1)
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
Sábado, 28 de xaneiro de 2023
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA FEMENINO 10 – 0 (4-0; 5-0; 1-0; 0-0; 0-0; 0-0)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO (4), MATEO MACIAS, IVAN SANCHEZ, LUCIA PEÑA (1), MARTIN REY, AIRAS CAAMAÑO (4), GABRIEL VLAD, GONZALO DE LA MATA, ADRIAN ODILON, GAEL CAAMAÑO (1)
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2ª DIVISION
Domingo, 29 de xaneiro de 2023
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO MASTER 11- 10 (4-2; 5-0; 2-0; 4-0)CW SANTIAGO: DAVID RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (1), RAMON TURNES (4), DANIEL GARCIA (3), JORGE LAREU, JAVIER GARCIA, PABLO LOPEZ, MIGUEL ANGEL BARCA (2), PEDRO BERNARDEZ
