INICIO LUNS 5 SETEMBRO

HORARIOS SETEMBRO

CW SANTIAGO TEMPADA 16/17





Como cada ano chega o remate de tempada e con ela e como derradeira competición o III Torneo de Nigrán en categorías infantil, cadete e xuvenil.
O Torneo empeza o vindeiro xoves día 14 de xullo e finaliza o domingo 17 de xullo.

O desprazamento esta tempada farase da seguinte maneira:
SAÍDA:
XOVES 14 DE XULLO EN BUS DESDE SANTA ISABEL Ás 12.15H
– Como en cada desprazamento abonáranse 5 euros do transporte
– Rógase puntualidade xa que saímos xustos de tempo
– Levar bocadillo ou comida para o mediodía
ESTANCIA:
Instalacións Real Club Náutico de Vigo, NIGRAN
Paseo Abetos, 36350 Priegue, Pontevedra
MATERIAL NECESARIO:
– Saco de durmir, colchón, esterilla, tenda campaña
– Material de piscina (bañadores, chanclas, toallas..)
– Utensilios de hixiene persoal
– Crema Protectora
– Algo de roupa de abrigo (chándal, sudadeira,)
REGRESO:
DOMINGO 17 DE XULLO A partir das 17H EN COCHES PARTICULARES
(Conveniente avisar quen vai a recoller aos deportistas e prazas dispoñibles)
POR ULTIMO E O MAIS IMPORTANTE HAI QUE IR CON GANNAS DE PASALO BEN E DESFRUTAR!!!


Partido: TORNEO WALTERPOLO FERROL
Categoría: INFANTIL
Dia: SABADO 9 DE XULLO DE 2016
Hora: 10.45H
Piscina: JAVIER GÓMEZ NOYA
Convocados: Saída en coches ás 8.45h desde Santa Isabel
XOGADORES CONVOCADOS
LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)


O pasado 25 de xuño os nosos xogadores alevíns desprazáronse con gran ilusión e por terceiro ano consecutivo a Zamora para participar no III Torneo cidade de Zamora, coa participación de equipos de Galicia, Madrid, País Vasco e o club organizador CW Zamora.

Nunha xornada de sábado intensa os nosos mozos obtiveron dúas vitorias (contra ACW por 4-3 e Zamora por 7-3), un empate (ante RCN de Vigo 4-4) e tres derrotas (ante Urbat 9-5, Sestao 8-7 e Vand 9-5), o que propiciou entrar en semifinais como cuarto clasificado e enfrontarse nela ao gañador da liguiña, de novo o equipo madrileño do Vand, onde pese ao bo xogo e as ganas caeron derrotados por 7-4 e supuxo loitar ante ACW polo terceiro e cuarto posto.
Un gran inicio de encontro onde nosos peques chegaron ao descanso vencendo por seis goles a un daba esperanzas de obter a 3° posición final e a pesar dos esforzos dos xogadores de Asociación Coruñesa os santiagueses souberon manter unha cómoda vantaxe para acabar finalmente cun favorable por 13-9 dando unha magnífica terceira posición final.
Polo CW Santiago participaron os seguintes xogadores:
Roberto Carro, Antonio García, Samuel González, Anxo Panero, Fernando Ferrer, Uxía Sanluis, Miguel Barca e Martín Zas, sendo este ultimo o galardoado co Trofeo ao máximo goleador.


Os días 25 e 26 de xuño os nosos cadetes desprazáronse ás instalacións da:
Escola Naval Militar de Marín
para participar na derradeira competición oficial da tempada, ao campionato Galego Cadete de verán.
Encadrados no grupo A, empezou a súa participación ante RCN de Vigo “B” cunha vitoria axustada por catro goles a tres; o segundo e terceiro partidos saldáronse con derrotas ante CN Coruña e CW Pontevedra por nove goles a tres e dez a un respectivamente, o que deu a terceira posición de grupo e loitar pola quinta e sexta praza ante o CW Pontevedra “B”, que se saldou despois dun partido moi igualado a favor dos pontevedreses na quenda de penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a oito.
Cabe destacar a gran progresión de noso equipo cadete na súa maioría formado por xogadores de primeiro ano cadete e que terán oportunidade de continuar a vindeira tempada coa súa progresión nesta mesma categoría.
Participantes cadetes no Campionato Galego:
Martín Torreira, Antonio Moscoso, Roberto Vieiro, Gabor Pazos, Laura Sanluis, Alex Gómez, Iván Vieites, Paulo Junquera, Jorge Gómez, Damián Antelo, Pablo Chico, Jorge Rodríguez e Iago Garabato.
GRUPO A
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO B 4-3
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 3-9
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA A 1-10
CLASIFICACION
1º.- CW PONTEVEDRA A
2º.- CN CORUÑA
3º.- CW SANTIAGO
4º.- RCN DE VIGO B
FINAL 5º Y 6º LUGAR
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA B 8-8 (PENALTIS 3-4)
CLASIFICACION 5º LUGAR


Durante o mes de xullo, pola disputa do III Torneo de Nigran en categoría infantil, cadete e xuvenil, do 14 ao 17 de xullo haberá adestramento voluntario os seguintes días:
Luns 4 de xullo
Mércores 6 de xullo
Xoves 7 de xullo
Luns 11 de xullo
Mércores 13 de xullo


16:00h Cn Coruña vs Cw Santiago
17.15 H Cw Pontevedra “A” vs Cw Santiago
O domingo o desprazamento farase en coches particulares
os horarios dependeran do resultado do sabado


O vindeiro venres, 24 de xuño de 2016, festivo autonómico, suspéndense os adestramentos por estar pechada a instalación de Santa Isabel.
O sábado, 25 de xuño e o domingo 26 quedan suspendidos os adestramentos polo desprazamento do equipo alevin a Zamora e o equipo cadete a Pontevedra


Adriana se dedica a hacer y vender joyería de autor.
Nos hizo un pim con latón y esmalte, como podéis ver es muy bonito y hecho con todo cariño. Lo vende para los integrantes y amigos del equipo que lo quieran adquirir, su precio es de 25 euros. Quien lo quiera, no tiene más que ponerse en contacto con ellos por teléfono o whatsapp en el num. 665572195.
Animaros, es muy bonito y nos identifica con el club de nuestros niños. El club no se beneficia en nada de esta propuesta de Adriana, pero consideramos que es un detalle muy bueno por parte de ella.
Saludos a todos y que os guste apoyar esta iniciativa.


